Saltar ao contido

Zanzíbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zanzíbar
 Nome orixinal
Jamhuri ya Watu wa Zanzibar (sw)
People's Republic of Zanzibar (en)
زنجبار (ar) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Zanzibari (en)
Zanzibarec (sl)
Zanzibarano (eo)
Zanzibarka (sl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Moeda
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
26 de abril de 1964 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   1.503.569 (2012) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.461 km² Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap3775035 Editar o valor en Wikidata
VIAF312799169 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/088tv Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451733
Wikidata G:Commons C:Commons
Illa de Zanzíbar

Zanzíbar é un conxunto de dúas illas, Zanzíbar propia (1.554 km² e 800.000 habitantes) e Pemba, a principal cidade e centro económico é Mji Mkongwe na illa de Zanzíbar. Zanzíbar é un territorio autónomo de Tanzania.

En Zanzíbar asentáronse inmigrantes persas procedentes de Shiraz, e probablemente o nome de proceda do farsi زنگبار Zangi-bar (Costa dos negros). Entre 1503 e 1698 os portugueses controlaron o territorio.
En 1698 pasou a soberanía do sultán de Omán, en 1861 Omán e Zanzíbar divíronse en dous principados independentes. Sayyid Majid bin Said Al-Busaid (1834/5-1870) converteuse no primeiro sultán de Zanzíbar. O Reino Unido gradualmente foi aumentando a súa influencia sobre Zanzíbar, e en 1890 no Tratado de Helgoland-Zanzíbar os alemáns comprometéronse a non interferir nela, e Zanzíbar converteuse nun protectorado británico. En 1896 o sultán Hamoud bin Mohammed prohibiu a escravitude e a trata de escravos, do que Zanzíbar era un dos principais centros dende a época dos omanís.
O 19 de decembro de 1963 Zanzíbar obtivo a súa independencia como monarquía constitucional, pero o 26 de abril de 1964 logo do derrocamento do sultán, Zanzíbar uniuse con Tanganika para formar o novo estado de Tanzania.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]