Mar Vermello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar Vermello
Red Sea 37.95521E 21.41271N.jpg
Localización administrativa
Estado Exipto Exipto
Sudán Sudán
Eritrea Eritrea
Djibuti Djibuti
Somalia Somalia
Flag of Israel.svg Israel
Flag of Jordan.svg Xordania
Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita
Flag of Yemen.svg Iemen
Localización xeográfica
Océano / Mar Océano Índico
Continente África-Asia
Xeografía
Mares contiguos Golfo de Adén
Cidades ribeiregas Assab, Massawa, Hala'ib, Porto Sudán, Safaga, Hurghada, El Suweis, Sharm el-Sheij, Eilat, Aqaba, Dahab, Jedda e Al Hudaydah
Accidentes
Golfos e baías Golfo de Aqaba e golfo de Suez (canal de Suez)
Penínsulas Penínsulas do Sinaí e arábiga
Estreitos Bab el-Mandeb (golfo de Adén)
Características
Superficie 450.000 km²
Lonxitude máxima 2.200 km
Anchura máxima 335 km
Profundiadde máxima 2.130 m
Profundidade media 500 m
Mapa
Locatie Rode Zee.PNG

Localización do mar Vermello.
Red Sea topographic map-fr.jpg

Mapa da rexión do mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Características[editar | editar a fonte]

O mar Vermello ten pouco máis de 1900 km de longo, por un largo máximo de 300 km e unha profundidade máxima de 2500 m na foxa media central, cunha profundidade media de 500 m. A superficie do Mar Vermello é duns 450.000 km².

Hai unha chea de formacións coralinas de gran sona pola exuberancia de vida submarina que o habitan, con gran variedade de peixes ou de magníficos corais. Está poboado por máis de 1.000 especies de invertebrados, de 200 especies de corais e de polo menos 300 especies de tiburóns. O Mar Vermello é un destino turístico de sona, sobre todo entre os mergulladores.

As temperaturas da superficie son relativamente constantes, entre 21 e 25 °C. A visibilidade é bastante boa ata os 200 m de profundidade pero pódense levantar ventos fortes rapidamente e as correntes vólvense perigosas.

A creación do Mar Vermello débese á separación de África e a Península Arábiga (Asia). O movemento comezou hai uns trinta millóns de anos e segue hoxe en día, o que explica a existencia dunha actividade volcánica nas partes máis profundas deste mar. Asegúrase que o Mar Vermello se converterá nun océano, como se propón no modelo de Tuzo Wilson e parece verse confirmado polo aumento da chamada 'fenda de África'.

Os países lindantes co Mar Vermello son Exipto, Sudán, Eritrea e Djibuti na beira africana e Israel, Xordania, Arabia Saudita e Iemen na beira Asiática. Algunhas cidades costeiras do Mar Vermello son: Assab, Port Sudan, Port Safaga, Hurghada, Suéz, Sharm el-Sheikh, Eilat, Acaba, Dahad, Jedda, Al-Hudaidah.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]