Bordo converxente

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bordo converxente (converxencia oceánica-continental).

Un bordo converxente ou destrutivo é o bordo de choque entre dúas placas tectónicas. Cando no bordo converxente unha das placas da litosfera afúndese debaixo da outra consumíndose no manto fálase de subducción. Este tipo de bordos leva á formación de cordilleiras e está asociado con zonas de actividade volcánica e sísmica orixinadas pola fricción das dúas placas.[1]

Tipos de bordos converxentes[editar | editar a fonte]

Converxencia oceánica-oceánica. 1.- Cortiza oceánica; 2.- Litosfera; 3.- Astenosfera; 4.- Cortiza continental; 5.- Fosa oceánica; 6.- Arco de illas volcánicas.

Segundo o tipo de placa implicado, pódense distinguir tres clases de bordos converxentes:[2]

Converxencia oceánica-continental[editar | editar a fonte]

Unha placa con codia oceánica choca cunha placa con codia continental a cal, ao ser máis lixeira, "flota" sobre a oceánica que se afunde (subduce) no manto. Ao alcanzar unha profundidade duns 100 km desencadéase a fusión parcial, que orixina un fluxo ascendente de magma (roca fundida) que orixina plutones e volcáns que crecen sobre o continente. Fórmanse así arcos volcánicos continentais e grandes fosas oceánicas, ambos os dous paralelos á costa. O punto de intersección das dúas placas chámase zona de subducción e alí fórmase unha fosa oceánica onde se van acumulando sedimentos nunha estrutura chamada prisma de acreción.

Este tipo de bordo converxente é o que se dá na costa pacífica de América do Sur, onde a Placa de Naza, totalmente oceánica, deriva cara ao leste e choca coa Placa Suramericana que deriva cara ao oeste; o magma ascendente formou a Cordilleira de Ándelos, con centos de volcáns activos e unha intensa actividade sísmica.

Converxencia oceánica-oceánica[editar | editar a fonte]

Cando dúas placas con codia oceánica chocan. Unha placa subduce baixo a outra iniciándose a fusión e a actividade volcánica como na converxencia oceánica-continental. Estes arcos están situados a 100-300 km da fosa submarina que se forma no punto de subducción. Son exemplos de arquipélagos orixinados así as Aleutianas, as illas Marianas, Tonga, Xapón e as illas da Sonda, e as fosas asociadas a eles.

Converxencia continental-continental[editar | editar a fonte]

Cando unha placa oceánica en subducción contén tamén litosfera continental, a subducción continuada acabará unindo os dous bloques continentais que, dado que ambos flotan na astenosfera, chocarán. Iso plega e deforma os sedimentos acumulados ao longo da marxe continental orixinando unha nova cordilleira composta por rocas sedimentarias e metamorfizadas.

Este tipo de fenómeno produciuse cando a India "embestíu" Asia e formou a elevación da cordilleira do Himalaia. Outros sistemas montañosos importantes, como os Pireneos, os Alpes e os Urales tamén se orixinaron durante colisións continentais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "1". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 9–12. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra, 8ª edición. Pearson Educación S. A., Madrid. ISBN 84-205-4400-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]