Domingo Sesmero
Aparencia
(Redirección desde «Domingo Esteban Rodríguez Sesmero»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de agosto de 1811 Medina del Campo, España |
Morte | 24 de agosto de 1899 (88 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Familia | |
Fillos | Alejandro Rodríguez Sesmero |
Domingo Rodríguez Sesmero (nalgunhas ocasións asinaba como Domingo Sesmero)[1], nado en Medina del Campo o 4 de agosto de 1811 e finado na Coruña o 24 de agosto de 1899, foi un arquitecto castelán que traballou en Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Estudou na escola dependente da Real Academia de la Purísima Concepción de Valladolid. Deseñou a casa do concello de Mojados, na súa provincia natal.
En Pontevedra deseñou a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e xunto ao seu fillo Alejandro Sesmero deseñou o Pazo da Deputación de Pontevedra.
En Vigo deseñou o Teatro Rosalía de Castro e o Teatro Circo Tamberlick. Tamén dirixiu a restauración da fachada da igrexa de San Marcos de Corcubión. Foi arquitecto da diocese de Tui de 1882 a 1886.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa do concello de Vilagarcía de Arousa, inaugurada o 25/1/1891.
-
Igrexa de San Tomé de Caldas de Reis.
-
Igrexa de Santiago de Viascón.
-
Fachada da igrexa de San Marcos de Corcubión, restaurada por D. Sesmero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garrido, Xaime. "RODRÍGUEZ-SESMERO, Domingo e Alejandro". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ García Filgueira 2011, p. 484.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Rodríguez Sesmero, Domingo". Enciclopedia Galega Universal 14. Vigo: Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 511. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández, X. (1996). Arquitectura del eclecticismo en Galicia (1875-1914) (en castelán). II. Edificación del ferrocarril, escolar y de recreo. UDC. p. 340. ISBN 84-89694-07-9.
- ——— (2003). "Domingo e Alejandro Rodríguez Sesmero". Artistas Galegos. Arquitectos. Da Ilustración ó Eclecticismo. Nova Galicia Edicións. pp. 227–251. ISBN 978-84-96070-82-0.
- García Filgueira, M. (2005). "Clasicismo, Neomedievalismo y Eclecticismo en la obra de Domingo Rodríguez Sesmero como arquitecto diocesano de Tui y Santiago de Compostela (1882-1897)". Cuadernos de Estudios Gallegos (CSIC), nº 118.
- ——— (2006). Eclecticismo y arquitectura en la Galicia del siglo XIX. La obra de Domingo Rodríguez Sesmero y Alejandro Rodríguez-Sesmero González (tese) (en castelán). USC.
- ——— (2011). "La arquitectura teatral de los Sesmero en Vigo: el Rosalía de Castro y el Tamberlick" (PDF). Glaucopis (IEV) (16): 439–492. ISSN 2254-9749.
- ——— (2014). Eclecticismo, arquitectura y ciudad. La obra de los Sesmero en Vigo (en castelán). IEV. ISBN 978-84-89599-55-0.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Domingo Sesmero |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sánchez García, Jesús Ángel. "Domingo Rodríguez Sesmero". Real Academia da Historia, (en castelán).