Roger D. Kornberg
Roger D. Kornberg |
|||
|---|---|---|---|
Roger D. Kornbergerda |
|||
| Nacemento | 24 de abril de 1947 (66 anos) St. Louis (Missouri) |
||
| Residencia | |||
| Nacionalidade | estadounidense | ||
| Campo | |||
| Alma mater | |||
| Cónxuxe |
|
||
| Coñecido por | |||
|
|||
Roger David Kornberg, nado en St. Louis (Missouri) o 24 de abril de 1947 é un bioquímico estadounidense e profesor de bioloxía estrutural na Facultade de Medicina da Universidade Stanford.
Kornberg foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2006 polos seus estudos do proceso mediante o cal a información xenética do ADN se copia no ARN. Seu pai, Arthur Kornberg, que tamén foi profesor na Universidade de Stanford, foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1959.
Índice |
Traxectoria [editar]
Kornberg naceu no seo dunha familia xudía. Foi o primeiro de tres fillos do bioquímico Arthur Kornberg e a súa dona, Sylvy, colaboradora súa. Kornberg obtivo a licenciatura en Química pola Universidade Harvard en 1967 e o doutoramento en Química Física pola Universidade de Stanford en 1972. Ao rematar a súa tese de doutoramento, fíxose investigador postdoutoral no laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge (Inglaterra).
Descubertas científicas [editar]
Todos os organismos están controlados mediante os seus xenes, que están codificados co ADN. O ADN atópase no núcleo das células. Cando unha célula manifesta un xene copia (transcribe) a secuencia do ADN dese xene na secuencia do ARN mensaxeiro (ARNm). O ARNm sae do núcleo e transpórtase ata os ribosomas. Entón, os ribosomas len o ARNm e traducen o código creando os correspondentes aminoácidos que compoñen as proteínas.
O ADN transmítese ao ARNm mediante dunha enzima, ARN polimerasa II, e outras moitas proteínas. Por medio de lévedo, Kornberg identificou o papel da polimerasa II do ARN e doutras proteínas na transcrición do ADN. Polimerasa II úsase en tódolos organismos eucariontes, incluíndo aos humanos, para transcribir ADN.
Kornberg e o seu grupo de investigación fixeron varios descubrimentos fundamentais relativos aos mecanismos e á regulación da transcrición eucariótica. Durante os anos 70, Kornberg descubriu, xunto con varios colaboradores, o nucleosoma como a estrutura básica onde se empaqueta o ADN nuclear das células eucarióticas. Kornberg atopou que o nucleosoma contén ADN (aproximadamente 200 pares de bases) enrolado nun octámeto de histonas.
O grupo de investigación de Kornberg en Stanford desenvolveu con éxito un sistema de transcrición a partir de lévedo de panadeiro, un organismo unicelular eucarionte, que despois utilizaron para illar tódalas proteínas necesarias para o proceso de transcrición. O traballo de Kornberg e outros clarificou que estes compoñentes proteicos se conservan en todos os eucariontes, dende o lévedo ata as células humanas. A partir deste sistema, Kornberg fixo o importante descubrimento de que a transmisión dos sinais reguladores de expresión dos xenes á maquinaria da ARN polimerasa se leva a cabo mediante un complexo proteico adicional que denominaron mediador.
Ao mesmo tempo que realizou estes estudos biomédicos do proceso de transcrición, dedicou dúas décadas ao desenvolvemento de métodos para visualizar a estrutura atómica da ARN polimerasa e as súas compoñentes asociadas. Kornberg enxeñou unha técnica para a formación de cristais proteicos bidimensionais en membranas lípidas de dúas capas, e obtivo imaxes de baixa resolución desta estrutura proteica mediante microscopía electrónica. Finalmente, Kornberg foi capaz de resolver a estrutura tridimensional da ARN polimerasa con resolución atómica mediante cristalografía de raios X. A estrutura da ARN polimerasa obtida por Kornberg é a estrutura proteica máis complexa resolta ata o momento. Baseándose nos seus descubrimentos, Konberg creou unha versión de como funciona a transcrición a nivel molecular.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2006 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2006 (en inglés)
- Perfil de Roger D. Kornberg en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Robert H. Grubbs, Richard R. Schrock e Yves Chauvin |
Premio Nobel de Química 2006 |
Sucesor: Gerhard Ertl |