Jorge Luis Borges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Luis Borges
Jorge Luis Borges
Nacemento: 24 de agosto de 1899
Bos Aires, Arxentina
Falecemento: Xenebra, Suíza
14 de xuño de 1986
Lingua: castelán
Xénero(s):

Jorge Francisco Isidoro Luis Borges Acevedo foi un escritor arxentino (Bos Aires, Arxentina; 24 de agosto de 1899 - Xenebra, Suíza; 14 de xuño de 1986) e unha das glorias das letras latinoamericanas. É coñecido especialmente polos seus contos e ensaios e a súa destacada obra poética.

Índice

[editar] Biografía

Fillo dun avogado e profesor de psicoloxía, estudou primeiro en Arxentina e, durante a súa xuventude, en Suiza. Neste país entrou en contacto cos expresionistas alemáns, e en 1918, á conclusión da Primeira Guerra Mundial, relacionuse en España cos poetas ultraístas, que influiron poderosamente na súa primeira obra lírica. Tres anos máis tarde, xa de regreso en Arxentina, introduciu neste país o ultraísmo a través da revista Proa, que fundou xunto a Ricardo Güiraldes, Bramón, Rojas e Macedonio Fernández. Por aquel entón inicióu tamén a súa colaboración nas revistas Sur, dirixida por Victoria Ocampo e vencellada ás vangardas europeas, e Revista de Occidente, fundada e dirixida polo filósofo español José Ortega y Gasset. Máis tarde escribiu, entre outras publicacións, en Martín Fierro, unha das revistas clave da historia da literatura arxentina da primeira mitade do século XX.

Porén, a súa formación europeísta, reivindicou tematicamente as súas raíces arxentinas, e en particular porteñas, en poemarios como Fervor de Buenos Aires (1923), Luna de enfrente (1925) e Cuaderno de San Martín (1929). Compuxo letras de tango e milonga, se ben fuxiu da «sensiblería do inconsolable tango-canción e o manexo sistemático do lunfardo, que infunde un ambiente artificioso ás sinxelas coplas». Nas súas letras e algúns relatos nárranse as dubidosas fazañas dos coiteleiros, ós que mostra en toda a súa despoxada brutalidade.

Pero se a poesía foi un dos fundamentos do seu quefacer literario, o ensaio e a narrativa foron os xéneros que lle reportaron o recoñecemento universal. Dotado dunha vasta cultura, elaborou unha obra de grande solidez intelectual sobre a andamiaxe dunha prosa precisa e austera, a través da cal manifestóu un irónico distanciamento das cousas e o seu delicado lirismo. As súass estruturas narrativas alteran as formas convencionais do tempo e do espazo para crear mundos alternativos de grande contido simbólico, contruidos a partir de reflexos, inversións e paralelismos. Os relatos de Borges toman a forma de adiviñas, ou de potentes metáforas de trasfondo metafísico.

Foi profesor de literatura inglesa na Universidade de Buenos Aires, presidente da Asociación de Escritores Arxentinos e director da Biblioteca Nacional, cargo que ocupou desde 1955 ata a súa renuncia en 1973 debido ó regreso ó poder de Juan Domingo Perón. Traduciu ó castelán importantes escritores estadounidenses, como William Faulkner, e publicou con Adolfo Bioy Casares unha Antoloxía da literatura fantástica (1940) e unha Antoloxía da poesía gauchesca (1956), así como unha serie de narracións policíacas, entre elas Seis problemas para don Isidro Parodi (1943) e Crónicas de Bustos Domecq (1967), que firmaron co seudónimo conxunto de H. Bustos Domecq. Algúns dos máis importantes premios que Borges recibiu foron o Nacional de Literatura, en 1957; o Internacional de Editores, en 1961; o Formentor, compartido con Samuel Beckett, en 1969; o Cervantes, máximo galardón literario en lingua castelá, compartido con Gerardo Diego, en 1979; e o Balzan, en 1980. Tres anos máis tarde, o goberno español concedeulle a Gran Cruz da Orde de Alfonso X el Sabio. A pesar do seu enorme prestixio intelectual e o recoñecemento universal que mereceu a súa obra, non foi distinguido co Premio Nobel de Literatura. Borges casou dúas veces. A primeira con Elsa Astete; a segunda, practicamente in articulo mortis, con María Kodama.

[editar] Obra

Borges, ademais de contos, escribiu poesía e unha considerable cantidade de crítica literaria. É considerado un dos mellores escritores sudamericanos do século XX. A súa cegueira, desenvolvida, ó igual que o seu pai, durante a idade adulta, influenciou enormemente a súa escritura posterior.

A ficción borxiana é profundamente erudita, e sempre concisa. A maioría das súas máis populares historias abondan na naturaza do tempo, o infinito, os espellos, laberintos, a realidade e a identidade, namentres outras céntranse en temas fantásticos. O mesmo Borges conta historias máis ou menos reais da vida sudamericana, historias de heroes populares, soldados, gauchos, detectives e figuras históricas, mesturando a realidade coa fantasía e os feitos coa ficción.

Á marxe da ficción, a súa obra é abondosa e valiosa, incluindo aguda crítica literaria e de cine, curtas biografías, e ensaios filosóficos. Explorou ademais, desde un punto de vista empírico ou racional os temas das súas obras de ficción. En artigos como "La historia del tango" e "Los traductores de las Mil y una Noches" escribiu lucidamente acerca de feitos e elementos seguramente autobiográficos.

Borges foi, ademais, un notable tradutor ó español; á idade de 10 anos, traduciu a Oscar Wilde. Cría Borges que a tradución podía superar o orixinal e que a alternativa e potencialmente contraditoria revisión do orixinal podía ser igualmente válida, máis aínda, que o orixinal ou a tradución literal non tiña por que ser fiel á tradución. Ó longo da súa vida, traduciu, modificando sutilmente, o traballo de, entre outros, Edgar Allan Poe, Franz Kafka, Hermann Hesse, Rudyard Kipling, Herman Melville, André Gide, William Faulkner, Walt Whitman, Virginia Woolf e G.K. Chesterton.

[editar] Coleccións

[editar] Contos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas