Circuíto urbano de Singapur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Circuíto urbano de Marina Bay")
Circuíto urbano de Singapur
Plano do Circuíto
Marina bay circuit.svg
Datos
Inauguración 31 de agosto de 2008
Outros nomes Circuíto de Marina Bay
Carreiras FIA Fórmula 1
Localización Flag of Singapore.svg Singapur
Capacidade 90.000 espectadores
Lonxitude 5´065 km.
Curvas 23
Volta rápida (2016) 1:47.187
Piloto Record Australia Daniel Ricciardo
Escudería Record Red Bull
Coordenadas 1°17′29.05″N 103°51′50.93″L / 1.2914028, -103.8641472
Vista do Circuíto
Vista

O Marina Bay Street Circuit ou circuíto urbano de Singapur é un circuíto de carreiras urbano que hospeda o Gran Premio de Singapur de Fórmula 1 a partir da tempada 2008, entrando así á lista de Grandes Premios de Fórmula 1. O Gran Premio celebrase no trazado urbano da cidade-estado de Singapur, transcorrendo a través das rúas desta. As obras para a construción do trazado comezaron en setembro de 2007.

Circuíto[editar | editar a fonte]

A chicane sling foi eliminada antes da carreira de 2013

Do mesmo xeito que os circuítos de Mónaco e Valencia, a cidade e as súas rúas serán o escenario do Gran Premio.

O trazado mide 5,2 quilómetros, e ten 23 curvas, sendo a carreira no sentido contrario ás agullas do reloxo. Pódense alcanzar altas velocidades no circuíto, en rectas como a de Esplanade Drive ou Raffles Boulevard. A pista pasa por baixo dunha das bancadas do circuíto, creando así un túnel como Mónaco. Neste ciruito córrense un total de 61 voltas, a marca de volta é de 1:45.976 por parte do finlandés Kimi Räikkönen co equipo Ferrari no ano 2008.[1]

En 2013 produciuse un cambio no circuíto desaparecendo as chicanes "Singapore Sling" (Curvas 10, 10a, 10b)e converteuse nunha única curva cara á esquerda de media-alta velocidade que desemboca nas curvas 11 e 12. Este cambio produciuse polas queixas dos equipos que decian que era unha zona perigosa e por ese motivo suprimiuse.[2]

Características[editar | editar a fonte]

  • Capacidade espectadores: 90.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´073 quilometros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 61 voltas = 309´453 quilometros. 23 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 290 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 45% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 21% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: moi alto
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 29 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´37 segundos.
  • Marca volta: Sebastian Vettel Red Bull, 1.48.574 en 2013

Instalacións[editar | editar a fonte]

O circuíto conta cunha capacidade para máis de 80.000 espectadores, e en canto á parte técnica conta cunha zona de boxes permanente con instalacións de luxo, o paddock que está situada xunto ao complexo de Singapore Flyer.[3]

Polémica[editar | editar a fonte]

Tras o anuncio de que Singapur hospedaría o primeiro Gran Premio nocturno na historia da Fórmula 1, iniciouse unha polémica debido ao potencial risco para os pilotos que podería supor a realización dunha carreira nocturna. Con todo, a FIA decidiu que o evento manteríase tras realizar dúas probas de iluminación cuxos resultados foron positivos.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Singapur[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
2017 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes 2:03:23,543 h. 5´073 km 58[4] 142´780 km/h 17. setembro Flag of Singapore.svg Singapur
2016 Alemaña Nico Rosberg Alemaña Mercedes 1:55:48.950 h. 5´073 km 61 159´993 km/h 18. setembro
2015 Alemaña Sebastian Vettel Italia Ferrari 2:01:22.118 h. 5´073 km 61 152´672 km/h 20. setembro
2014 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Alemaña Mercedes 2:00:04.795 h. 5´073 km 60[4] 151´780 km/h 21. setembro
2013 Alemaña Sebastian Vettel Austria Red Bull 1:59:13.132 h. 5´073 km 61 155´426 km/h 22. setembro
2012 Alemaña Sebastian Vettel Austria Red Bull 2:00:26.144 h. 5´073 km 59[4] 149´044 km/h 23. setembro
2011 Alemaña Sebastian Vettel Austria Red Bull 1:59:06,757 h. 5´073 km 61 155,810 km/h 25. setembro
2010 España Fernando Alonso Italia Ferrari 1:57:53.579 h 5´067 km 61 157´422 km/h 26. setembro
2009 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 1:56:06,337 h 5´067 km 61 159´656 km/h 27. setembro
2008 España Fernando Alonso Francia Renault 1:57:16,304 h 5´067 km 61 158´139 km/h 28. setembro

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. http://www.formula1.com/news/headlines/2013/9/14975.html
  3. [2]
  4. 4,0 4,1 4,2 A carreira, programouse para 61 voltas, pero rematou as dúas horas, debido ao tempo de condución máximo estipulado nas regulacións

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]