Mar Amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar Amarelo (en inglés, Yellow Sea)

O mar Amarelo é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do Océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.

A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).

A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.

Contorno[editar | editar a fonte]

As marismas intermareais do mar Amarelo son de grande importancia para a migración das aves e dos paxaros de praia. As investigacións sinalan que esta área é o espazo máis importante para este tipo de paxaros limícolas na súa migración cara ó norte en todo o voo Asia Oriental - Australasia, por onde como mínimo pasan de cada vez dous millóns de aves e a metade na migración cara ao sur.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barter, M.A. (2002). Shorebirds of the Yellow Sea - importance, threats and conservation status. Wetlands International Global Series 9. International Wader Studies 12. Canberra.
  • Barter, M.A. (2005). Yellow Sea - driven priorities for Australian shorebird researchers. pp.158-160 in: "Status and Conservation of Shorebirds in the East Asian - Australasian Flyway". Proceedings of the Australasian Shorebird Conference, 13-15 December 2003, Canberra, Australia. International Wader Studies 17. Sydney.