Johannes Kepler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Johannes Kepler
Johannes Kepler 1610.jpg
Un retrato de Johannes Kepler (1610) feito por un artista descoñecido.
Datos persoais
Nacemento 27 de decembro de 1571
Lugar Weil der Stadt,
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento 15 de novembro de 1630
Lugar Regensburg, Electorado de Baviera,
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Württemberg; Estiria; Bohemia; Alta Austria
Nacionalidade Alemán
Etnia
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión Luterano
Actividade
Campo Astronomía, Astroloxía, Matemáticas e Filosofía natural
Alma mater Universidade de Tübingen
Universidade de Linz
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese Michael Maestlin
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Leis de Kepler
Conxetura de Kepler
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|220px]]

Johannes Kepler

Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura crave na revolución científica.

É coñecido, fundamentalmente, polo descubrimento das leis sobre o movemento dos planetas que plasmou nas súas obras Astronomía Nova e Harmonices Mundi. Foi axudante do tamén astrónomo Tycho Brahe e matemático da corte do emperador Rodolfo II. Tamén proporcionou unha das bases para a teoría da gravitación universal elaborada por Isaac Newton.

Durante a súa carreira, Kepler foi profesor de matemáticas nunha escola seminarista en Graz, Austria, como asistente do astrónomo Tycho Brahe, matemático da corte do Emperador Rudolf II, profesor de matemáticas en Linz (Austria), e un asesor do xeneral Albrecht von Wallenstein. Tamén realizou un traballo fundamental no campo da óptica, campo no que destacou por inventar unha versión mellorada do telescopio refractor, o telescopio de Kepler, e axudou a lexitimar os descubrimentos telescópicos do seu contemporáneo Galileo Galilei.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de relixión protestante luterana, instalada na cidade de Weil der Stadt en Baden-Wurtemberg (Alemaña). O seu avó fora alcalde da cidade pero no momento do nacemento de Johannes a familia atopábase en decadencia. Seu pai, Heinrich Kepler, era mercenario no exército do Duque de Wurtemberg e raramente frecuentaba o domicilio familiar. Súa nai, Katherina Guldenmann, rexentaba unha casa de hóspedes e era curandeira e herborista e acabou sendo acusada de bruxería.

Kepler naceu prematuramente aos sete meses de embarazo, sufriu toda a súa vida unha saúde fráxil. Á idade de tres anos contraeu a varíola, o que entre outras secuelas afectaría á súa vista para sempre. Kepler tivo dous irmáns e unha irmá, Heinrich, Christopher e Margarette. De 1574 a 1576 viviu con Heinrich, que era epiléptico, na casa dos seus avós ante a ausencia de seus pais.

Trala volta de seus pais trasladouse a Leonberg, onde ingresa na escola latina en 1577, a súa familia fomentou dende pequeno o seu interese pola astronomía, con cinco anos abservou o cometa de 1577 comentando que súa nai o levou a un sitio elevado para velo, seu pai mostroulle con nove anos o eclipse de lúa do 31 de xaneiro de 1580.

Seu pai partiu de novo para a guerra en 1589, desaparecendo para sempre.

Kepler rematou o seu primeiro periodo de estudos, de tres anos, en 1583 con algo de retraso a causa do seu traballo coma xornaleiro agrícola. En 1584 entrou no Seminario protestante de Adelberg e dous anos máis tarde no Seminario Superior de Maulbronn. Alí obtivo o seu diploma de fin de estudos e matriculouse en 1589 na universidade de Tubinga.

Comezou estudando ética, dialéctica, retórica, grego, hebreo, astronomía e física e máis tarde teoloxía e ciencias humanas. Continou os estudos despois de obter a maestría en 1591, o seu profesor de matemáticas, Michael Maestlin, ensinoulle o sistema heliocéntrico de Copérnico.

Mentras planeaba facerse ministro luterano na escola protestante de Graz quedou vacante unha praza de profesor de matemáticas, polo que abandonou os estudos de teoloxía para tomar o posto, e deixou Tubinga en 1594.

Kepler estivo casado dúas veces, casouse a primeira vez, de conveniencia, o 27 de abril de 1597 con Barbara Müller. No ano 1600 foi obrigado a avandonar Austria, cando o archiduque Fernando promulgou un edicto contra os protestantes. En outubro dese mesmo ano trasladouse a Praga invitado por Tycho Brahe, que lera algúns traballos de Kepler. Brahe faleceu ao ano seguinte e Kepler substituino coma matemático imperial de Rodolfo II e traballou frecuentemente coma conselleiro astrolóxico.

Obra científica[editar | editar a fonte]

Levou a cabo a revolución heliocéntrica no Renacemento, a través da formulación das chamadas tres leis fundamentais da mecánica celeste, as Leis de Kepler. Dedicouse tamén ao estudo da óptica.

En defensa da astroloxía, publicou Tercius interveniens, onde critica aqueles que atacan a astroloxía polo seu viés supersticioso e non a distinguen da astroloxía como cosmoloxía. É importante notar, como di Kenneth Negus, que Kepler defendía a astroloxía como cosmogonía, como explicación do modo como se procesan as relacións entre astros e acontecimentos terreos, dentro do ámbito da actuación divina. É clara a súa crítica tanto aos cépticos canto aos supersticiosos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1596: Mysterium cosmographicum (O misterio cósmico).
  • 1601: De Fundamentis Astrologiae Certioribus.
  • 1604: Astronomiae Pars Optica (A parte óptica da astronomía).
  • 1604: De Stella nova in pede Serpentarii.
  • 1609: Astronomia nova (Nova astronomía).
  • 1611: Dioptrice.
  • 1618-1621: Epitome astronomiae Copernicanae.
  • 1619: Harmonices Mundi (A harmonía dos mundos).
  • 1627: Tabulae Rudolphinae.
  • 1634: Somnium seu Astronomia Lunari (considerada obra precursora da ciencia ficción).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Na súa honra nomeouse o asteroide 1134, o asteroide Kepler. Tamén hai un cráter Kepler na Lúa e outro en Marte e a Kepler Dorsum, unha dorsal de Phobos, satélite de Marte.
  • A supernova SN 1604 tamén foi denominada Supernova de Kepler ou Estrela de Kepler, xa que permaneceu visibel durante un ano despois da súa explosión en 1604 e Kepler realizou a descripción máis precisa.
  • A NASA puxolle o seu nome ao telescopio espacial Kepler, que tiña a misión durante catro anos de detectar exoplanetas telúricos e outros corpos pequenos que orbitan preto da nosa galaxia. Foi lanzado o 7 de marzo de 2009.
  • Paul Hindemith creou unha ópera baseada na vida de Kepler: Die Harmonie der Welt. Philip Glass compuxo outra ópera sobre a súa figura: Kepler.
  • O vehículo de transferencia europeo ATV-002 Johannes Kepler foi nomeado na súa honra e lanzado o 16 de febreiro de 2011.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Johannes Kepler

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]