Julio Cortázar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Julio Cortázar, nado en Bruxelas o 26 de agosto de 1914 e finado en París o 12 de febreiro de 1984, foi un escritor arxentino.
Índice |
Traxectoria [editar]
Estudou Letras e Maxisterio, traballou na docencia e foi tradutor en varias cidades do interior na Arxentina. Trasladouse a París, onde fixou a súa residencia no 1951, para dedicarse á literatura, desenvolvendo unha actividade narrativa única no panorama da lingua castelá.
Parte dos contos de Julio Cortázar constitúen as pezas máis perfectas do xénero. Coa novela Rayuela marcou un antes e un despois na narrativa contemporánea.
Obras [editar]
Contos [editar]
- Bestiario, 1951.
- Final de juego, 1956.
- Historias de cronopios y de famas, 1962. Un dos seus relatos, Discurso do Oso, é a primeira obra do aoutor traducida ao galego[1].
- Todos los fuegos el fuego, 1966.
- El perseguidor y otros cuentos, 1967.
- Octaedro, 1974.
- Un tal Lucas, 1979.
- Queremos tanto a Glenda, 1980.
- Deshoras, 1982.
Novela [editar]
Ensaio [editar]
- La vuelta al día en ochenta mundos, 1967.
Notas [editar]
- ↑ http://www.galiciae.com/nova/11034.html Kalandraka publica a primeira tradución de Córtazar ao galego