Mar de Ross
Mar de Ross | |
---|---|
Ross Sea | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() Reinvindicado por Nova Celandia (Dependencia Ross) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Glacial Antártico |
Continente | Antártida |
Xeografía | |
Subdivisións | Barreira de xeo de Ross |
Illas interiores | Illa Roosevelt (7 500 km²) e illa Ross (2 460 km²) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía das Baleas |
Estreitos | Estreito de McMurdo |
Características | |
Superficie | 958 000 km²[1] |
Mapa | |
![]() Mapa da Antártida. Ao sur, do continente, o mar de Ross | |
Mar de Ross como parte do océano Antártico | |
O mar de Ross é unha baía profunda entre o Océano Glacial Antártico e a Antártida entre a Terra de Vitoria e a Terra de Marie Byrd, ao sur de Nova Zelandia. Foi descuberto por James Clark Ross en 1841. No oeste do mar de Ross atópanse a Illa Ross e o monte Erebus, famoso volcán e no oeste a Illa Roosevelt. A parte meridional está cuberta por unha plataforma xeada: a Barreira de xeo de Ross. Roald Amundsen comezou a súa expedición ao Polo Sur en 1911 desde a Baía das Baleas, que se atopa na placa de xeo. Na parte occidental do mar de Ross, o estreito de McMurdo é un porto normalmente libre dos xeos durante o verán. A zona máis ao sur do mar de Ross é a costa de Gould, a uns trescentos quilómetros do Polo Sur Xeográfico.
Case todas as terras emerxidas a beiras do mar de Ross están baixo reclamación de Nova Zelandia, segundo a cal estarían baixo a xurisdición da Dependencia Ross. A maior parte dos países que non pertencen á Commonwealth non aceptan esta reivindicación, que se atopa conxelada polo Tratado Antártico.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Geo-data : the world geographical encyclopedia / John F. McCoy, project editor.-- 3ª ed., Thomson Gale, 2002. ISBN 0-7876-5581-3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Ross ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antarctic Physical Geography (en inglés).
- Geology of the Ross Sea area (en inglés).