Speedcafe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Speedcafe
PaísAustralia
CategoríaNovas do deporte de motor news
Anuncios clasificados
Fundación2009
Circulación
FrecuenciaOn line
editar datos en Wikidata ]

Speedcafe.com é un sitio web de novas do automobilismo australiano que se presentou o 23 de outubro de 2009.[1] O sitio tivo máis de 50 millóns de páxinas vistas en 2020.[2]

Speedcafe.com dedícase principalmente a noticias e reportaxes de carreiras da Supercars Championship, así como a outras series nacionais como as Australian GT, SuperUtes Series, Australian Carrera Cup Championship, e TCR Australia. O sitio tamén abrangue varias categorías internacionais de automobilismo, incluíndo a Fórmula Un, MotoGP, World Rally Championship, FIA World Endurance Championship e NASCAR.

Speedcafe.com tamén se expandiu coas súas propias marcas de anuncios clasificados e Jobstop.[3] O sitio web tamén é un dos principais socios do Australian Motor Sport Hall of Fame.[4] En 2019 Speedcafe presentou o sitio web de automobilismo de alto rendemento Torquecafe.com [5]

Colaboradores[editar | editar a fonte]

O equipo Speedcafe.com está dirixido polo editor Connor O'Brien.

Os xornalistas sénior Mat Coch, Daniel Herrero e Simon Chapman completan a formación editorial Speedcafe.com.

Outros antigos membros do persoal inclúen Tom Howard, Grant Rowley, Stefan Bartholomaeus, Gordon Lomas e Mike Jacobson.

Polémica[editar | editar a fonte]

Speedcafe.com apareceu nun episodio de 2012 de Media Watch que investigou ao propietario Brett 'Crusher' Murray polo conflito de intereses entre a empresa matriz BAM Media e o seu traballo como articulista do Gold Coast Bulletin.[6]


Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. "Speedcafe.com celebrates its fifth birthday". Speedcafe. 20 de outubro de 2014. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  2. "Speedcafe.com breaks 50 million page view barrier in 2020". Speedcafe (en inglés). 2020-12-29. Consultado o 2021-01-13. 
  3. "V8X Supercar Magazine teams up with Speedcafe.com!". V8X Magazine. 10 de abril 2015. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016. 
  4. "Speedcafe.com launches new-look website". Speedcafe. 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2018. 
  5. "Speedcafe.com introduces performance automotive site torquecafe.com". Speedcafe (en inglés). 2019-10-25. Consultado o 2020-01-31. 
  6. "Bully in the naughty corner". Australian Broadcasting Corporation. 5 de novembro de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]