Saltar ao contido

Gran Premio de Malaisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Malaisia
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportedeportes de motor Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Sepang (Selangor) 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude2,706 km Editar o valor en Wikidata
PaísMalaisia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1999 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMax Verstappen Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialmalaysiangp.com.my Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Malaisia, incluído por primeira vez no Campionato do Mundo de Fórmula 1 en 1999, celebrouse ata 2017 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, nas proximidades de Kuala Lumpur. A carreira coñeceuse oficialmente como o Gran Premio de Malaisia desde 2011 ata o seu remate en 2017.[1]

Carreiras anteriores

[editar | editar a fonte]

As carreiras de Fórmula 2 das tempadas 1962-1965 celebradas no Circuíto Thomson Road de Singapur son consideradas como un primeiro precedente do Gran Premio de Malaisia, cando Singapur formaba parte da Federación de Malaisia de 1962 a 1965. Logo de que Singapur separouse da federación en 1965, o Gran Premio continuou ata 1973.

Entre a saída de Singapur da Federación de Malaisia e a apertura do circuíto de Sepang, Malaisia foi anfitrioa dunha serie doutros torneos de carreiras no circuíto de Circuíto de Shah Alam entre 1968 e 1995, incluíndo as Tasman Series (1968-1972),[2] Formula Pacific (1973–1974, 1978–1982), Formula Atlantic (1975), Fórmula 2 (1977) e Formula Holden (1995).

Fórmula Un no Circuíto Internacional de Sepang

[editar | editar a fonte]

Os Grandes Premios do Campionato Mundial de Malaisia eran coñecidos polo seu clima impredicible, a calor dun horno nun minuto e unha tormenta tropical no seguinte. O Gran Premio inaugural en Sepang celebrouse en 1999, e viu o regreso de Michael Schumacher logo da súa ausencia debido a unha fractura na perna no Gran Premio Británico.[3] Ferrari dominou a carreira, con Schumacher entregando a vitoria ao seu compañeiro de equipo Eddie Irvine. Ambos corredores foron descualificados por irregularidades técnicas, pero tras unha apelación, anulouse a descualificación.[4]

A carreira de 2001 disputouse con fortes choivas desde a metade da carreira. As condicións puxéronse tan malas que case ao mesmo tempo os dous Ferrari de Michael Schumacher e Rubens Barrichello saíronse de pista na mesma curva. Incriblemente ambos os pilotos recuperáronse e chegaron á meta en primeiro e segundo posto.

No Gran Premio de Malaisia de 2009 a duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. como non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171´833 km percorridos)[5]

O 7 de abril de 2017, anunciouse que a carreira de 2017 sería a última vez que o evento celebraríase en Sepang.[6][7] O contrato da carreira debía expirar en 2018, pero o seu futuro estaba baixo ameaza debido ao aumento dos honorarios de aloxamento e a diminución das vendas de entradas.[8] O ministro de Mocidade e Deporte de Malaisia nese intre, Khairy Jamaluddin, dixo o día 26 de outubro de 2016 en Twitter: "Creo que deberiamos deixar de aloxar á F1. Polo menos un intre. O custo é demasiado alto, cun retorno limitado. Cando organizamos por primeira vez a F1 foi un gran negocio. O primeiro en Asia fóra do Xapón. Agora vese en moitos lugares. Non tomamos a dianteira. Non é unha novidade."[9] A BBC informou que "Malaisia loitara nos últimos anos para atraer a unha multitude importante, pero o seu atractivo víuse danado polo evento nocturno máis glamoroso nas rúas de Singapur".[10]

Gañadores do Gran Premio de Malaisia

[editar | editar a fonte]

Gañadores Múltiples (pilotos)

[editar | editar a fonte]

Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un

O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do CampionatoMundial de Fórmula 1.

Gañados Piloto Tempada
4 Hong Kong John MacDonald 1970, 1971, 1973, 1975
Alemaña Sebastian Vettel 2010, 2011, 2013, 2015
3 Alemaña Michael Schumacher 2000, 2001, 2004
España Fernando Alonso 2005, 2007, 2012
2 Hong Kong Albert Poon 1963, 1965
Australia Andrew Miedecke 1981, 1982
Finlandia Kimi Räikkönen 2003, 2008

Gañadores Múltiples (construtores)

[editar | editar a fonte]

Os pilotos en letra grosa seguen competindo no campionato de Fórmula Un
O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1.

Gañadores Construtor Tempadas
7 Italia Ferrari 1999, 2000, 2001, 2004, 2008, 2012, 2015
4 March 1972, 1977, 1978, 1979
Ralt 1975, 1980, 1981, 1982
Austria Red Bull 2010, 2011, 2013, 2016
3 Brabham 1970, 1971, 1973
2 Lotus 1963, 1965
Australia Elfin 1968, 1969
McLaren 2003, 2007
Francia Renault 2005, 2006

Ano por ano

[editar | editar a fonte]

O fondo rosado indica que a carreira non formaba parte do Campionato Mundial de Fórmula 1. A carreira de 1962 chamouse "Malayan Grand Prix"

Ano Piloto Construtor Clase Localización Resultados
2017 Países Baixos Max Verstappen Red Bull - TAG-Heuer Fórmula 1 Sepang Resultados
2016 Australia Daniel Ricciardo Red Bull - TAG Heuer Fórmula 1 Resultados
2015 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Fórmula 1 Resultados
2014 Lewis Hamilton Mercedes Fórmula 1 Resultados
2013 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados
2012 España Fernando Alonso Ferrari Fórmula 1 Resultados
2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados
2010 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault Fórmula 1 Resultados
2009 Jenson Button Brawn-Mercedes Fórmula 1 Resultados
2008 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Fórmula 1 Resultados
2007 España Fernando Alonso McLaren-Mercedes Fórmula 1 Resultados
2006 Italia Giancarlo Fisichella Renault Fórmula 1 Resultados
2005 España Fernando Alonso Renault Fórmula 1 Resultados
2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados
2003 Finlandia Kimi Räikkönen McLaren-Mercedes Fórmula 1 Resultados
2002 Alemaña Ralf Schumacher BMW Williams Fórmula 1 Resultados
2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados
2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Fórmula 1 Resultados
1999 Eddie Irvine Ferrari Fórmula 1 Resultados
1998-
1996
Non celebrado
1995 Australia Paul Stokell Reynard-Holden Formula Holden Shah Alam Resultados
1994-
1983
Non celebrado
1982 Australia Andrew Miedecke Ralt-Ford Formula Pacific Shah Alam Resultados
1981 Australia Andrew Miedecke Ralt-Ford Formula Pacific Resultados
1980 Steve Millen Ralt-Ford Formula Pacific Resultados
1979 Ken Smith March-Ford Formula Pacific Resultados
1978 Graeme Lawrence March-Ford Formula Pacific Resultados
1977 Francia Patrick Tambay March-BMW Fórmula 2 Resultados
1975 Hong Kong John MacDonald Ralt-Ford Formula Atlantic Resultados
1974 Hong Kong John MacDonald Ralt-Ford Formula Pacific Resultados
1973 Malaisia Sonny Rajah March-Ford Formula Pacific Resultados
1972 Harvey Simon Elfin-Ford Tasman Resultados
1971 Hong Kong John MacDonald Brabham-Ford Tasman Resultados
1970 Hong Kong John MacDonald Brabham-Ford Tasman Resultados
1969 Malaisia Tony Maw Elfin-Ford Tasman Resultados
1968 Hengkie Iriawan Elfin-Ford Tasman Resultados
1967-
1966
Non celebrado porque o circuíto Thomson Road estaba agora no Singapur independente.

O Circuíto Thomson road celebrou o Gran Premio de Singapur ata 1973.

1965 Hong Kong Albert Poon Lotus Thomson Road Resultados
1964 Cancelado logo da práctica.
1963 Hong Kong Albert Poon Lotus Thomson Road Resultados
1962 Singapur Yong Nam Kee Jaguar Resultados
  1. "Petronas extends Malaysian race sponsorship". formula1.com. 1 de setembro de 2010. Consultado o 2 de setembro de 2010. 
  2. "Shah Alam 1968-84". e-Tracks. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  3. "The second coming of Schumacher Malaysian Grand Prix: Ferrari's talisman returns to poll position and can have a big say in title race". The Independent. 17 de outubro de 1999. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  4. "GRAND PRIX RESULTS: MALAYSIAN GP, 1999". grandprix.com. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  5. "Statistics: Kms, The less". statsf1.com. 05-04-2009. Consultado o 05-04-2009. 
  6. "2017 race to be Malaysia's F1 farewell". formula1.com. Consultado o 7 de abril de 2017. 
  7. "France and Germany return as 2018 F1 calendar revealed". www.formula1.com. 19 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  8. "Malaysia considering dropping Grand Prix". Grand Prix Times. 24 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2016. Consultado o 26 de outubro de 2016. 
  9. Gray, James (2017-10-01). "Why is the Malaysian Grand Prix getting CANCELLED? Last race explained". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2017-10-01. 
  10. "Malaysian Grand Prix: Sepang to drop off F1 calendar after 19 years of racing". BBC Sport. Consultado o 7 de abril de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]