Sabino Torres
Sabino Torres | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de xuño de 1924 |
Pontevedra | |
Falecemento | 23 de maio de 2016 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, xornalista e editor literario |
Xéneros | Poesía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sabino Torres Ferrer, nado en Pontevedra o 24 de xuño de 1924 e finado en Madrid o 23 de maio de 2016[1], foi un editor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa actividade xornalística en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 editou a colección Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi redactor-xefe e subdirector. En 1992 fundou a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez Negreira. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1952.[2]
Obra en galego[editar | editar a fonte]
- Ondas do mar comigo, 1997.
- Trovas de Nadal, 1999.
- Xograría nova, 2000.
- Intres de soidade, 2001.
- As tres columnas, 2008 (narrativa), Galaxia.
- Crónicas dun tempo escondido. Pontevedra 1930-1960, 2014, Galaxia.
- Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Falece en Madrid o escritor e editor pontevedrés Sabino Torres", artigo en Pontevedra Viva, 23 de maio de 2016.
- ↑ "Falece Sabino Torres, o primeiro editor de poesía en galego no franquismo". Sermos Galiza. 23 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 23 de maio de 2016.
- ↑ Ficha na web da Deputación de Pontevedra.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Sabino Torres". no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- "Sabino Torres". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 22 de novembro de 2019.
- María Conde (9/2/2008). "«En mi cuerpo el 50% son libros»". La Voz de Galicia.