Illa Juan de Nova
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Territorio reivindicado por | Madagascar e Francia | ||||
| Estado | Francia | ||||
| Territorio dependente | Terras Austrais e Antárticas Francesas | ||||
| Grupo | Illas dispersas do Océano Índico | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 15 | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 4,8 km² | ||||
| Medición | 1,6 ( | ||||
| Bañado por | Canle de Mozambique | ||||
| Altitude | 10 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Juan de Nova é unha pequena illa, de 4,4 km²,(sobre 6 km de longo e 1,6 de ancho) pertencente a Reunión que leva o nome do navegante galego Joan de Novoa, onde este pasou o inverno de 1505 tras ser repelido o seu barco por unha treboada no Cabo de Boa Esperanza.
Sitúase na canle de Mozambique, entre Madagascar e Mozambique, e é unha posesión francesa dende 1897. Na segunda guerra mundial foi abandonada e recibiu a visita de submarinos alemáns. A partir de 1968 comezaron a explotarse os depósitos de guano (fosfatos).
Na actualidade é unha reserva natural que está deshabitada, e nela só existe un pequeno aeródromo (cunha pista de 1,2 km) e unha base meteorolóxica do exército francés cunha pequena gornición de 14 homes. É administrada polo administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF) e a República de Madagascar reclama a súa soberanía.

-
Vista de Juan de Nova en marea baixa.
-
Vista da praia de Juan de Nova desde a maleza.
-
Imaxe de satélite da illa Juan de Nova
-
Mapa
