Ensanche de Pontevedra
Ensanche de Pontevedra | |
---|---|
A rúa Sagasta inaugurada en 1893 no Ensanche | |
Concello | Pontevedra |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°25′48″N 8°38′35″O / 42.429972222222, -8.643 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ensanche é unha zona do centro da cidade de Pontevedra composta por ampliacións sucesivas da cidade fóra do centro histórico.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde 1833 en que Pontevedra converteuse en capital da súa provincia, levouse a cabo unha radical transformación da estrutura urbana.[1][2] Derrubouse a muralla entre 1852 e 1875, o que abriu as portas ao crecemento urbano máis aló do recinto fortificado. A cidade abriuse ao campo, ancheáronse e urbanizaron antigos camiños que conducían á vila medieval e deseñáronse e abríronse novas rúas.[1] No último terzo do século XIX deseñouse gran parte da nova Pontevedra, a partir fundamentalmente da achega do arquitecto Alejandro Sesmero.[3] A capitalidade e a influencia política de varios pontevedreses de adopción como Eugenio Montero Ríos, Augusto González Besada, Eduardo Vincenti ou Gabino Bugallal Araújo impulsaron a transformación e a modernización da estrutura urbana. O aumento da poboación cun sostido crecemento demográfico obrigou a planificar o ensanche e a embelecer os espazos públicos. A planificación do ensanche da cidade realizouse ao redor dos eixos viarios ou estradas que unían a cidade con Ourense, Marín e Portugal.[1]
O político liberal e empresario burgués Francisco Antonio Riestra Vallaure foi o artífice da realización da maior parte do primeiro ensanche da cidade.[4] O novo sistema viario pontevedrés iniciouse por iniciativa de Francisco Riestra co trazado da rúa Michelena en 1856, seguindo a liña da antiga muralla. En 1880 Alejandro Sesmero planificou o ensanche burgués ao suroeste do casco antigo coa urbanización da Praza de España a partir de 1880 e da rúa Alameda en 1881 (antiga rúa da Palla) e en 1893 coa Gran Vía de Montero Ríos.[5] O conxunto completouse coa urbanización progresiva da rúa Riestra.[6] A apertura destas novas rúas permitiu achegar a vila medieval a esa nova zona da cidade. Así mesmo, como parte dese ensanche burgués reformouse ao mesmo tempo que a praza de España a Alameda de Pontevedra, correspondente ao antigo campo dos dominicos[7], e empezouse a urbanizar o Parque das Palmeiras, antigo campo de San Xosé e campo da feira.[6][8] Na Gran Vía de Montero Ríos construíronse entre 1884 e 1926 tres nobres edificios para albergar institucións propias da capitalidade (Pazo da Deputación, Edificio do Instituto Provincial, Edificio da Escola de Artes e Oficios e Escola Normal) e entre 1905 e 1909 con fronte aos xardíns do Doutor Marescot construíuse o novo gran edificio do cuartel de San Fernando.[9][10][11]
Ademais a cidade ensanchouse seguindo os principais eixos viarios sobre os que se estruturou o crecemento urbano conducentes a Ourense, Marín, Ponte Caldelas e Tui e Portugal. Construíronse e urbanizaron as novas estradas a Ourense en 1844,[12] (cuxo tramo central correspondente á actual rúa de Benito Corbal foise urbanizando a partir de 1866),[13] a Marín entre 1847 e 1851 (cuxo tramo central actual corresponde á rúa da Oliva),[14]e a Ponte Caldelas (cuxo tramo central corresponde á actual rúa Joaquín Costa) e remodelouse a estrada conducente a Portugal (actual rúa Peregrina na súa parte máis céntrica). No último cuarto do século XIX co aumento da poboación e da superficie edificada abríronse novas rúas transversais como a rúa García Camba proxectada por Alejandro Sesmero entre as rúas Peregrina e Oliva en 1884,[15] a rúa Andrés Muruais en 1883, a rúa Andrés Mellado en 1885 e a rúa Sagasta entre as rúas Peregrina e Benito Corbal en 1893.[16][17] Así mesmo, en 1927 finalizouse case por completo a apertura da rúa Xeneral Gutiérrez Mellado entre as rúas Fernández Villaverde e Marqués de Riestra, poñendo en comunicación directa o antigo recinto amurallado e o parque das Palmeiras.[12] Por outra banda empezáronse a urbanizar amplos espazos que se converterían en tres das prazas[18] máis importantes da cidade: en 1880 a praza de España[19] en 1884 a praza da Estación, actual praza de Galicia e en 1900 o novo campo da feira, actual praza de Barcelos.[20]
O 25 de xullo de 1888, as rúas da Oliva e Michelena do primeiro ensanche convertéronse nas primeiras rúas de Galicia en dispor de iluminación pública, grazas á instalación de arcos eléctricos e lámpadas incandescentes. Esta primeira rede eléctrica galega foi obra do marqués de Riestra, que construíu na praza da Verdura a primeira fábrica de electricidade do noroeste peninsular, e que en 1887 obtivo a patente dun procedemento para axustar as dinamos.[21]
Neses novos espazos do primeiro ensanche pontevedrés construíronse edificios que coas súas formas e funcións reforzaron o proxecto burgués restauracionista, expoñentes da nova Pontevedra, como a Mansión do Marqués de Riestra. En 1902 terminou a construción do edificio do Café Moderno na praza de San Xosé, en 1903 a do novo Edificio do Banco de España na rúa Michelena,[22] en 1905 a construción no lado esquerdo da rúa Riestra (con fachada traseira cara ao parque das Palmeiras) do palacete Vila Pilar, mandado edificar polo indiano procedente de Cuba Manuel Martínez Bautista, en 1915 a do Edificio Gran Garaje na rúa de Benito Corbal[23] e entre 1915 e 1926 a da sede central de Correos e Telégrafos na rúa García Camba.[24][25][26]
Neste primeiro ensanche estableceuse parte da burguesía de Pontevedra,[27] o que deu lugar á existencia de edificios de estilo modernista (como o Palace Hotel construído en 1904 na esquina entre a actual praza de Galicia e a rúa Andrés Muruais), moitos deles derrubados nos anos 1970 e 1980 por mor da especulación urbanística na cidade.
En 1944, o arquitecto municipal Juan Argenti Navajas deseñou o proxecto de prolongación da rúa García Camba, que non chegou a realizarse.[28]
Entre os anos 1950 e 1970 realizouse o segundo ensanche da cidade coa apertura de novas rúas cara ao leste e límites marcados polas rúas Daniel de la Sota aberta en 1958 e Cobián Roffignac ao leste e Joaquín Costa ao sur.[29][30]
A partir do ano 2000 levouse a cabo unha profunda reforma urbana no ensanche para obter unha alta calidade urbana, peonalizando unha gran parte das rúas do mesmo, integramente ou en parte do seu trazado, (entre as que se atopan Michelena, Peregrina, Benito Corbal, Marqués de Riestra, Gutiérrez Mellado, Daniel da Sota, Lepanto ou a praza de España), ampliando beirarrúas en rúas como Sagasta ou Frei Xoán de Navarrete, plantando árbores (palmeiras de abano californianas, sóforas, perales de Callery, maceiras, magnolios chineses ou ameixeiras entre outros) e mellorando en gran medida a iluminación nocturna con elementos de deseño como farois, proxectores, balizas, luminarias e módulos LED.[31][32]
Urbanismo
[editar | editar a fonte]O Ensanche de Pontevedra é o barrio central e comercial da cidade e esténdese ao sur e ao leste do casco antigo. Configúrase como unha continuación da cidade existente, adaptándose e relacionándose co armazón urbano antigo. Os eixos viarios posúen unha anchura de entre 12 e 24 metros. Corresponde á ampliación urbana das rúas trazadas ao longo de eixos de comunicación (Ourense, Tui e Portugal, Marín) e as transversais a estas.
O ensanche, que corresponde co actual centro da cidade articúlase ao redor dos principais eixos viarios que son as rúas da Oliva, Peregrina e Benito Corbal, cuxo antigo nome, rúa do Progreso indicaba o seu papel de zona de expansión e progreso da cidade. O primeiro ensanche, anterior aos anos 1950, está enmarcado polo abanico que describen as rúas Marqués de Riestra, Augusto González Besada, Andrés Mellado e Sagasta, delimitadas ao norte polas rúas Michelena e Benito Corbal. Dentro del quedaron englobados os antigos barrios de San Xosé (ao redor da actual praza de San Xosé) e Peregrina e Virxe do Camiño (ao redor da confluencia das actuais rúas Sagasta e Frei Xoán de Navarrete), consolidados linealmente no último terzo do século XIX ao redor das estradas de Marín, Portugal e Ponte Caldelas. Esta zona constitúe un espazo de transición entre a antiga cidade medieval e o ensanche posterior dos anos cincuenta. Das casas de pedra das rúas Michelena, Marqués de Riestra e Oliva construídas seguindo a tipoloxía tradicional de balcóns e galerías[33] pásase a outra tipoloxía de corte modernista e racionalista con catro e cinco pisos na rúa García Camba[29] con edificios como o Edificio González Vega proxectado en 1939 polo arquitecto Eloy Maquieira.[34][35]
O ensanche burgués de finais do século XIX cara ao oeste do casco antigo articúlase ao redor da Gran Vía de Montero Ríos e a praza de España, seguindo o eixo vertebrado pola Alameda de Pontevedra e o parque das Palmeiras, zonas verdes máis importantes do centro da cidade.[36] Outras zonas verdes do ensanche son os xardíns do doutor Marescot, a praza de Barcelos e a praza de Galicia,[20] que actúa como transición entre o ensanche e o barrio de Campolongo.
Servizos
[editar | editar a fonte]Delegacións gobernamentais e organismos públicos
[editar | editar a fonte]Na praza de España, atópanse a sede institucional do concello de Pontevedra na Casa consistorial de Pontevedra, un edificio ecléctico de inspiración parisiense deseñado polo arquitecto Alejandro Sesmero e inaugurado en agosto de 1880 e a sede provincial da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, nun edificio inaugurado en 1958.[37][38]
Na Gran Vía de Montero Ríos áchanse as sedes provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra: o Pazo da Deputación de Pontevedra, inaugurado en 1890 e o Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra inaugurado en 1901.[39][36]
Na rúa Michelena sitúanse a sede administrativa do concello de Pontevedra na antiga mansión do Marqués de Riestra[40] e a sede das delegacións periféricas da Administración do Estado no antigo edificio do Banco de España.[41]
Entre as rúas da Oliva e García Camba atópase a sede central de Correos na cidade e xefatura provincial de Correos na provincia de Pontevedra.[42] Na rúa de Benito Corbal está situado un dos edificios da Xunta de Galicia na cidade, que durante as dúas últimas décadas do século XX foi a súa sede principal en Pontevedra. En 2019 reformouse por completo e adquiriu a súa característica cor azul no exterior.[43][44]
Na rúa Joaquín Costa localízase a sede provincial da Comisaría de Policía en Pontevedra.[45]
Centros educativos
[editar | editar a fonte]Na rúa Maestranza, con fronte aos xardíns do doutor Marescot atópase a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, instalada no antigo cuartel de San Fernando, un edificio de grandes dimensións terminado en 1909.[46] Na rúa de Benito Corbal está situada a Facultade de Deseño de Pontevedra.[47]
Na Gran Vía de Montero Ríos sitúase o Edificio do Instituto de Ensino Secundario Valle-Inclán, inaugurado en 1927 e que foi ata entón o instituto provincial de Pontevedra.[48][49]
Na praza de Barcelos atópase o colexio plurilingüe Barcelos e na rúa Joaquín Costa o Colexio Álvarez Limeses, inaugurado en xaneiro de 1960, así como o colexio privado plurilingüe Calasancio.[50][51]
Centros sanitarios
[editar | editar a fonte]Entre as rúas Frei Xoán de Navarrete e Castelao localízase o Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez.[52] Na rúa Maestranza atópase o Centro de Saúde Virxe Peregrina, cuxo edificio proxectado polo arquitecto Alfonso Barreiro Buján foi inaugurado en 1963.[53]
Ao final da rúa de Benito Corbal, no número 2 da rúa Doutor Loureiro Crespo atópase o Hospital Provincial de Pontevedra, inaugurado en 1897 ao final da entón chamada rúa do Progreso, principal eixo do primeiro ensanche pontevedrés.[54][55][56]
Comercio e outros servizos
[editar | editar a fonte]As rúas do Ensanche constitúen o epicentro dos numerosos establecementos comerciais de Pontevedra incluíndo franquías nacionais e internacionais así como comercios locais tradicionais, recibindo o nome de "milla de ouro" a rúa de Benito Corbal.[57][58][59][60] O Ensanche tamén dispón de múltiples restaurantes.
Outros equipamentos
[editar | editar a fonte]Na praza de Barcelos situáse o maior aparcadoiro subterráneo da cidade, con 906 prazas de estacionamento.[61] Na praza de España e na Gran Vía de Montero Ríos atópanse outros dous aparcadoiros subterráneos con capacidade para 326 e 376 vehículos respectivamente.[62][63]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casas do século XIX na rúa Marqués de Riestra
-
Rúa Alameda
-
Rúa Peregrina
-
Rúa Rosalía de Castro
-
Rúa Virxe do Camiño
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Caeiro González 1993, p. 1116.
- ↑ Rodríguez Mouriño 2020, p. 127.
- ↑ Aganzo 2010, p. 21.
- ↑ Juega Puig 2000, p. 92.
- ↑ Juega Puig 2000, p. 95.
- ↑ 6,0 6,1 Durán Villa 2000, p. 88.
- ↑ Aganzo 2010, p. 91-92.
- ↑ "Retrospectiva de la Alameda pontevedresa". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 2010.
- ↑ "Los ingenieros del cuartel de San Fernando en Pontevedra". El Diario de Pontevedra (en castelán). 12 de decembro de 1905.
- ↑ "En febrero empezarán las obras de cantería del cuartel de San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 3 de novembro de 1905.
- ↑ "Finalizadas las obras del nuevo cuartel de San Fernando". El Diario de Pontevedra (en castelán). 23 de marzo 1909.
- ↑ 12,0 12,1 Durán Villa 2000, p. 90.
- ↑ Juega Puig 2000, p. 66.
- ↑ Fortes Bouzán 2011, p. 386.
- ↑ Juega Puig 2000, p. 83.
- ↑ Juega Puig 2000, p. 107.
- ↑ "¿Qué ha quedado de la calle de los espectáculos?". Diario de Pontevedra (en castelán). 5 de marzo de 2023.
- ↑ "El Museo conmemora el 130 aniversario de la llegada del tren a Pontevedra". Faro (en castelán). 30 de marzo de 2014.
- ↑ González Clavijo 2008, p. 18.
- ↑ 20,0 20,1 Aganzo 2010, p. 101.
- ↑ "El alumbrado público de La Oliva y Michelena, el primero de toda Galicia, cumple 133 años". Diario de Pontevedra (en castelán). 6 de xullo de 2021.
- ↑ Moreno Arana 2017, p. 261.
- ↑ "La «milla de oro» recupera al Gran Garaje como superficie comercial". 4 de mayo de 2017.
- ↑ "Café Moderno: Su historia, tertulias y vivencias". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2019.
- ↑ "El Colegio pontevedrés dedicará a «Villa Pilar» el Día de la Arquitectura". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xuño de 2005.
- ↑ "La Casa de Correos, la obra interminable". Diario de Pontevedra (en castelán). 25 de agosto de 2019.
- ↑ Aganzo 2010, p. 34.
- ↑ "A Pontevedra do século pasado". Diario de Pontevedra. 9 de decembro de 2020.
- ↑ 29,0 29,1 Durán Villa 2000, p. 96.
- ↑ "Acto de apertura oficial de la nueva calle de Daniel de la Sota". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de decembro de 1958.
- ↑ "Pontevedra, la ciudad que logró vencer a los coches". El País (en castelán). 1 de decembro de 2018.
- ↑ "La 'almendra central' de Pontevedra se convierte en 'zona 10' esta misma semana". Pontevedra Viva (en castelán). 22 de outubro de 2019.
- ↑ Aganzo 2010, p. 98.
- ↑ "Eloy Maquieira, un arquitecto olvidado". Faro (en castelán). 14 de novembro de 2021.
- ↑ "Edificios singulares". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2013.
- ↑ 36,0 36,1 "Ladrillo de lujo". Faro (en castelán). 10 de febreiro de 2011.
- ↑ Abelleira Doldán 2018, p. 129.
- ↑ "Los 11 edificios que reconoces si eres de Pontevedra". El Español (en castelán). 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ "El Palacio Provincial de la Diputación, por dentro". Faro (en castelán). 28 de novembro de 2016.
- ↑ "El Concello prepara la mudanza a Michelena 30". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de decembro de 2009.
- ↑ "El antiguo Banco de España agrupará a más de cien funcionarios del Estado". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2009.
- ↑ "El edificio de Correos volvió a la luz". Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de maio de 2013.
- ↑ "Una empresa coruñesa completará la reforma de la sede de Benito Corbal". Diario de Pontevedra (en castelán). 20 de febreiro de 2020.
- ↑ "Azul metálico, el antiguo edificio de la Xunta en Benito Corbal muestra su color". Pontevedra Viva (en castelán). 28 de decembro de 2018.
- ↑ "Un sindicato policial lleva a nivel nacional su demanda de una nueva Comisaría". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de novembro de 2016.
- ↑ "Belas Artes celebra su cuarto de siglo". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de outubro de 2015.
- ↑ "El grado en Diseño y Creación tendrá espacios propios en el edificio administrativo de Benito Corbal". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de maio de 2020.
- ↑ "La ambiciosa rehabilitación del IES Valle Inclán supondrá una inversión de 4,7 millones". Diario de Pontevedra (en castelán). 31 de agosto de 2022.
- ↑ "Cuando el Instituto se instaló en la Alameda". Faro (en castelán). 27 de setembro de 2015.
- ↑ "El colegio de Barcelos se suma a otros 17 centros y ya tiene un mural sobre su historia". Pontevedra Viva (en castelán). 16 de outubro de 2021.
- ↑ "El CEIP Álvarez Limeses celebra sus cincuenta años". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de novembro de 2010.
- ↑ "Los Domínguez venden su hospital". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de outubro de 2015.
- ↑ "A Alfonso Barreiro Buján, arquitecto noble y limpio". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de abril de 2020.
- ↑ Fortes Bouzán 2011, p. 456.
- ↑ "¿Qué futuro le espera al Hospital Provincial?". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2016.
- ↑ "El CXX aniversario del Hospital". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de decembro de 2017.
- ↑ "Las mejores ciudades gallegas para ir de rebajas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Setenta años de una esquina emblemática de la milla de oro de Pontevedra: de la primera gasolinera urbana a un hipermercado". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 2022.
- ↑ "Lleno en la milla de oro de Pontevedra al bajar los alquileres". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de decembro de 2022.
- ↑ "Inditex alargará «la milla de oro»". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de maio de 2023.
- ↑ "Pontevedra es la ciudad gallega con el aparcamiento de pago más barato". Diario de Pontevedra (en castelán). 21 de xullo de 2021.
- ↑ "El aparcamiento de la plaza de España se construirá seis años después de su adjudicación". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 2008.
- ↑ "Concluidos los estudios del párking de Montero Ríos". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ensanche de Pontevedra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Abelleira Doldán, Miguel (2018). "La Arquitectura Institucional política en Galicia durante la autarquía". Revista do Departamento de Historia da Arte Quintana USC (16): 126-132. ISSN 2340-0005.
- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto. Madrid: El País-Aguilar. p. 21; 25; 34; 91-92; 98; 101. ISBN 978-8403509344.
- Caeiro González, Eugenio (1993). Pontevedra. Galicia pueblo a pueblo. A Coruña: La Voz de Galicia. p. 1116. ISBN 978-8488254245.
- Durán Villa, Francisco (2000). Provincia de Pontevedra. Madrid: Mediterráneo. p. 88; 96. ISBN 8471563371.
- Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 407; 438. ISBN 9788484573272.
- Fortes Bouzán, Xosé (2011). Pontevedra. Burgo, villa, capital. Brión: Giverny. p. 448; 456. ISBN 978-84-939449-1-9.
- González Clavijo, Pepy (2008). Las calles de Pontevedra. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 18. ISBN 978-84-8457-312-8.
- Juega Puig, Juan (2000). As rúas de Pontevedra. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 92-93. ISBN 84-8457-044-4.
- Moreno Arana, José Manuel (2017). "El edificio de la antigua sucursal del Banco de Espana en Jerez de la Frontera obra de Jose de Astiz y Barcena" (PDF). Boletín de Arte Universidad de Málaga (37): 261-266. ISSN 0211-8483.
- Rodríguez Mouriño, Matías G. (2020). "Algunas notas acerca de Villa Pilar: una arquitectura indiana en la Pontevedra de la Restauración". Arte y ciudad. Revista de Investigación (17): 117-142. ISSN 2254-2930.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Rúa de Benito Corbal
- Glorieta de Compostela
- Rúa de Michelena
- Rúa da Oliva
- Rúa de García Camba
- Rúa do Marqués de Riestra