Max Ferdinand Perutz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Ferdinand Perutz
Max Perutz.jpg
Datos persoais
Nacemento 19 de maio de 1914
Lugar Viena Flag of Austria-Hungary (1869-1918).svgImperio austrohúngaro
Falecemento 6 de febreiro de 2002
Lugar Cambridge Inglaterra Inglaterra
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade austriaco
Etnia
Cóncuxe
  • Gisela Peiser (1942)
Fillos {{{fillos}}}
Relixión xudeu
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Max Ferdinand Perutz, OM nado o 19 de maio de 1914 en Viena (Imperio austrohúngaro) e finado o 6 de febreiro de 2002 en Cambridge, (Inglaterra), foi un químico británico, de orixe austríaco, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Viena, naqueles momentos situada no Imperio austrohúngaro, pero que hoxe en día é a capital de Austria. Estudou química na Universidade de Viena, onde se licenciou en 1935. Ao ano sigüiente ingresou no Laboratorio Cavendish da Universidade de Cambridge en Inglaterra como estudante de investigación baixo a dirección de John Desmond Bernal. Durante a II Guerra Mundial (1939-1945) foi arrestado acusado de ser inimigo do goberno británico e pasou dous anos (1941-1943) en campos de prisioneiros. En 1943 foi liberado e en 1945 permitíuselle renovar o seu traballo en Inglaterra.

En 1962 converteuse en presidente do Laboratorio de Bioloxía Molecular de Cambridge, cargo que ocupou ata 1979.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Nos Laboratorios Cavendish iniciou a súa investigación acerca da hemoglobina. No laboratorio de bioloxía molecular do Britain's Medical Research Council, e en colaboración con John Cowdery Kendrew, continuou estudando a estrutura das proteínas da hemoglobina, en particular a hemoglobina da sangue de cabalo, mediante a utilización da difracción de raios X.

A principios da década de 1950 Perutz converteuse en mentor de James Watson, momento no cal Watson determinou, xunto a Francis Crick, a estrutura do ácido desoxirribonucleico (ADN).

En 1953 descubriu que, incorporando un átomo pesado (ouro ou mercurio) a cada unha das moléculas da rede cristalina da hemoglobina, producíanse pequenas modificacións na súa correspondente posición, a interpretación do cal permitiulle dar a coñecer en 1960 o primeiro modelo tridimensional da molécula da hemoglobina. En 1959 conseguiu determinar a estrutura molecular da mioglobina, pola cal Perutz e Kendrew foron galardoados co Premio Nobel de Química de 1962.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Melvin Calvin
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1962
con
John Cowdery Kendrew
Sucesor:
Karl Ziegler
e
Giulio Natta