Elemento químico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Un elemento químico, ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número atómico do elemento. Por exemplo, todos os átomos con 6 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento químico carbono, mentres que todos os elementos con 92 protóns nos seus núcleos son átomos do elemento uranio.

Coñécense no mundo millóns de compostos que se atopan de maneira espontánea na Natureza ou que foron credos polo home. Cada un destes compostos é o resultado da combinación de dous ou máis elementos químicos.

Coñécense máis de 112 elementos, 93 dos cales son naturais e o resto artificiais. Algúns son moi comúns e necesarios, como o carbono, o osíxeno ou o hidróxeno. Outros, creados artificialmente en aceleradores de partículas ou en reactores atómicos, son tan raros que só existen durante milésimas de segundo.

A ordenación destes elementos en función das súas propiedades físicas e químicas, dá lugar á chamada Táboa periódica dos elementos.

Elementos químicos
  1. Hidróxeno
  2. Helio
  3. Litio
  4. Berilio
  5. Boro
  6. Carbono
  7. Nitróxeno
  8. Osíxeno
  9. Flúor
  10. Neon
  11. Sodio
  12. Magnesio
  13. Aluminio
  14. Silicio
  15. Fósforo
  16. Xofre
  17. Cloro
  18. Argon
  19. Potasio
  20. Calcio
  21. Escandio
  22. Titanio
  23. Vanadio
  24. Cromo
  25. Manganeso
  26. Ferro
  27. Cobalto
  28. Níquel
  29. Cobre
  30. Cinc

31 Galio

32 Xermanio

33 Arsénico

34 Selenio

35 Bromo

36 Cripton

37 Rubidio

38 Estroncio

39 Itrio

40 Circonio

41 Niobio

42 Molibdeno

43 Tecnecio

44 Rutenio

45 Rodio

46 Paladio

47 Prata

48 Cadmio

49 Indio

50 Estaño

51 Antimonio

52 Telurio

53 Iodo

54 Xenon

55 Cesio

56 Bario

57 Lantano

58 Cerio

59 Praseodimio

60 Neodimio


61 Promecio

62 Samario

63 Europio

64 Gadolinio

65 Terbio

66 Disprosio

67 Holmio

68 Erbio

69 Tulio

70 Iterbio

71 Lutecio

72 Hafnio

73 Tántalo

74 Volframio

75 Renio

76 Osmio

77 Iridio

78 Platino

79 Ouro

80 Mercurio

81 Talio

82 Chumbo

83 Bismuto

84 Polonio

85 Astato

86 Radon

87 Francio

88 Radio

89 Actinio


90 Torio

91 Protoactinio

92 Uranio

93 Neptunio

94 Plutonio

95 Americio

96 Curio

97 Berquelio

98 Californio

99 Einsteinio

100 Fermio

101 Mendelevio

102 Nobelio

103 Laurencio

104 Rutherfordio

105 Dubnio

106 Seaborxio

107 Bohrio

108 Hassio

109 Meitnerio

110 Darmstadtio

111 Roentgenio

112 Copernicio

113 Ununtrio

114 Ununquadio

115 Ununpentio

116 Ununhexio

117 Ununseptio

118 Ununoctio


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]