St. Louis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
St. Louis
StLouisMontage.jpg
Situación xeográfica
38°37′38″ N 90°11′52″ O
País Estados Unidos
'
Xeografía
Altitude 142 m msnm
Poboación
Poboación 318.069
Densidade 1,983 hab./km²
Xentilicio San Louisiano
Información
Código postal 63105
Alcalde Francis G. Slay
Páxina web

St. Louis (en francés: Saint-Louis ou St-Louis) é unha cidade estadounidense situada na fronteira oriental de Missouri, e é a segunda maior cidade do estado. Cunha poboación de 318.069 en xullo de 2011, que foi a 58 cidade estadounidense en 2010 do Censo dos Estados Unidos. O Greater St. Louis área estatística combinada (CSA en inglés) da poboación de 2.882.932 é o 15º maior do país e é a maior en Missouri.

A cidade de San Louis foi fundada en 1764 por Pierre Laclède e Auguste Chouteau, e despois da compra de Luisiana, convirteuse nun importante porto no río Mississippi. A súa poboación expandiuse despois da Guerra Civil Americana, e convertiuse na cuarta cidade máis grande dos Estados Unidos no século XIX. Separouse de St. Louis Country en Marzo de 1877, o que permitiu que se convertise nunha cidade independente e que se limitasen as súas fronteiras políticas. En 1904, foi sede da exposición da compra de Luisiana e dos Xogos Olímpicos de Verán dese mesmo ano. A poboación da cidade alcanzou o seu punto máximo en 1950, e logo comezou un largo declive que continúa no século XXI.

A economía de San Louis basease no servicio, a fabricación, o comercio, o transporte de mercancías e o turismo. A cidade é o fogar de varias corporacións, incluíndo Peabody Energy, Ameren, Ralcorp e Sigma-Aldrich. En San Louis teñen tres equipos deportivos profesionáis: O St. Canrdinals, unha das máis exitosas Ligas de Béisbol, no hockey o St. Louis Blues e no fútbol o St. Louis Rams. A cidade identifícase de xeito maioritario co arco da entrada, parte do Jefferson National Expansion Memorial no centro de St. Louis.

Historia[editar | editar a fonte]

St Louis Birdseye Map 1896.jpg

A área que se convertiría en St. Louis era o centro da cultura nativa americana do Mississippi, onde foron construídos numerosos templos e residencias movendo a terra da rexión, dando lugar ao seu apodo Mound City. A exploración europea da zona comenzou en 1673, cando os exploradores fraceses Louis Jolliet e Jacques Marquette viaxaron polo val do río Mississippi. Cinco anos máis tarde, La Salle reclamou a rexión de Francia como parte da Louisiana francesa.

Os primeiros asentamentos da zona construíronse en Illinois (tamén coñecido como o Alto de Louisiana) durante a década de 1700 e principios de 1960 en Cahokia, Kaskaskia e Fort de Chartres. Os emigrantes dos pobos orientáis franceses fundaron Ste. Genevieve, Missouri, a través do río Mississippi dende Kaskaskia, xa a principios de 1764, Pierre Laclede e o seu fillastro Auguste Chouteau fundaron a cidade de St. Louis.

Dende 1764 ata 1803 o control europeo da zona oeste de Mississippi na parte mais septentrional da conca do río Missouri, chamado Louisiana, foi asumido polos españois como parte do Virreinato da Nova España. En 1780, St. Louis foi atacado polas forzas británicas, na súa mayoría indíxenas estadounidenses, durante a Guerra da Independencia.

Século XIX[editar | editar a fonte]

ST. Louis transferíuselle a Francia en 1800, e logo foi vendido a Estados Unidos en 1803 como parte da compra de Louisiana, e a cidade convertiuse en capital territorial. Pouco despóis da compra, a expedición de Lewis e Clark deixou St. Louis en maio de 1804, alcanzando o Océano Pacífico no verán de 1805 e regresando o 23 de setembro de 1806. Tanto Lewis como Clark se quedaron a vivir en St. Louis. Moitos exploradores, tanto colonos coma cazadores (como Ashley Hundred) máis tarde tomaron unha ruta similar á de Occidente. A cidade elixiu aos primeiros lexisladores municipáis (denominados administradores fiduciarios) en 1808.

Os barcos de vapor apareceron por primeira vez en St. Louis en 1818, mellorando as conexións con Nova Orleans e os mercados orientais. Missouri convertiuse en estado en 1821, e a capital trasalouse a St. Louis, que foi incorporada como cidade en 1822 e continuou medrando gracias as conexións portuarias.

Os inmigrantes de Irlanda e Alemaña chegaron a St. Louis en masa a partir da década de 1840, e a población da cidade medrou de menos de 20.00 en 1840 a 77.860 en 1850, e a máis de 160.000 en 1860. A mediados da década de 1800, St. Louis tiña unha población mayor ca de Nova Orleans. A día de hoxe, St. Louis é a cidade máis grande controlada polos franceses na Louisiana francesa.

Durante a Guerra Civil Americana, foi lugar de importantes divisións, pero non de combates que se deron en 1861 no Campamento Affair Jackson. A guerra case arruinou económicamente a cidade debido ao bloqueo do tráfico fluvial. Finalmente St. Louis saíu ben parada gracias a construcción da primeira ponte (Eads) da zona sobre o río Mississippi en 1874.

O 22 de agosto de 1876, a cidade de St. Louis, votou separarse do Condado, e converterse en cidade independente. A súa enorme producción indrustrial continuou ao largo do século XIX, sendo lugar de empresas de renome. Tamén alí foi construído o Wainwritight Building, un rañaceos de principios de 1892.

Século XX[editar | editar a fonte]

En 1904, a cidade foi sede da Exposición Mundial e dos Xogos Olímpicos de Verán, convertindose na primeira cidade para organizar os Xogos Olímpicos. As ganancias da cidade proveñen principalmente da feira Forest Park, do St. Louis Art Museum, o Zoo de St. Louis e o Museo de Historia de Missouri.

A discriminación, a segregación e restriccións por causas raciales ou relixiosas era común na década de 1910 nesta cidade. A NAACP loitou contra estas causas durante a Segunda Guerra Mundial en 1970 loitábase contra elas.

Ao longo dos anos, a poboación aumentaba significativamente con motivo das empresas que se creaban en St.Louis, chegando aos 856.796 habitantes. Hoxe en día a cidade céntrase máis na renovación urbana, o que lle permitiu obter o premio en 2006 ao Liderazgo Mundial en favor a esta causa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Topografía[editar | editar a fonte]

Segundo o United States Census Bureau, St. Louis ten unha superficie total de 171,3 km2 (dos cales 160,4 km2 de terra e 11 km2 de auga)

A cidade está construida principalmente en acantilados e terrazas que se elevan por encima de 100-200 metros da ribeira oeste do río Mississippi. Gran parte da zona é unha terra cha fértil e que conta con pequenos montes e vales amplios e pouco profundos. Tanto o río Mississippi coma o Missouri cortaron grandes vales de forma ancha.

A maioría da pedra e caliza e dolomita. Existen covas, pero as maiorías foron cerradas. Algunhos manantiais seguen sendo visibles. O carbón, o barro e o mineral de millerita extráense da cidade. O río Peres é practicamente o único que se atopa dentro dos límites da cidade, que ocasionou en 1993 unha Gran Inundación.

A fronteira este da cidade é o río Mississippi, que tamén separa Missouri de Illinois. O río Missouri forma a fronteira norte do condado de St. Louis, a excepción dunhas poucas áreas onde o río cambiou o seu curso. O río Meramec forma a maior parte da fronteira sur de St.Louis.

Clima[editar | editar a fonte]

(Datos obtidos do Aeroporto Internacinal de St. Louis.)

The Captains' Return statue and Eads Bridge.JPG

St. Louis atópase na zona de transición entre un tipo de clima continental húmido e un tipo de clima subtropical húmido, nin as grandes montañas nin as grandes masas de auga consiguen moderar a temperatura. Está suxeito ao frío aire ártico xunto ao aire quente e húmido tropical do Golfo de México. A cidade conta con catro estacións moi ben diferenciadas. A primavera é a estación máis húmida, cun mal tempo que nos leva dende os tornados ata as tormentas invernáis. Os veráns son quentes e húmidos; as temperaturas van dende os 32ºC (que se producen 35 ou 40 días ao ano) ata os 38ºC (nun promedio de 5 días. O outono é templado, cunha humidade máis baixa que pode producir episodios intermitentes de fortes choivas coas primeiras neves que normalmente caen a mediados ou finais de novembro. Os invernos son fríos e con neve, con temperaturas baixo cero. As tormentas de inverno poden ser de choiva intensa conxelada, granizo ou neve. A temperatura media anual rexistrada no Aeroporto Internacional de St. Louis é de 14ºC e as precipitacións de 1.040 mm. A temperatura alta en Xulio é de 32ºC e a baixa en Xaneiro é de -5ºC, aínda que varía de ano en ano. As temperaturas extremas tanto baixas coma altas, danse soamente unhos 3 días ao ano. O rexistro máis baixo deuse o 23 de decembro de 1989 de -27ºC e o rexistro máis alto deuse o 14 de xulio de 1954 con 46ºC. O mes de xulio de 2012 foi o máis caluroso en 138 anos, cunha media de 31ºC. O inverno é a estación máis seca, con 191mm de precipitación. As nevadas estacionáis miden ata 50 cm. A primavera é a temporada máis húmida, con 297mm de precipitación. Os períodos secos duran unha ou dúas semanas, e son comúns durante as estacións de crecemento. St. Louis sofre tormentas durante uns 48 días ao ano de media, normalmente en primavera e poden ser moi duras, con rachas de vento moi forte, pedrolos de granizo e tornados (dos que algúns teñen historias bastante perxudiciais). Cando, en algúns outonos continúa o clima cálido coñecido como veranillo de San Martín, algunhas rosas continúan en flor ata case principios de decembro.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Antes da fundación da cidade, a zona era de pradaría e bosque aberto, mantido pola queima dos nativos americanos. As árbores son principalmente de carballo, bordo e nogueira, parecido aos bosques das montañas de Orzak. As zonas da ribeira son boscosas, de sicomoro estadounidese principalmente. St. Louis é a cidade que está máis ao norte na que se poden cultivar palmeiras durante todo o ano.

Na maior parte da zona residencial da cidade, plántase árbores grandes que fagan sombra e que sexan autóctonos. A maior área de bosque autóctono atópase no Forest Park. En outono, o cambio de cor das follas nótase moito. A maioría das especias son típicas do este, aínda que numerosas especies son invasoras, coma a madreselva xaponesa, que trata de retirarse dos parques.

Os grandes mamíferos que se encontran na cidade son coyotes e venados de cola branca, roedores como o esquío gris oriental e o coello de cola de algodón, así como a zarigüeya de Virginia. As aves grandes son abundantes nos parques, como o ganso de Canadá e o pato silvestre, así como aves costeiras como a garza Great Egret ou a garza Great Blue. As gaivotas son comúns ao largo do río Mississippi, xa que estas especies seguen o tráfico de barcazas. En inverno, atópanse poblacións de águias calvas xunto o río Mississippi, en torno á cadea da Ponte Rocks. A cidade está na ruta migratoria do Mississippi, utilizada por aves migratorias, e ten unha grande variedade de especies de aves pequenas, comúns ao leste dos EUA. O eurasiático Tree Sparrow, unha esprecie introducida, limítase en America do Norte para os condados dos arredores de St. Louis. Tower Grove Park, é unha área de observación de aves moi coñecida na cidade. As ranas atópanse de xeito común na primavera, sobre todo despóis de extensos periodos húmidos. As especies comúns inclúen o sapo latino e as ranas de coro, comumente chamadas peepers, que se atopan na primavera en case todos os estanques. Ao redor destes lugares atopamos tamén mariquitas e cigarras. Os mosquitos e as moscas domésticas comúns, son moi abundantes, polo que os edificios contan con pantallas e proyectado nos porches. As poblacións invasoras de abellas disminuíron moito nos últimos anos, e numerosas especies nativas de insectos polinizadores recuperaronse para encher o seu nicho ecolóxico.

Demografía[editar | editar a fonte]

St. Louis medrou lentamente ata a Guerra Civil Americana, cando a industrialización e a inmigración provocou un boom e alcanzou o máximo pico de poboación en 1950. Este ano, a Oficina do Censo informou que a poboación de St. Louis era un 82% branca e un 17,9% afroamericana. Despois da Segunda Guerra Mundial, St. Louis comezou a perder poboación dos suburbios, en primeiro lugar debido á crecente demanda de novas vivendas.

De acordo co censo de 2010 dos EUA, St. Louis tiña 319.294 persoas que viven en 142.057 fogares, dos cales 67.488 eran familiares. A densidade de poboación era de 5.158,2 persoas por 1.990,6 km2. Ao redor do 24% da poboación tiña 19 anos ou menos, o 9% de 20 a 24 anos, o 31% de 23 a 44, o 25% de 45 a 64 e o 11% tiña 65 anos ou máis. A idade media era de 34 anos.

St Louis Rivers.png

A poboación era do 49,2% americanos africanos, o 43,9% brancos (dos cales o 42,2% eran brancos non hispanos), o 2,9% asiáticos o 0,3% nativos americanos de Alaska e o 2,4% eran mezclas de duas ou máis razas.

No 2000 a renta mediana para unha casa na cidade era de $29.156, e a renta mediana para unha familia era de $32.585. Os varóns tiñan unha renta mediana de $31.106, as mulleres de $26.987. O ingreso per cápita foi de 18.108 dólares. Cerca do 19% das vivendas da cidade estaban baleiras, e un pouco menos da metade de elas non eran estructuras libres para a venta ou alquiler. En 2010, as donacións per cápita en liña e o voluntariado atópase entre as máis altas de todo EUA.

Economía[editar | editar a fonte]

No 2012 o produto bruto metropolitano (GMP) de St. Louis foi de 133.100 millóns de dólares, o 21º máis alto do país. De acordo co Censo Económico do 2007, a fabricación na cidade levou a cabo cerca de $11 mil millóns en negocios, seguido polo coidado da saúde e a industria de servizos sociais con $3,5 mil millóns, servicios profesionáis ou técnicos con $3,1 mil millóns, e o comercio ao por menor con 2.500 millóns de dólares. O sector da saúde foi o maior empleador na área, con 34.000 traballadores, seguidos por traballos administrativos e de apoio, con 24.000, fabricación, con 21.000, e servicio de comida con 20.000.

Os ríos de St. Louis xogan un papel importante nas mercancías que circulan, especialmente de materias primas a granel, como cereais, carbón, sal e algúns produtos químicos e derivados do petróleo. O porto de St. Louis, en 2004, foi o terceiro porto de terra de máis grande tonelaxe no país, e o 21 máis grande de calquera tipo.

Cultura[editar | editar a fonte]

Cos numerosos emigrantes franceses católicos nos siglos XIX e XX, St. Louis é un centro importante na relixión católica nos EUA St. Louis tamén conta coa maior sociedade de cultura ética. Varios lugares de culto da cidade son dignos de mención, como a Catedral-Basílica de St. Louis, onde ese atopa o mosaico máis grande do mundo.

Outras igrexas locales tamén inclúen á basílica de St. Louis, rey de Francia. A catedral máis católica romana máis antiga e a Abadía de St. Louis, cuxo estilo arquitectónico ganou múltiples premios no momento da súa finalización en 1962, e San Francisco de Sales Oratorio, unha igrexa neogótica terminada en 1908, e a segunda igrexa máis grande da cidade.

Atraccións culturais son: o arco da entrada, o Loop Delmar, as artes escénicas e a música como o blues, o jazz e o ragtime. A cidade é o fogar da Orquesta Sinfónica de St. Louis, a segunda máis antiga dos Estados Unidos e ata 2010, tamén fo fogar de KFUO-FM unha das máis antigas estacións de radio de música clásica ao oeste do río Mississippi.

St. Louis, é unha cidade única, que inclúe unha cociña rexional na que salienta a tostada de ravioli, o pastel de mantequilla, o queixo Provel, o fondeiro, o sándwich Gerber, o sándwich de St. Paul, e a pizza típica.

Deporte[editar | editar a fonte]

St. Louis é o fogar de equipos profesionais de fútbol americano, béisbol e hockey. Tamén hai equipos universitarios e amateurs.

Equipos deportivos profesionais de St. Louis
Club Deporte Liga Lugar
St. Louis Cardinals Baseball Major League Baseball Busch Stadium
St. Louis Rams American football National Football League Edward Jones Dome
St. Louis Blues Ice hockey National Hockey League Scottrade Center

Parques[editar | editar a fonte]

A cidade conta con máis de 100 parques, que inclúen instalacións deportivas, parques infantís, lugares para concertos, zonas de picnic e lagos. O que máis salienta é o Forest Park, situado no borde occidental da cidade, é o parque máis grande da cidade, aínda que non é o máis grande da rexión. Outro parque importante da cidade é o Jefferson National Expansion Memorial, un monumento nacional sito na ribeira do río no centro de St. Louis. A peza central do parque mide 192 m de altura Gateway Arch, foi diseñada polo arquitecto Eero Saarinen e rematouse o 28 de outubro de 1965. Tamén forma parte do parque que se atopa no antigo Palacio da Xustiza, donde se celebraron os dous primeiros ensaios de Dred Scott V Sandford en 1847 e 1850.

Tower Grove Park Scene 1.jpg

Outros parques son o Xardín Botánico de Missouri, Tower Grove Park e o parque da cidade. O xardín botánico é un centro de investigación privado e inclúe o Climatron, un invernadoiro construido como unha cúpula xeodésica. O tower Grove é un regalo á cidade de parte de Henry Shaw, alí atópanse todo tipo de esculturas de diversos autores: Julian Opie, Mark di Suvero...O parque divídese tamén en tres seccións, cada unha das clases representa un tema diferente: acantilados fluviais, terras chás inundadas e xardíns urbanos. O parque conta tamén cun restaurante (The View Terrace). Outro parque de esculturas no centro da cidade é o Parque de Esculturas de Serra, coa escultura de Richard Serra, Twain (1982)

Educación[editar | editar a fonte]

As 77 escolas públicas no centro da cidade estan rexidas por un consello designado polo Estado e teñen máis de 25.000 estudantes. A cidade conta tamén con varios colexios privados, laicos, católicos e luteranos.

St. Louis ten dúas universidades nacionales de investigación a Universidade de Washingtong en St. Louis e a St. Louis University, segundo a clasificación de acordo coa Clasificación Carnegie de intistitucións de educación superior. Ademais conta cun seminario: Covernant Theological Seminary.

Medios[editar | editar a fonte]

St. Louis conta cun amplísimo mercado de medios de comunicación, o 21º dos EUA, unha posición que mantén con pouca variación dende hai máis de dez anos. Todas as principais cadenas de televisión de Estados Unidos teñen filiales en St. Louis, incluíndo KTVI 2 (Fox), KMOV 4 (CBS), KSDK 5 (NBC), KETC 9 (PBS), KPLR-TV 11 (CW), KDNL 30 (ABC), WRBU 46 (MNTV) e WPXS 51 Daystar Television Network. Entre as estacións de radio as máis populares de St. Louis son KMOX (AM), KLOU (FM), WIL-FM (FM), WARH (FM), e KSLZ (FM). St. Louis tamén é compatible coa radio pública con KWMU, un NPR afiliado, e a radio comunitaria con KDHX . Todas as estacións de deportes, tales como KFNS 590 AM "The Fan", WXOS "ESPN 101.1", e KSLG tamén son populares en St. Louis.

O St. Louis Post-Dispatch é o xornal da rexión. Outros periódicos da rexión son as Suburban Journals, e o periódico alternativo principal é o Riverfront Times. Existen tres semanarios populares entre a comunidade afro-americana: o St. Louis Argus, o St. Louis American, o St. Louis Sentinel. Tamén existen outros non menos importantes como o St. Louis Business Journal ou o St. Louis Beacon.

Arquitectura y barrios[editar | editar a fonte]

St. Louis skyline September 2008.jpg

St. Louis posúe diferentes exemplos significativos da arquitectura do século XIX. A cidade está divida en 79 barrios designados polo goberno. As divisións da veciñanza non teñen personería xurídica, ainda que algunhas asociacións de veciños administran as donacións e tratan de ter poder de veto sobre o desenrolo histórico do distrito.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

St. Louis está irmandada con 16 cidades: