Esterol
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Os esterois son un subgrupo de esteroides que levan un grupo OH no carbono 3 do anel A [1]. Caracterízanse por posuír o ciclo perhidrofenantreno, o cal é un núcleo policíclico complexo que pode presentar enlaces dobres (insaturados) e ramificacións. Estas substancias atópanse en abundancia nos organismos vivos, sobre todo en animais e nalgunhas algas vermellas. Son solúbeis nos disolventes orgánicos, e posúen un elevado punto de fusión.
Entre os esterois destacan o colesterol e a vitamina D.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||