Saltar ao contido

Andrea M. Ghez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Andrea Ghez»)
Infotaula de personaAndrea M. Ghez

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Andrea Mia Ghez Editar o valor en Wikidata
16 de xuño de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto Tecnolóxico de California - Doutora en filosofía (–1992)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - graduado en ciencias (–1987)
University of Chicago Laboratory Schools (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseGerald Neugebauer Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía, matemáticas e ciencia Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónoma , matemática , profesora universitaria , científica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoSylvana Yelda (en) Traducir e Jennifer Lynn Patience (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webastro.ucla.edu… Editar o valor en Wikidata
TED: andrea_ghez Editar o valor en Wikidata

Andrea Mia Ghez, nada o 16 de xuño de 1965, é unha astrónoma estadounidense profesora no Departamento de Física e Astronomía da UCLA, coñecida polo estudo do centro da galaxia da Vía Láctea.[1] En 2020 converteuse na cuarta muller galardoada co Nobel de Física,[2] premio cuxa metade foi compartida con Reinhard Genzel (a outra metade do premio correspondeulle a Roger Penrose). O Nobel foille outorgado a Ghez e Genzel pola súa descuberta dun obxecto compacto supermasivo, agora recoñecido como un burato negro, no centro da galaxia da Vía Láctea.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ghez naceu na cidade de Nova York, filla de Susanne (Gayton) e Gilbert Ghez.[5][6] O seu pai, de ascendencia xudía, nacera en Roma, nunha familia orixinaria de Tunisia e Frankfurt.[7][8] A súa nai procedía dunha familia irlandesa de North Attleborough, Massachusetts.[9]

Ghez creceu en Chicago e asistiu á University of Chicago Lab School.[10] A chegada á lúa dos programas Apolo foron a inspiración para que Ghez decidise converterse na primeira muller astronauta, meta que obtivo o apoio materno.[astronauta 1][11] O referente feminino que máis a influenciou foi a súa profesora de química no instituto.[12] Ghez comezou os estudos universitarios na área de Matemáticas, pero cambiouse para Física.[13] Conseguiu o seu Bachelor of Science en Física no MIT en 1987 e logrou o título de doutora en 1992 baixo a dirección de Gerry Neugebauer no Instituto Tecnolóxico de California.[14]

Carreira investigadora

[editar | editar a fonte]

Na súa carreira investigadora actual fai uso de técnicas de imaxe de alta resolución espacial, como o sistema óptico adaptativo adaptive optics dos telescopios Keck,[15] para estudar rexións de formación de estrelas e o burato negro supermasivo no centro da Vía Láctea, coñecido como Sagittarius A*.[16] Ghez utiliza a cinemática das estrelas preto do centro da Vía Láctea como sonda para investigar esta rexión.[17] A alta resolución dos telescopios Keck[18] supuxo unha mellora significativa no primeiro grande estudo da cinemática do centro da galaxia realizado polo grupo de investigación de Reinhard Genzel.[19]

En 2004 foi elixida membro da Academia Nacional de Ciencias[20] e no ano 2019 foi elixida membro da American Physical Society (APS).[21]

Ghez apareceu nunha longa lista de presentacións audiovisuais. Os documentais foron producidos por organizacións como a BBC, o Discovery Channel, e The History Channel e en 2006 presentouse na cadea de televisión PBS a serie Nova.[22] Foi identificada como unha Heroína da Ciea polo proxecto My Hero Project.[11] No ano 2004 a revista Discover incluína na listaxe das 20 científicas dos Estados Unidos que amosaran un alto nivel de coñecemento* nos seus respectivos campos.[1]

O burato negro no centro da Galaxia (Sgr A*)

[editar | editar a fonte]

A través das imaxes con largura de onda infravermella, Ghez e os seus colegas foron capaces de ver a través do po espeso que bloquea a luz visible, e reproducir imaxes do centro da Vía Láctea. Grazas ós 10 metros de apertura do telescopio W.M. Keck e o uso de óptica adaptativa para corrixir a turbulencia na atmosfera, estas imaxes do centro galáctico teñen unha moi alta resolución espacial e fixeron posible seguir as órbitas das estrelas ao redor do burato negro, tamén coñecido como Sagittarius A* ou Sgr A*. Observáronse as órbitas parciais de moitas estrelas que orbitan o burato negro. Unha delas, S2, realizou unha órbita elíptica completa dende que comezaran as observacións no ano 1995. Precisaranse varias décadas máis para documentar as órbitas dalgunhas destas estrelas; estas medidas poderían fornecer dunha forma de comprobar a teoría da relatividade xeral. Unha segunda estrela foi identificada polo seu equipo na UCLA, a S0-102, orbitando o centro da galaxia.[23] Seguindo a terceira lei de Kepler, o equipo de Ghez utilizou o movemento orbital para mostrar que a masa de Sgr A* equivale a 4.1±0.6 milllóns de masas solares (M).[24] Posto que o Galactic Center (onde se sitúa o Sgr A*) está un centro de veces máis preto ca M31 (o burato negro supermasivo máis próximo)[25] é agora un dos casos mellor demostrados dun burato negro supermasivo.[26]

En 2020 Ghez compartiu o Premio Nobel de Física con Roger Penrose e Reinhard Genzel polas súas descubertas sobre os buratos negros.[3] Concretamente, Ghez e Genzel gañaron a metade do premio por descubriren o burato negro supermasivo que moi probablemente goberna as órbitas das estrelas no centro da Vía Láctea.[27][28]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Annie J. Cannon Award en Astronomía (1994)[29]
  • Premio Packard Fellowship (1996)[30]
  • Premio Newton Lacy Pierce en Astronomía, da American Astronomical Society (1998)[29]
  • Premio Maria Goeppert-Mayer, da American Physical Society (1999)[31]
  • Premio Sackler Prize (2004)[32]
  • Premio Escudo de Ouro á Excelencia académica (2004)[33]
  • Marc Aaronson Memorial Lectureship (2007)
  • MacArthur Fellowship (2008)[34]
  • Premio Crafoord en Astronomía (2012)[35]
  • Royal Swedish Academy of Sciences (2012)[36]
  • Medalla da Royal Society Bakerian (2015)[37]
  • Doutoramento Honorario en Ciencias, Universidade de Oxford (2019)[38]
  • Membro da American Physical Society (2019)[21]
  • Elixida membro da American Astronomical Society (2020)[39]
  • Premio Nobel de Física (2020)[3]


  1. A cita orixinal indica: "I’m definitely a product of the first moon landings," she says. She laughs. "I think I told my mom I wanted to be the first female astronaut". Malia que a primeira muller en permanecer en órbita no espazo no ano 1963 foi a rusa Valentina Tereshkova, hai que ter en conta estas declaracións como referidas ao termo "astronaut" e non "cosmonaut", é dicir unha muller astronauta adestrada pola NASA. Ver diferenzas entre termos na entrada astronauta
Referencias
  1. 1,0 1,1 "20 Young Scientists to Watch". Discover Magazine. Consultado o March 6, 2008. 
  2. "Facts on the Nobel Prize in Physics". Nobel Foundation. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Press release: The Nobel Prize in Physics 2020". Nobel Foundation. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  4. Overbye, Dennis; Taylor, Derrick Bryson (6 de outubro de 2020). "Nobel Prize in Physics Awarded to 3 Scientists for Work on Black Holes - The prize was awarded half to Roger Penrose for showing how black holes could form and half to Reinhard Genzel and Andrea Ghez for discovering a supermassive object at the Milky Way’s center.". The New York Times. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  5. Yasuda, Anita (2015). Astronomy: Cool Women in Space. Nomad Press. ISBN 978-1619303270 – vía Google Books. 
  6. Who's who in the West. Marquis-Who's Who. 2004. ISBN 978-0837909356 – vía Google Books. 
  7. "Gilbert Ghez (1938–2015) – Obituary". www.legacy.com. 
  8. http://www.mevakshederekh.info/Portals/0/Il_tempo_e_idea/HAZMAN%20VEHARAION%20-%20IL%20TEMPO%20E%20L_IDEA%20Vol%20XXV%202019%20(web).pdf
  9. "Oral history interview with Susanne Ghez". www.aaa.si.edu. 25-26 de xaneiro de 2011. 
  10. "Alumni Award Winners Announced". University of Chicago. May 16, 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2021. Consultado o 07 de outubro de 2020. 
  11. 11,0 11,1 Jennifer Lauren Lee. "Science Hero:Andrea Mia Ghez". The My Hero Project. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de setembro de 2009. 
  12. Susan Lewis (October 31, 2006). "Galactic Explorer Andrea Ghez". NOVA. 
  13. Linda Copman. "Zeroing in on Black Holes". W. M. Keck Observatory. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 23 de setembro de 2009. 
  14. "Changing Faces of Astronomy". Science. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  15. "Supermassive Black Holes". BBC. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  16. "Milky Way Monster Stars in Cosmic Reality Show". Harvard-Smithsonian Center for Astrophysics. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  17. "CELT Science Working Group Meeting". celt.ucolick.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  18. @sciencemusicart.com, Liz Jensen. "UCLA Galactic Center Group". www.astro.ucla.edu. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2020. Consultado o 07 de outubro de 2020. 
  19. Eckart, A.; Genzel, R. (1996). "Observations of stellar proper motions near the Galactic Centre". Nature 383 (6599): 415–417. Bibcode:1996Natur.383..415E. doi:10.1038/383415a0. 
  20. "Andrea Ghez Elected to National Academy of Sciences". NASA. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2004. Consultado o March 20, 2004. 
  21. 21,0 21,1 "APS Fellow Archive". Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  22. "Andrea M. Ghez" (PDF). UCLA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  23. Wolpert, Stuart. "UCLA astronomers discover star racing around black hole at center of our galaxy". UCLA Newsroom. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2014. Consultado o October 6, 2012. 
  24. Ghez, A. M.; Salim, S.; Weinberg, N. N.; Lu, J. R.; Do, T.; Dunn, J. K.; Matthews, K.; Morris, M.; Yelda, S.; Becklin, E. E.; Kremenek, T.; Milosavljevic, M.; Naiman, J. (December 20, 2008). "Measuring Distance and Properties of the Milky Way's Central Supermassive Black Hole with Stellar Orbits". The Astrophysical Journal 689 (2): 1044–1062. Bibcode:2008ApJ...689.1044G. arXiv:0808.2870. doi:10.1086/592738. 
  25. Eckart, Andreas; Schödel, Rainer; et al. (September 2006). "The Galactic Centre: The Flare Activity of SgrA* and High-Resolution Explorations of Dusty Stars" (PDF). The Messenger (European Southern Observatory) 125: 2–5. 
  26. "The Supermassive Black Hole at the Galactic Center". www.astro.ucla.edu. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  27. "Poster Project, Biographies". www.math.sunysb.edu. 
  28. "The Nobel Prize in Physics 2020". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  29. 29,0 29,1 "Annie J. Cannon Award in Astronomy". American Astronomical Society. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  30. "Packard Fellows – Sorted by Award Year: 1996". Universidade de Virxinia. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  31. "Maria Goeppert Mayer Award". www.aps.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2007. Consultado o 07 de outubro de 2020. 
  32. "Honors and Awards received by IGPP/UCLA Faculty and Research Staff". UCLA. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  33. "Astronomer Andrea Ghez awarded Gold Shield prize". University of California, Santa Cruz. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2008. 
  34. "UCLA astronomer Andrea Ghez named a 2008 MacArthur Fellow". UCLA. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2008. Consultado o 23 de setembro de 2008. 
  35. "The Crafoord Prize in Mathematics 2012 and The Crafoord Prize in Astronomy 2012". Crafoord Prize. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2012. Consultado o January 19, 2012. 
  36. "Newsroom". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o October 8, 2018. 
  37. "Andrea Ghez to receive Royal Society's Bakerian Medal". 
  38. "Honorary degree recipients for 2019 announced". The University of Oxford. Consultado o June 26, 2019. 
  39. "AAS Fellows". AAS. Consultado o 28 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]