Red Bull Powertrains
| Red Bull Powertrains | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Forma xurídica
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Propietario/a
| |||||
|
Fundador/a
| |||||
|
Matriz
| |||||
| Actividade | |||||
|
Industria
| |||||
|
Produto
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Páxina WEB
| |||||
| Wikidata |
Red Bull Powertrains é unha empresa de fabricación de unidades de potencia da Fórmula Un propiedade da compañía austríaca Red Bull GmbH. A compañía formouse en 2021 para facerse cargo da construción das unidades de potencia de Fórmula Un desenvolvidas por Honda a partir de 2022, tras a retirada do fabricante xaponés do deporte despois de 2021.
En 2022 Honda ensamblará as unidades de potencia e proporcionará soporte para as operacións en pista e carreiras, antes de que Red Bull Powertrains asuma a total responsabilidade do seu funcionamento a partir de 2023. As unidades de potencia seguen sendo propiedade intelectual de Honda e, debido a unha conxelación do desenvolvemento, Red Bull Powertrains non os desenvolverá.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2021, Red Bull Advanced Technologies asinou un acordo de distribución exclusiva de motores de Fórmula Un con Honda para comezar na tempada 2022 despois de que o fabricante de automóbiles xaponés abandonase a Fórmula Un ao final da tempada 2021.[2] Os motores serán adquiridos e renomeados por Red Bull, e subministrados aos seus dous equipos que compiten actualmente na Fórmula Un, Red Bull Racing e Scuderia AlphaTauri, a partir de 2022.
O 23 de abril de 2021, anunciouse a contratación de Ben Hodgkinson como director técnico de Red Bull Powertrains[3] Hodgkinson foi o xefe de enxeñería mecánica de Mercedes AMG High Performance Powertrains desde 2017, e traballou na fábrica de Brixworth durante 20 anos. O 6 de maio, Red Bull anunciou a contratación de cinco importantes empregados de Mercedes: Steve Blewett (que será o director de produción da unidade de potencia Red Bull), Omid Mostaghimi (xefe de motor, electrónica e recuperación de enerxía), Pip Clode (xefe de deseño mecánico para a recuperación de enerxía), Anton Mayo (xefe de deseño de unidades de potencia de combustión) e Steve Brodie (líder de operacións de motores de combustión).[4]
Resultados do motor de Fórmula Un
[editar | editar a fonte]| Ano | Participante | Chasis | Motor | Pneumáticos | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | Ptos | Pos. |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2023 | Oracle Red Bull Racing | RB | RBPTH 1.6 V6 t | P | BHR |
SAU |
AUS |
ACE |
MIA |
EMI |
MON |
ESP |
CAN |
AUT |
GBR |
HUN |
BEL |
NED |
ITA |
SIN |
XAP |
QAT |
USA |
MEX |
BRA |
LVG |
ABU |
0 | -º | ||
| Scuderia AlphaTauri | AT | P | 0 | -º | |||||||||||||||||||||||||||
| 2022 | Oracle Red Bull Racing | RB18 | RBPTH001 1.6 V6 t | P | BAH |
SAU |
AUS |
EMI |
USA |
ESP |
MCO |
AZE |
CAN |
GBR |
AUT |
FRA |
HUN |
BEL‡ |
NED |
ITA |
SGP |
XAP |
USA |
MEX |
BRA |
QAT |
759 | 1º | |||
| 19† | 1 | Ret | 11 | 1 | 1 | 3 | 1 | 1 | 7 | 21 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 7 | 1 | 1 | 1 | 64 | 1 | ||||||||||
| 18† | 4 | 2 | 23 | 4 | 2 | 1 | 2 | Ret | 2 | Ret5 | 4 | 5 | 2 | 5 | 6 | 1 | 2 | 4 | 3 | 75 | 3 | ||||||||||
| Scuderia AlphaTauri | AT03 | P | Ret | 8 | 9 | 12 | Ret | 13 | 11 | 5 | 14 | Ret | 15 | 12 | 12 | 9 | 11 | 8 | 10 | 18 | 14 | 11 | 14 | 14 | 35 | 9º | |||||
| 8 | NTS | 15 | 7 | 12 | 10 | 17 | 13 | Ret | 14 | 16 | Ret | 19 | 13 | Ret | 14 | Ret | 13 | 10 | Ret | 17 | 11 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Red Bull agrees Honda engine IP use, reveals post-2021 plan". The Race (en inglés). 7 de outubro de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ Pryson, Mike (15 de febreiro de 2021). "Red Bull F1 Forms Powertrain Company, Will Keep Honda Technology". Autoweek (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2022. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Red Bull hire Ben Hodgkinson from Mercedes to lead new powertrains division in sign of 'long-term intent'". Sky Sports (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ "Red Bull poach five key figures from Mercedes in technical shake-up". The Independent (en inglés). 6 de maio de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2021.