Irene Joliot-Curie
Irène Joliot-Curie |
|||
|---|---|---|---|
| Nacemento | 12 de setembro de 1897 París |
||
| Morte | 17 de marzo de 1956 París |
||
| Residencia | Francia | ||
| Nacionalidade | francesa | ||
| Campo | química | ||
| Alma mater | La Sorbonne | ||
| Director tese | Paul Langevin | ||
| Coñecido por | Transmutación | ||
|
|||
| Seus pais forón os tamén premio Nobel Marie Curie e Pierre Curie | |||
Irène Joliot-Curie, nada en 1897 e finada en 1956, foi unha química francesa galardoada co Premio Nobel de Química en 1935.
Índice |
Traxectoria [editar]
Filla dos tamén famosos científicos Marie Curie e Pierre Curie, naceu en París o 12 de setembro de 1897. Estudou na Sorbona, tendo que interromper os seus estudos pola I Guerra Mundial, na que serviu como enfermeira radióloga. Tra-la guerra, obtivo o doutorado en ciencias cunha tese sobre os raios alfa no polonio.
Casamento e Nobel [editar]
No 1926 casou con Frédéric Joliot, colaborando ambos no estudo da radiactividade natural e artifical, transmutación dos elementos e física nuclear. No 1935 ambos conseguiron o Premio Nobel de Química. No 1938, a súa investigación sobre a acción dos neutróns nos elementos pesados foi un paso importante no descubrimento da fisión nuclear. No 1937 foi nomeada profesora na Facultade de Ciencias de París, e no 1946, directora do Instituto de Radiación.
Activista da paz, tivo un forte interese nos dereitos da muller, chegando a ser membro do Comité Nacional da Unión de Mulleres Francesas e do Consello Mundial da Paz. Ocupou a Cátedra de Física Nuclear na Sorbona, e foi asemade nomeada Vicesecretaria de Estado para a Investigación Científica. Foille concedida a Lexión de Honra francesa.
Frédéric e Irene Joliot-Curie tiveron unha filla, Helena e un home, Pierre.
Morreu o 17 de marzo de 1956 en París, a causa dunha leucemia contraída no seu traballo.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1935 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Irene Joliot-Curie en NNDB (en inglés)
| Predecesor: Harold Clayton Urey |
Premio Nobel de Química 1935 con Frédéric Joliot |
Sucesor: Peter Joseph Wilhelmus Debye |