Océano Índico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Océano Índico
Indico oceano.(gl)(es).jpg
Localización administrativa
País 39 países e 7 territorios (Ver: Países e territorios ribeiregos)
Localización xeográfica
Continente África, Asia e Oceanía
Xeografia
Subdivisións Índico Oriental, Occidental e Índico Sur

(inclúe os mares de Andamán, Arabia, Balí, Flores, Xava, Laquedivas, Vermello, Savu e Timor, o canle de Mozambique e os golfos de Adén, Aqaba, Bengala, Omán e Pérsico e a Gran Baía Australiana)

Illas interiores Illas do Índico
Superfície 73.556.000 km²
Anchura màxima ca. 10.000 km
Lonxitude costa 66.000 km
Profundidade màxima 7.125 m (Foxa de Xava)
Profundidade media 4.200 m
Mapa
Océano Índico en azul

Océano Índico en azul

O Océano Índico é un dos cinco océanos da Terra. Esténdese por unha superficie duns 75.000.000 km². Limitado ó norte pola India, Paquistán e Irán; ó leste por Birmania, Tailandia e Malaisia (todos eles en Asia e Australia); ó sur polo océano Antártico; e ó oeste por África e a Península Arábiga.

Por convención o océano Índico convértese no océano Atlántico á altura do Cabo de Boa Esperanza, no océano Pacífico á altura da illa de Tasmania e no océano Antártico a partir do paralelo 60º S.

Historia[editar | editar a fonte]

As economicamente importantes Ruta da Seda (vermello) e rutas comerciais das especias (azul) foron bloqueadas polo Imperio Otomán cara 1453 coa caída do Imperio Bizantino. Isto espoleó a exploración e atopouse unha nova ruta marítima ao redor de África , feito que provocou a era dos descubrimentos.
Carta do océano Índico do século XVII

As primeiras civilizacións do mundo desenvolvéronse ao redor do océano Índico, ao longo dos vales dos ríos Tigris e Río Éufrates, Nilo e Indo: en Mesopotamia (comezando con Sumeria), no antigo Exipto e no subcontinente indio (comezando coa civilización do val do Indo). Outras civilizacións tamén xurdiron en Persia (a partir do antigo Imperio Elamita), en Armenia (a partír do antigo Imperio Urartu) e máis tarde no sueste de Asia (a partir do antigo Reino de Funan).

Durante a primeira dinastía de Exipto (ca. 3000 a.C.) xa se enviaron expedicións a navegar polo Índico, viaxando ata Punt, que se cre era parte da actual Somalia. Os barcos que regresaban traían ouro e mirra. O primeiro exemplo coñecido de comercio entre Mesopotamia e o val do Indo (ca. 2500 a.C.) desenvolveuse ao longo do Índico. É posible que os fenicios de finais do III milenio a. C. entrasen tamén na zona, pero non deixaron asentamentos.

O Índico é un mar bastante tranquilo, e grazas a iso abriuse ao comercio antes que o Atlántico ou o Pacífico. O cedo coñecemento dos monzóns tamén fixo posible o seu navegación: cara ao oeste ao principio da época de monzóns, e logo, tras esperar uns meses, de regreso cara ao leste. Isto permitiu aos pobos de Indonesia cruzar o Índico para establecerse en Madagascar.

No século II a. C. ou século I a. C., Eudoxo de Cícico foi o primeiro grego coñecido en lograr cruzar o Índico, navegando ata a India. De Hippalus dise que descubriría a ruta directa desde Arabia ata a India ao redor desta época. Durante o século I e II a.C. desenvolvéronse relacións comerciais intensivas entre o Exipto romano e os reinos Tamil dos Cheras, Cholas e Pandyas do sur da India. Do mesmo xeito que os anteriores pobos indonesios, os mariñeiros occidentais utilizaron o monzón para cruzar o océano. O descoñecido autor do Periplo do Mar Eritreo, que se cre se escribiu entre o século I e o II, describe esta ruta e os portos e mercancías ao longo das costas de África e da India ao redor do ano 70 a. C.

De 1405 a 1433, o almirante chinés Zheng He conduciu grandes frotas da dinastía Ming en varias viaxes a través do océano Occidental (o nome chinés do Índico) e alcanzou os países costeiros da África oriental (véxase Zheng He para referencia).

En 1497, o navegante portugués Vasco da Gama logrou dobrar o cabo de Boa Esperanza e converteuse no primeiro europeo en navegar á India e máis tarde ao Afastado Oriente. Os barcos europeos, armados con pesados canóns, rápidamente dominaron o comercio. Portugal intentou lograr preeminencia establecendo fortes nos estreitos e portos importantes e dominou o comercio e o descubrimento ao longo das costas de África e Asia ata mediados do século XVII. Máis tarde, os portugueses foron desprazados por outras potencias europeas. A Compañía Holandesa das Indias Orientais (1602-1798) buscou o control do comercio con Oriente a través do Índico. Francia e Gran Bretaña estableceron compañías de comercio na zona e España estableceu unha importante operación comercial nas Filipinas e o Pacífico. Cara a 1815, Gran Bretaña converteuse na principal potencia no Índico.

A apertura do canal de Suez en 1869 reviviu o interese europeo no leste, pero ningunha nación tivo éxito en establecer o dominio do comercio. Desde a Segunda Guerra Mundial o Reino Unido viuse obrigado a retirarse da zona, sendo substituído pola India, a Unión Soviética e os Estados Unidos. Os dous últimos trataron de establecer o seu hexemonía negociando sitios para as súas bases navais. Os países en desenvolvemento que bordeaban o océano, con todo, trataron de que fora unha «zona de paz»[Cómpre referencia] para que se puidesen utilizar libremente as súas rutas de navegación. O Reino Unido e os Estados Unidos manteñen unha base militar no Atol Diego García no medio do océano Índico.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa batimétrico do océano Índico

As placas tectónicas africana, india e antártica converxen no punto triplo de Rodrigues, a súa conxunción está marcada por ramificacións da dorsal oceánica que forman un Y invertido, coa raíz que vai cara ao sur desde o límite da plataforma continental preto de Bombai, na India. As bacías leste, oeste e sur subdivídense en bacías máis pequenas por cristas submarinas.

Os principais puntos de estreitamento son Bab el Mandeb, o estreito de Hormuz, o estreito de Lombok, o estreito de Malaca e o estreito de Palk, os principais mares deste océano son o golfo de Adén, mar de Andamán, mar Arábigo, baía de Bengala, gran baía australiana, mar de Laquedivas, golfo de Mannar, canle de Mozambique, golfo de Omán, golfo Pérsico, mar Vermello e outros corpos de auga tributarios. Está conectado artificialmente co mar Mediterráneo pola canle de Suez, accesible vía o mar Vermello.

Illas do Océano Índico[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os cinco océanos
800px-LocationAtlanticOcean.png
Atlántico
800px-LocationArcticOcean.png
Ártico
800px-LocationIndianOcean.png
Índico
800px-LocationPacificOcean.png
Pacífico
800px-LocationSouthernOcean.png
Antártico

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Océano Índico