O Circuíto urbano internacional de Sochi[1] (ruso:Трасса в Олимпийском парке), coñecido anteriormente como o Circuíto do Parque Olímpico de Sochi, é un circuíto de carreiras urbano na cidade turística de Sochi no Mar Negro no Krai de Krasnodar, Rusia.[2][3] O circuíto é similar ao circuíto Gilles Villeneuve e Circuíto urbano de Homebush no que se correrá en torno ao lugar usado para a competición olímpica, neste caso, o Parque Olímpico de Sochi, escenario dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014. A carreira inaugural tivo lugar na tempada 2014, o primeiro ano dun contrato de sete anos. En outubro de 2011, o goberno ruso asinou 195´4 millóns de dólares para a construción do circuíto.[4]
A construción do circuíto no parque olímpico de Sochi marca o final dunha campaña de trinta anos por un Gran Premio de Rusia, con plan orixinario para un "Gran Premio da Unión Soviética" xa na tempada de 1983 antes de ser abandonado por "razóns burocráticas"[5] e varios intentos frustrados[6][7][8] e varios intentos infrutuosos nos anos intermedios.
O circuíto de 5,848 km é o terceiro máis longo do circuíto no calendario de Fórmula Un, por detrás de Spa-Francorchamps en Bélxica e Silverstone no Reino Unido.[9] O circuíto está construído en torno ao anel olímpico de Sochi, que é o conxunto costeiro de sedes olímpicas construídas para os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que foron sede das competicións de hóckey sobre xeo, patinaxe de velocidade, curling, patinaxe artística, pista curta etc., e o Estadio Olímpico de Fisht, onde se celebraron as cerimonias de apertura e clausura. A superficie non se colocou ata logo da cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos.[10] Unha parte do circuíto, uns 1,7km, forman parte da vía pública.
O circuíto, deseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A pista construída especificamente para ese evento ten 5´852km de lonxitude, 19 curvas e permite velocidades máximas de 320km/h. A largura da pista varía de 13 metros no seu punto máis estreito e de 15 metros na liña de meta. O circuíto, que é executado no sentido horario, está composto por 12 curvas de dereita e seis para a esquerda, e combina a alta velocidade e seccións técnicas. Coches de Fórmula 1 poden acadar unha velocidade máxima de 320km/h na recta de 650 metros, cunha velocidade media de cerca de 215km/h.[11]
O autódromo foi concluído en agosto de 2014 e a aceptación técnica foi feita o 19 de agosto de 2014 pola FÍA, que concedeu a licenza final. O contrato vai até 2020.[12]
A grella de saída está no extremo norte do Parque Olímpico xunto á estación de tren, en dirección suroeste cara a costa do Negro Mar. Descorre ao longo do bordo exterior da céntrica Praza das Medallas de Sochi, é dicir o podio das cerimonias de entrega de medallas olímpicas, a continuación, rodea a praza cara á esquerda e fai tres curvas ao redor do Palacio de Xeo Bolshói. A continuación, seguen unha serie de curvas pechadas antes de virar cara ao norte, onde a pista bordea o bordo do Parque Olímpico, por encima da principal vila olímpica e o Centro de Patinaxe Adler Arena. Logo pasa o centro de patinaxe e o centro de curling, antes de volver a detrás do paddock cara á estación de tren, e completar un circuíto con dous xiros á dereita de noventa graos.
↑"OMEGA". OMEGA (Developer). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de outubro de 2011.
↑Elizalde, Pablo (26 de outubro de 2012). "Russia to spend $200m on F1 track". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 30 de abril de 2012.