Río Xuba
Xuba Ghenale (en amhárico) Wabiga Jubba (en somalí) Giuba (en italiano) | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() ![]() |
Nacemento | Confluencia dos ríos Dawa e Ganale Doria (Etiopía), preto da fronteira con Somalia 4°10′37.56″N 42°4′51.24″L / 4.1771000, -42.0809000 |
Altitude | n/d |
Lonxitude | Juba-Ganale Doria, 1.808 km[1] Solo, 1.004 km |
Conca | 497.655 km².[2] |
Caudal medio | 187,3 m³/s |
Desembocadura | Océano Índico, preto de Kismaayo 0°15′01″S 42°37′50″L / -0.25028, -42.63056 |
Altitude desembocadura | 0 m |
Cadea fluvial | Lagh Dera |
![]() | |
Conca do río Xuba (Inclúese a conca do río Shebelle, habitualmente endorreico) | |
O río Xuba (en amhárico, Ghenale; en somalí, Wabiga Jubba; en italiano, Giuba) é un importante río da África oriental, localizado no sur de Somalia, que comeza na fronteira con Etiopía, nas montañas Mendebo,[3] na confluencia dos ríos Dawa e Ganale Doria ou Gebele, e flúe directamente cara o sur até o océano Índico, onde desemboca xusto ao norte da cidade de Kismaayo, un dos portos máis importantes de Somalia,[3] na rexión sureña de Xubalandia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O río Xuba ten unha lonxitude de 1 808 km,[1] e drena unha conca de 497 655 km².[2]
En certos anos especialmente chuviosos, o Xuba pode recibir no seu treito final augas do case sempre endorreico río Shebelle, o que podería engadir á súa conca 336 604 km² máis.[4]
A conca estrita do Xuba, sen considerar a parte que corresponde ao seu maior afluente, o río Lagh Dera, é de 221 000 km².[1]
Os principais afluentes, ademis das súas fontes da parte alta, están no curso baixo e son o río Lagh Dera (ou Ewaso Ng'iro), de 700 km e, ocasionalmente, como xa se dixo, o Shebelle.
Flora e fauna[editar | editar a fonte]
A rexión da conca hidrográfica do Xuba é fundamentalmente sabana, e é a parte máis rica do país debido ás súas fértiles terras de labranza.
A fauna autóctona inclúe xirafas, guepardos, leóns, leopardos, hienas, búfalos cafres, hipopótamos, crocodilos, órices, gacelas, camelos, avestruces, chacais e asnos salvaxes.
Historia[editar | editar a fonte]
A fonte máis antiga dun europeo que visitara a rexión do Xuba (Xubalandia) é o informe do xesuíta portugués Jerónimo Lobo (Lisboa, 1593 – Coímbra 1678), quen, en 1624, tratou de seguir o curso do Xuba en Etiopía relatando que tivo que pasar a través das terras de nove pobos diferentes que «estaban continuamente en guerra uns cos outros e, aínda que estaba case seguro nas súas terras, no podía garantir a seguridade de ningunha persoa que dera un paso fóra delas», e regresou á India portuguesa para encontrar outro camiño.[5]
Máis de dous séculos pasaron até que en 1863 o explorador alemán barón Karl Klaus von der Decken remontou o curso inferior do río nun pequeno barco de vapor. O barco naufragou nos rápidos situados augas arriba de Baardheere, onde a expedición foi atacada poos somalís locais, incidente que terminou coa morte do barón e a doutros tres membros do grupo.
O primeiro europeo que explorou amplamente e por completo o curso do río foi o explorador italiano Vittorio Bottego, asistido polo comandante da Armada británica F. G. Dundas. Bottego e o seu equipo navegaron 400 millas do río en 1891.
Durante a súa exploración, Vittorio Bottego cambiou o nome do principal afluente do Xuba —o río Ganale— polo de río Ganale Doria en honor ao famoso naturalista italiano Giacomo Doria.[6][7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Véxase no Atlas of the Juba and Shabelle Rivers, na Parte 1 «The Juba-Shabelle transboundary river basin - General features», páx. 2, dispoñíbel en liña en: [1]. (en inglés).
- ↑ 2,0 2,1 Entrada «A05 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources eAtlas. Dispoñíbel en liña en: [2] Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ 3,0 3,1 Jubba River Arquivado 08 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na Encyclopaedia Britannica.
- ↑ Entrada «A17 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources eAtlas. Dispoñíbel en liña en: [3] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ Jerónimo Lobo, Relazione storica d'Abissinia. Tradiciida ao inglés por Donald M. Lockhart como The Itinerario of Jerónimo Lobo. Londres: Hakluyt Society, 1984, pp. 65 e ss.
- ↑ Vittorio Bottego (1985): Viaggi di scoperta nel cuore dell'Africa: il Giuba esplorato, sotta gli auspici della Società geografica italiana. E. Loescher & co.
- ↑ F. G. Dundas (1983): "Expedition up the Jub River through Somali-Land, East Africa", Geographical Journal, 1: 209-222.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Xuba ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vittorio Bottego (1985): Viaggi di scoperta nel cuore dell'Africa: il Giuba esplorato, sotta gli auspici della Società geografica italiana. E. Loescher & co.
- F. G. Dundas (1983): "Expedition up the Jub River through Somali-Land, East Africa", Geographical Journal, 1: 209-222.
- Guida dell'Africa Orientale Italiana, Consociazione Turistica Italiana, Milán 1938, pp. 585–596.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- National Geographic Atlas Explorer (en inglés)
- Entrada «A05 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources & Atlas (en inglés).