3 de decembro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| << | Decembro | >> | ||||
| Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | 31 | |||||
| 2013 Todos os días |
||||||
O 3 de decembro é o 337º día do ano do calendario gregoriano e o 338º nos anos bisestos. Quedan 28 días para finalizar o ano.
2 de decembro < 3 de decembro < 4 de decembro
Índice |
Acontecementos [editar]
- 1800 - Aplícase, por primeira vez en España, a vacina contra a varíola (descuberta en 1796).
- 1967 - O cirurxián Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón na Universidade surafricana de Cidade do Cabo. O paciente, Louis Washkansky, sobreviviu 18 días.
- 1976 - Fidel Castro asume o cargo de presidente de Cuba.
- 1984 - En Bhopal, na India, un escape de gases tóxicos nunha planta de pesticidas da empresa Union Carbide causa a morte de miles de persoas.
- 1992 - O petroleiro grego Mar Exeo naufraga fronte a Coruña provocando un vertido dunhas 80.000 toneladas de cru.
Nacementos [editar]
- 1684 - Ludvig Holberg dramaturgo, historiador e ensaísta danés da Ilustración, considerado pai da literatura danesa e norueguesa. (m. 1754)
- 1795 - Rowland Hill, profesor e reformador social británico (m. 1879).
- 1883 - Anton Webern, compositor austríaco (m. 1945).
- 1886 - Manne Siegbahn, físico sueco (m. 1978).
- 1902 - Bibiano Fernández Osorio-Tafall, científico e político galego.
- 1922 - Sven Nykvist, director de fotografía sueco.
- 1924 - John Backus, informático estadounidense (m. 2007).
- 1926 - Agustín Sixto Seco, médico galego.
- 1930 - Jean-Luc Godard, cineasta francés.
- 1933 - Paul J. Crutzen, químico holandés.
- 1948 - Ozzy Osbourne, cantante estadounidense de rock.
- 1960 - Julianne Moore, actriz estadounidense.
- 1965 - Juan Valdivia, guitarrista de Héroes del Silencio.
Mortes [editar]
- 1552 - Francisco Xabier, santo navarro (n. 1506).
- 1592 - Alexandre Farnesio, Duque de Parma e Piacenza (n. 1545).
- 1894 - Robert Louis Stevenson, escritor escocés (n. 1850).
- 1900 - José Ojea Otero, político e escritor galego (n. 1845).
- 1902 - Prudente de Morais, ex-presidente do Brasil.
- 1919 - Auguste Renoir, pintor impresionista francés (n. 1841).
- 1936 - Luis Rastrollo, mestre e sindicalista (n. 1908).
- 1936 - Manuel Maroño Calvo, sindicalista e político galego (n. 1899).
- 1937 - Attila József, poetas húngaro (n. 1905).
- 1963 - José Rubinos Ramos, xesuíta, escritor en lingua galega (n. 1898).
Festas e celebracións [editar]
- Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
- Día Internacional do Euskera.
Santoral [editar]
Outros [editar]
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro