Mar Negro
Mar Negro | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar epicontinental |
Continente | Europa - Asia |
Cunca | 2 millóns Km2 |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Azov mar de Mármara (mar Exeo, mar Mediterráneo) |
Illas interiores | 10+ |
Afluentes | Danubio (2.888 km), Dniéper (2.290 km)), Dnister (1.352 km) Kubán (870 km) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía de Karkinit esteiro do Dniéper |
Penínsulas | Crimea |
Estreitos | Bósforo (Mármara) Dardanelos (Exeo) estreito de Kerch (Azov) |
Características | |
Superficie | 436 400 km²[1] |
Lonxitude máxima | 1175 km |
Profundiade máxima | 2212 m |
Capacidade | 547 000 km³ |
Outros datos | |
Salinidade | 17% |
Mapa | |
Localización do mar Negro. | |
Vista satélite | |
O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.[1]
Características[editar | editar a fonte]
Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. Descargan tamén no Mar Negro o Dnister, o Dniéper e o Don. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.
Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma de Ucraína.
Formación[editar | editar a fonte]
Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno[editar | editar a fonte]
O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.
Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, isto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estruturas constituídas polo ser humano a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destes moluscos indica que teñen unha idade duns 7 000 anos.
Tendo en conta estes feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocorreu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce superaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e desaugaba no Mar Mediterráneo.
Teoría da inundación ou o dioivo[editar | editar a fonte]
En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produciu unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.
Historia[editar | editar a fonte]
Dende a antigüidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vías de entrada do gas natural ruso en Europa.
- Guerra de Crimea (1854-1856). Contenda entre o Imperio Ruso e o Imperio Otomán, a quen apoiaban as potencias europeas Francia e Reino Unido. A contenda centrábase sobre rivalidades relixiosas entre ortodoxos e católicos, e o dominio de Moldavia e Valaquia pero focalizouse principalmente na península de Crimea.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Ponto Euxino é o nome grecolatino do mar Negro. Os gregos chamárono primeiro Skuthikos Pontos ("Mar Escítico"). Os escitas, pobo de lingua iraniana, designárono como Aksaina é dicir "sombrío, gris, azul escuro". Os gregos comprenderon primeiro este termo como axeinos (de a- privativo e xeinos estranxeiro") que significa "hostil aos estranxeiros", e logo, máis tarde, cando as súas correntes lles foron máis familiares e navegables, foi designado como Pontos Euxeinos (de eu- "ben" e xeinos "estranxeiro") ou Pont-Euxin (é dicir "Mar amigábel" ou "acolledor"). Outros pensan que era chamado acolledor precisamente por lle dar un nome contrario ao que ocorría en realidade, co fin de evitar as súas treboadas. en O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o norte, o "azul" para o oeste, o "branco" para o sur e o "verde" para o leste. ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).
Fauna[editar | editar a fonte]
O Mar Negro conta con especies animais características como son:
- O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi estendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.
- A carpa común ou europea: É orixinaria tanto do Mar Negro coma do Caspio e o Mar de Aral. Ao igual que o mexillón cebra é unha especie invasora en gran número de ecosistemas.
- O neogobius melanostomus: Tamén é orixinaria do Mar Negro e Caspio e tamén é unha perigosa especie invasora, como por exemplo nos Grandes Lagos de América do Norte.
Poboación[editar | editar a fonte]
As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Istambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.
Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro. | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pos. | Cidade | País | Rexión | Poboación urbana | ||||||
1 | Istambul | Turquía | Istambul | 13 624 240[2] | ||||||
2 | Odesa | Ucraína | Odesa | 1 003 705 | ||||||
3 | Samsun | Turquía | Samsun | 535.401[3] | ||||||
4 | Sebastopol | Ucraína | Crimea | 379,200 | ||||||
5 | Sochi | Rusia | Krasnodar Krai | 343,334 | ||||||
6 | Varna | Bulgaria | Varna | 334,870 | ||||||
7 | Trebisonda | Turquía | Trebisonda | 305,231[4] | ||||||
8 | Constanţa | Romanía | Constanța | 283,872[5] | ||||||
9 | Novorosíisk | Rusia | Krasnodar Krai | 241,952 | ||||||
10 | Burgas | Bulgaria | Burgas | 223,902[6] |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Black Sea". guía do Mar Negro pola Universidade de Delaware (en inglés). Consultado o 39 de decembro do 2915.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2012. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 2014-03-06.
- ↑ "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2013. Consultado o 2014-03-06.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Negro ![]() |