Hipocorístico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un hipocorístico (do grego antigo ὑποκοριστικός, derivado de ὑποκορίζομαι, ou sexa, "chamar con voz suave") é unha palabra que transmite afecto ou cariño, como os nomes Fran, Sabeliña, etc. ou os apelativos, como papá. Os hipocorísticos fórmanse de moitas maneiras, se ben a súa conformación fonética parte de diversas transformacións da palabra da cal se orixina, moitas veces motivadas na linguaxe infantil; entre eles podemos destacar:

  • a supresión de sons, por aférese (Nando por Fernando, Sefa por Xosefa), apócope (Reme < Remedios, Fran < Francisco, ou síncope (Maribel < María Isabel).
  • o engadido de sufixos: Carmucha, Carmela, Tucho < Antonio, Lucho < Emilio, Maúca < María, Pilocha, Carolo, Tonecho, Gorecho < Gregorio, Piño < Pepiño.
  • o uso de sons palatais: Chencha / Xenxa < Inocencia, Chinto < Xacinto.
  • a combinación de todos eles: Ducho < Cándido, Xeluca < Anxela, Chon < Asunción.

Os hipocorísticos tamén sofren transformacións fonéticas dificilmente explicables: Francisco > Farruco / Fuco. Ademais, algúns hipocorísticos acábanse consolidando e orixinando nomes 'novos', como Cataliña > Catuxa, Anxela > Xela, Isabel > Sabela, Alexandre > Xandre, etc.

Hipocorísticos de nomes masculinos simples[editar | editar a fonte]

  • Adriano - Adri, Dri
  • Alberte / Albertos - Berto , Beto
  • Alexandre - Alex, Xano, Ale, Xandre
  • André / Andrés - Necho, Nes
  • Antonio / Antón - Tonecho, Tocho, Tucho, Toneco, Toño, Totó, Ton, Tono, Toni, Toniño
  • Anxelo - Xeluco, Xelucho, Xelo
  • Arxemiro - Miro
  • Bruno - Bru, Buno
  • Camilo - Milo, Ca, Cacá
  • Carlos - Carlo Calolo, Lolo, Calucho, Liños
  • Daniel - Dan, Dani
  • Domingos - Mingos
  • Eduardo - Educho, Lalo, Edu, Edi
  • Emilio - Milucho, Miluco, Milo
  • Filipe - Fe, Lipe
  • Fernando - Nando, Fer
  • Francisco - Farruco, Fuco, Pucho, Paco, Pacucho, Chuco, Panchulo, Fran, Rucho, Pancho, Chico, Quico
  • Frederico - Rico, Quico
  • Gabriel - Gabri
  • Gregorio - Gorecho, Goro
  • Guillerme / Guillelme - Gui, Guiga, Guille
  • Gustavo - Guga, Gu, Gus, Tavo
  • Henrique - Quique, Rique
  • Humberto - Húmber, Humber, Beto, Berto
  • Ignacio / Inacio - Nacho
  • Leandro - Le, Leco
  • Leonardo - Leo
  • Luís / Lois - Lula, Luisiño, Liño, Lis
  • Manuel - Manolo, Lolo, Locho, Manecho, Nel, Lelo, Nelo, Manel, Maneco, Neco, Manu
  • Nicolás - Colás, Nico
  • Rafael - Rafa, Rafel, Fel
  • Raimundo - Mundo, Mun, Diño, Rai
  • Ramiro - Miro, Mucho
  • Ramón - Moncho
  • Ricardo - Cardocho, Carducho, Rico, Ricucho
  • Roberto - Berto, Beto, Róber
  • Rodrigo - Roi, Digo, Guigo, Rodri
  • Rubén - Biño, Rubi, Ben
  • Santiago - Santi, Chago
  • Sebastián - Sebas, Tián, Bastián
  • Vicente - Vituco, Chente
  • Vítor - Vitolo, Vituco, Vitocho, Vito
  • Xacinto - Chinto
  • Xerardo - Xe, Xer
  • Xoán - Xan
  • Xoaquín - Xaquín, Xocas, Quinocho, Quin, Quico
  • Xosé- Xepe, Pepe, Che, Cheíño, Piño, Pucho, Pepote, Cheíño, Cheché, Xo, Xose, Se

Hipocorísticos de nomes femininos simples[editar | editar a fonte]

  • Adriana - Drica, Dri, Adry, Ady
  • Alexandra - Ale, Le, Xandra, Xana
  • Amalia - Malucha
  • Amanda - Manda, Ami
  • Amelia - Meluca
  • Asunción - Xonxa, Chona, Choncha, Chon
  • Beatriz - Bea
  • Benigna - Benucha, Nucha
  • Camila - Mila, Ca, Cacá
  • Carme - Carmela, Carmucha, Mucha, Mela,
  • Claudia - Cacau, Clau
  • Cristiana - Cris, Crica
  • Daniela - Dani
  • Dolores - Lola, Loló, Lolecha
  • Eliana - Lía, Liña
  • Elvira - Viruca, Virucha
  • Fernanda - Fe, Nanda, Feciña, Nana
  • Francisca - Quica, Pacucha, Farruca, Pucha, Rucha
  • Gabriela - Biela, Gabi
  • Helena - Lena, Lenuca
  • Inmaculada - Inma, Adiña
  • Isabel - Sabela, Belucha, Beliña, Chabela, Beluca, Sabel, Bel, Isa, Belisa
  • Isadora - Dora
  • Luz - Lucha
  • Madalena - Mada
  • Manuela - Manola, Nola, Nela, Lela, Manu
  • María - Maruxa, Maúca, Uca, Maruca, Marucha, Mariquiña, Mari
  • María Dolores - Malores, Maloles, Maló, Madó, Mariló
  • María Elena - Malena
  • María Luísa - Marisa
  • María Xesús - Chus, Chusa, Chuchú
  • Matilde - Matusa, Matuca, Matucha, Mati
  • Mercedes - Merche, Chiruca
  • Mónica - Moca, Moni, Quiña
  • Natalia - Nati
  • Patricia - Pati
  • Paula - Pauliña, Pau
  • Pilar - Pilocha, Pitusa, Pilara, Pili
  • Prudencia - Pencha
  • Tereixa - Teruca, Terela, Terucha, Teté
  • Vanessa - Nessa, Van, Vane
  • Vitoria - Totora, Toia, Vi
  • Xosefa - Pepa, Sefa, Sesa, Sesé, Chefa, Pepucha, Fina, Finuca, Finucha
  • Xuliana / Xiana - Xiá

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007): 'Farruco, Paco, Fran: datos históricos e evolución dos hipocorísticos en Galicia', Revista Galega de Filoloxía 8, 11-56.