Compañía Holandesa das Indias Orientais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territorios de VOC

A Compañía holandesa das Indias Orientais (Verenigde Oostindische Compagnie ou VOC en holandés, literalmente Compañía das Indias Orientais Unidas). Estableceuse o 20 de marzo do 1602, cando o Estado Xeral dos Países Baixos concedeulle un monopolio de 21 anos para realizar actividades coloniais dentro de Asia. Era a primeira corporación multinacional no mundo e era a primeira compañía que publicaba as súas ganancias. Foi unha compañía de grande importancia e volume de negocios por case dous séculos, ata que chegou á bancarrota e foi disolta en 1798. As posesións e a débeda pasaron a ser asumidas polo goberno da República Bátava.

Historia[editar | editar a fonte]

Logotipo da Compañía

Constrúese o cuartel xeral da compañía en Batavia (a actual Iacarta) na illa de Xava. Outros postos comerciais xorden nas Indias Orientais holandesas (a futura Indonesia), por exemplo nas Molucas onde a VOC terá o monopolio da noz moscada e de cravo.

Durante moito tempo, o emprazamento da VOC en Deshima, un illote artificial en Nagasaki, era o único lugar onde se permitía aos europeos comerciar cos xaponeses. En 1652, Jan Van Riebeeck establece un posto no Cabo de Boa Esperanza no extremo meridional de África como punto de escala para os buques de paso da VOC . Esta colonia (chamada Colonia do Cabo) estará na xénese do pobo afrikaans. Outros establecementos da VOC atópanse en Irán, en Bangladesh, en Srî Lankâ, en Malaisia, en Tailandia, en China, e na India. No seu cenit en 1669, a VOC é a compañía máis rica da historia do mundo: conta con 150 buques comerciais, 50.000 empregados, un exército de 10.000 homes, unha mariña de 40 barcos de guerra. O VOC estaba baixo a xestión dos Estados xerais dos Países Baixos.

Posesións holandesas, coas posesións da Compañía holandesa das Indias Orientais en cor verde pálido, rodeando o Océano Índico máis Santa Helena no Atlántico medio.

A compañía tivo frecuentes conflitos cos británicos . Logo da cuarta guerra angloneerlandesa (1780-1784), o VOC atopábase en dificultade financeira, e en 1798 tras unha crise financeira, era disolta.

No Congreso de Viena en 1815, as Indias Orientais neerlandesas corresponderon aos Países Baixos, pero a Gran Bretaña adxudicáronlle a Colonia do Cabo.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Compañía Holandesa das Indias Orientais