Puberdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A puberdade refírese ó proceso de cambios físicos no que o corpo dun neno se converte en adulto, alcanzando a capacidade da reprodución sexual.

O crecemento acelérase na primeira metade da puberdade, e acada o seu desenvolvemento ó final. As diferenzas corporais entre nenos e nenas antes da puberdade son case unicamente os seus xenitais. Durante a puberdade percíbense diferenzas máis acusadas en canto a tamaño, forma, composición e desenvolvemento funcional en moitas estruturas e sistemas do corpo. As máis obvias son as características sexuais secundarias. En senso estrito, o termo «puberdade» refírese ós cambios corporais na maduración sexual máis que ós psicosociais e culturais que conleva.

A adolescencia é o período de transición psicolóxica e social entre a infancia e a vida adulta. A adolescencia abrangue gran parte do período da puberdade, pero os seus límites están menos definidos, e refírese máis ás características psicosociais e culturais mencionadas anteriormente.

Puberdade como proceso físico[editar | editar a fonte]

Cambios físicos da puberdade nas nenas[editar | editar a fonte]

A hormona dominante no desenvolvemento feminino é o estradiol, un estróxeno. Mentres o estradiol promove o crecemento de mamas e do útero, é tamén a principal hormona condutora do crecemento pubertal e da maduración epifiseal.[1] Os niveis de estradiol soben máis cedo ou quedan máis tempo nas mulleres que nos homes [2].

Crecemento do pelo púbico[editar | editar a fonte]

O pelo púbico é polo xeral a segunda manifestación da puberdade. Tamén se lle refire como pubarquia, e os pelos poden verse por primeira vez ao redor dos labios. Aproximadamente nun 15% das nenas o pelo púbico aparece aínda antes de que os seos empecen a desenvolverse.

Cambios na vaxina, no útero, e nos ovarios[editar | editar a fonte]

A membrana mucosa da vaxina tamén cambia en resposta dos niveis ascendentes de estróxenos, engordando e adquirindo unha cor rosácea [3]. Tamén as características secrecións abrancazadas son un efecto normal dos estróxenos.

Inicio da menstruación e fertilidade[editar | editar a fonte]

O primeiro sangrado menstrual, tamén coñecido como menarquia aparece ao redor dos 10 aos 16 anos como promedio. Os períodos menstruais ao comezo case nunca son regulares e mensuais durante os primeiros anos [4]. A ovulación é necesaria para a fertilidade e pode ou non presentarse nos primeiros ciclos.

Cambio na forma pélvica, redistribución da graxa e composición corporal[editar | editar a fonte]

Durante este período, tamén en resposta aos niveis ascendentes de estróxeno, a metade inferior da pelve ensánchase (provendo un canle de nacemento máis ancho). Os tecidos adiposos aumentan a unha maior porcentaxe da composición corporal que nos homes, especialmente na distribución típica nas mulleres das mamas [5], cadeiras e coxas. Isto produce a forma corporal típica da muller [6].

Crecemento do pelo facial e corporal[editar | editar a fonte]

Nos anos e meses posteriores á aparición do pelo púbico [7] outras áreas da pel desenvolven pelo máis denso aproximadamente na secuencia seguinte: pelo axilar, pelo perianal, pelo encima dos beizos e pelo periareolar.

Aumento de estatura[editar | editar a fonte]

O crecemento é inducido polos estróxenos e comeza aproximadamente ao mesmo tempo que os primeiros cambios nos seos, ou ata uns cantos meses antes, facéndoo unha das primeiras manifestacións da puberdade nas nenas. O crecemento das pernas e os pés acelérase primeiro. A taxa de crecemento tende a alcanzar a súa velocidade máxima (tanto como 7,5-10 centímetros anuais).

Cheiro corporal, cambios na pel e acne[editar | editar a fonte]

Niveis ascendentes de andróxenos poden cambiar a composición de ácidos graxos da transpiración, resultando nun cheiro corporal máis "adulto". Isto a miúdo ocorre un ou máis anos antes que a telarquia e a pubarquia. Outro efecto inducido polos andróxenos é o aumento na secreción de aceite (sebo) na pel e cantidades variables de acne. Este cambio incrementa a susceptibilidade ao acne, que é un trazo característico da puberdade, variando en severidade.

Cambios físicos da puberdade nos nenos[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento androxénico do cabelo no corpo masculino

Desenvolvemento da musculatura[editar | editar a fonte]

Formación do corpo de adulto.

Crecemento dos testículos[editar | editar a fonte]

O crecemento dos testículos é unha das primeiras características polas cales un neno pódese dar conta de que está entrando na puberdade xa que estes aumentan de tamaño [8][9].

Pelo púbico nos nenos[editar | editar a fonte]

O pelo púbico adoita ser de entre as primeiras cousas que ocorren cando un neno alcanzou a puberdade. Aparece primeiramente ao redor da base do pene cunha cor clara, ata facerse máis grosos e rizados; tamén a súa cor faise máis escura e van nacendo máis e máis ata que cobren os xenitais.

Pelo corporal[editar | editar a fonte]

O eixe hipotálamo-hipófise-adrenal é o primeiro eixe que se ve afectado na puberdade. Empézanse a xerar hormonas tales como a androstenediona e dihidrotestosterona (DHT) ao redor dos 7/8 anos nas mozas e dos 9/10 anos nos mozos. Esta actividade elevada do eixe hipotalámico-hipofisario-adrenal coñecida como "adrenarquia" dá lugar á aparición do pelo púbico, pelo axilar, pelo facial (barba e bigote), pelo nas pernas e brazos, unha liña de pelo que se estende desde a pube ata o embigo, e no peito entre outras zonas.

Emisión nocturna[editar | editar a fonte]

Durante o súa puberdade e adolescencia, o neno pode ou non experimentar a súa primeira emisión nocturna, tamén coñecida como soño húmido ou polución nocturna. Normalmente é unha expulsión de seme, realizada cando o neno dorme e ten soños frecuentemente asociados con sexo ou simplemente polo rozamento do pene coa roupa. Desde ese momento o púber pode fecundar un óvulo.

Crecemento do pene[editar | editar a fonte]

Como se viu antes no púber o primeiro cambio que ocorreu foi o crecemento dos testículos antes que o pene [10].

Engrosamento da voz[editar | editar a fonte]

Cando un neno está na etapa de desenvolvemento as súas cordas vocais tórnanse máis grosas, de maneira que a voz queda grosa e masculina.

Cheiro corporal[editar | editar a fonte]

Alcanzada a puberdade, o neno comeza a expulsar cheiros característicos, especialmente tralo exercicio físico. A expulsión de suor por parte das glándulas sudoríparas aumenta na puberdade, o cal convértese, aínda que non decisivamente, nun factor importante que contribúe ao cheiro corporal. Este cheiro adoita cualificarse como desagradable e a súa intensidade pode variar de persoa a persoa e de momento en momento.

Crecemento en estatura[editar | editar a fonte]

O neno que alcanzou a puberdade entra nun novo proceso de crecemento en estatura dunha duración maior ao das nenas. Este proceso de crecemento usualmente dura ata os 23 anos de idade en homes, 21 en nenas. Non entanto o crecemento de talla pode observarse ata os 26 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. cita xornal |author=MacGillivray MH, Morishima A, Conte F, Grumbach M, Smith EP |title=Pediatric endocrinology update: an overview. The essential roles of estrogens in pubertal growth, epiphyseal fusion and bone turnover: lessons from mutations in the xenes for aromatase and the estrogen receptor |journal=Horm. Res. |volume=49 Suppl 1 |issue= |pages=2?8 |year=1998 |pmid=9554463 |doi=
  2. levels.
  3. Gordon (2005), p. 151
  4. Marshall (1986), p. 186–7
  5. Marshall (1986), p. 187
  6. Marshall (1986), p. 188
  7. cite journal |author=Tanner JM, Davies PS |title=Clinical longitudinal standards for height and height velocity for North American children |journal=J. Pediatr. |volume=107 |issue=3 |pages=317?29 |year=1985 |pmid=3875704 |doi=
  8. Marshall (1986), p. ?
  9. {{cite journal |author=Lee PA, Reiter EO |title=Genital size: a common adolescent male concern |journal=Adolescent medicine (Philadelphia, Pa.) |volume=13 |issue=1 |pages=171–80, viii |year=2002 |pmid=11841963
  10. Jones, Kenneth W. (2006). Smith's Recognizable Patterns of Human Malformation. St. Louis, Mo: Elsevier Saunders. ISBN 0-7216-0615-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]