Mar de Xava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mar de Xava
Laut Jawa
Gunung Merapi 2006-05-14, MODIS.jpg
Localización administrativa
EstadoFlag of Indonesia.svg Indonesia
DivisiónProvincias de Bangka-Belitung, Sumatra Occidental, Lampung, Banten, Iakarta, Xava Barat, Xava Central, Xava Oriental, Bali, Kalimantan Meridional, Kalimantan Central e Kalimantan Occidental
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteAsia
Illa/sBorneo, Belitung, Mendo Barat, Xava, Sumatra, Sumenep e Célebes
Xeografía
Mares contiguosMar da China Oriental, mar de Célebes, mar de Flores e mar de Balí
Accidentes
EstreitosEstreito de Karimata e Laut Natuna (mar da China Oriental)
Estreito da Sonda (Índico)
Estreito de Macasar (mar de Célebes)
Características
Superficie310.000 km²
Mapa
Locatie Javazee.PNG

Localización do mar de Xava
Java sea.jpg

Mapa da rexión do mar de Xava

O mar de Xava (en indonesio, Laut Jawa) é un mar perimetral pouco profundo do océano Índico, localizado na plataforma de Sonda xusto no límite sur do océano Pacífico. Sitúase no medio das illas indonesias de Borneo ao norte, Xava ao sur, Sumatra ao oeste e Célebes ao leste.

Formouse a finais da última Idade do xeo[1] e ten preto de 310.000 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ao noroeste, o estreito de Karimata (entre as illas de Borneo e Belitung) conéctao co mar da China Meridional; ao sur, o estreito de Sonda (entre as illas de Xava e Sumatra) comunícao co Índico; ao nordés, o estreito de Macasar (entre a illa de Borneo e as Célebes), co mar de Célebes; e ao leste, comunica co mar de Flores e o mar de Bali.

Con máis de 3.000 especies de vida mariña na área, a pesca é unha importante actividade económica. A área en torno ao mar de Xava é un destino turístico moi popular. O mergullo ofrece a posibilidade de explorar e fotografar covas submarinas, corais, esponxas e outros tipos de vida mariña. Entre as áreas protexidas da rexión, pódense destacar o Parque Nacional de Ujong Kulon, preto de Iacarta, o Parque Nacional Karimun Xava, un parque nacional composto por 22 illas, e a illa de Menjagan, preto de Bali. Ademais do parque nacional mariño de Karimunjawa e Miles de Illas ou illas Seribu, que se atopan ao norte da parte continental de Iacarta.

Historia[editar | editar a fonte]

O mar de Xava foi o escenario dunha das batallas navais máis sanguentas (para os Aliados) da Segunda Guerra Mundial, en febreiro e marzo de 1942, coñecida como batalla do Mar de Xava. As forzas navais dos Países Baixos, Gran Bretaña, Australia e os Estados Unidos foron practicamente destruídas ao tentar defender a illa de Xava dun ataque xaponés.

Notas[editar | editar a fonte]