Ribosoma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Os ribosomas son orgánulos celulares onde se sintetizan as proteínas. Estes atópanse no citoplasma da célula e están compostos por unha mestura de ARN e proteínas. Os ribosomas son pequenas fábricas que conteñen o equipo necesario para interpretar a mensaxe do ARN mensaxeiro e traducilo a proteínas.
[editar] Funcións
A información xenética está no ADN. Esa información transcríbese en ARN.
O ribosoma le o ARN mensaxeiro e ensambla a proteína cos aminoácidos fornecidos polos ARN de transferencia, este proceso denomínase síntese de proteínas.
Tódalas proteínas están formadas por aminoácidos. Entre os seres vivos descubríronse ata agora 22 aminoácidos. Cada aminoácido está codificado por un ou máis codóns (ou tripletes) e por iso o código xenético está dexenerado. O comezo da secuencia é, en xeral, o codón AUG que codifica para o aminoácido metionina. Ao final da secuencia sitúase un codón que indica o final da protína: é o codón de terminación. O código xenético é universal porque cada codón codifica para o mesmo aminoácido entre a maioría dos organismos (non todos).
O ribosoma consta de dúas partes, a subunidade maior e unha menor, estas saen do núcleo celular por separado. Por experimentación pódese dicir que se manteñen unidas por cargas, xa que ao baixarse a concentración de Mg 2, as subunidades tenden a separarse. O ribosoma procariota ten un coeficiente de sedimentación de 70s e está formado por dúas subunidades (50s e 30s). O ribosoma eucariota ten un coeficiente de sedimentación de 80s (formado por dúas subunidades, unha de 60s e outra de 40s). Este pódese atopar unido ao retículo endoplasmático rugoso (RER), que é a forma habitual na célula eucariota, ou atoparse no citoplasma, onde recibe o nome de polisoma ou polirribosoma (forma habitual na célula procariota). Este polisoma encárgase de sintetizar proteínas de localización celular, mentres que os ribosomas do RER encárganse de sintetizar proteínas de exportación, ou sexa que se irán da célula cara a outro lugar onde sexan necesarios.
Por exemplo:
O ARN é este:
- AUG indícalle que ten que empezar a ensamblar ou encaixar a proteína; é un codón de iniciación.
- GCC é Alanina. Colle alanina (un aminoácido) e suxéitao.
- AAC é Arginina, úneo coa alanina.
- GGC é Glicina, encáixao á arginina.
- AUG era o símbolo de iniciación, pero xa comezou; así que o interpreta como Metionina. Une o aminoácido metionina coa glicina anterior.
- CCU é Prolina. Encaixa a prolina á metionina.
- ACU é Serina. Encaixa a serina coa prolina.
- UAA é terminación. Deixa de encaixar a proteína.
Xa que logo, a proteína encaixada foi: Alanina-Arginina-Glicina-Metionina-Prolina-Serina.
|
|
|
|---|---|
| Sistema endomembranoso | Membrana celular - Núcleo (Nucléolo) - Retículo endoplasmático - Aparato de Golgi - Peroxisoma - Parentosoma Vesículas (Lisosomas - Endosomas - Fagosomas - Vacúolos) Gránulo citoplasmático (Melanosoma - Microcorpo - Glioxisoma - Corpo Weibel-Palade) |
| Endosimbiose | Mitocondria - Plastos (Cloroplasto - Cromoplasto - Amiloplasto) |
| Citoesqueleto | Microfilamentos - Filamentos intermedios - Microtúbulos - Centríolos |
| ADN | Cromosomas (Cromatina - Cromátide - Centrómero) - Plásmidos |
| Externas | Parede celular - Cilio/Flaxelo - Acrosoma |
| Outras | Citoplasma - Ribosoma - Centro de organización microtubular (Centrosoma - Corpo basal) - Proteasoma |