Golfo de Fonseca
Golfo de Fonseca | |
---|---|
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() ![]() |
División | Departamentos de Choluteca e Valle (HON) Departamento de La Unión (SLV) Departamento de Chinandega (NIC) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | América Central |
Illa/s | Meanguera del Golfo, Zacatillo, Conchagua e Martín Pérez (SLV) Zacate Grande, Coyote, Ascensión e El Tigre (HON) Illotes de Cosigüina (NIC) |
Xeografía | |
Afluentes | Amatillo, Goascorán (130 km), Nacaome, Choluteca (210 km) e Sumpile |
Cidades ribeiregas | La Unión (SLV) San Lorenzo (HON) Puerto Morazán (NIC) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baías de La Unión, Chismuyo e San Lorenzo |
Características | |
Superficie | 3.200 km² |
Outros datos | |
Primeira exploración | Andrés Niño (1522) |
Áreas protexidas | Sitio Ramsar (HON |
Mapa | |
![]() Xeolocalización en Honduras | |
![]() Localización do golfo de Fonseca. | |
O golfo de Fonseca, é un entrante protexido do océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao nordeste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.
Un dos mellores portos naturais do mundo[1], cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.
Historia[editar | editar a fonte]
O conquistador español Gil González Dávila encontrouno mentres procuraba unha rota marítima que comunicara o Atlántico co Pacífico. Un tratado asinado no 1916 concedeulle aos EUA a opción de construír unha canle interoceánica e unha base naval na zona do golfo.
En 1849, Ephraim Squier negociou un tratado cos Estados Unidos para construír un canal a través de Honduras, para que atravesar dende o mar Caribe ao golfo. Frederick Chatfield, británico comandante en América Central, atemorizado por que a presenza norteamericana en Honduras desestabilizase aos británicos, envía a súa frota para ocupar a Illa do Tigre, na entrado do golfo.
Os tres países -Honduras, O Salvador e Nicaragua- coa liña de costa ao longo do golfo rematan nun conflito sobre os dereito do golfo e das illas localizadas dentro del. En 1992, unha resolución do Tribunal Internacional de Xustiza (ICJ) decidía sobre a terra, as illas e o conflito marítimo nas fronteiras; facía unha partición. O ICJ determina que O Salvador, Honduras e Nicaragua compartan o control do golfo de Fonseca, posuíndo O Salvador as illas de Meanguera e de Meanguerita, e Honduras, a illa do Tigre.
Illas[editar | editar a fonte]
Entre as illas máis importantes destacan: Meanguera do Golfo e Zacatillo (O Salvador); Zacate Grande e O Tigre (Honduras), e os Illotes de Consiguina (pertencentes a Nicaragua).
O Tigre, a pesar do seu pequeno tamaño, ten un quilómetro aproximado de diámetro, consta dunha elevación central que supera aos 780 msnm.
Ríos[editar | editar a fonte]
Ao golfo de Fonseca desembocan varios ríos, entre os máis importantes están o río Amatillo, na bocana coñecida como Bocana El Pecho, que entra na Baía La Unión, a máis occidental das baías nas que se divide o golfo; o río Goascorán, que serve de límite entre O Salvador e Honduras tamén desemboca na Baía A Unión; o río Nacaome desemboca na Baía de Chismuyo; o río Choluteca, que pasa próximo á cidade do mesmo nome; e, o río Sumpile, tamén. A terceira baía, dende occidente, é a de San Lourenzo, ao fondo da cal atópase o porto El Henecan, pertencente a Honduras.
Zona húmida de importancia internacional[editar | editar a fonte]

O 10 de xullo de 1999, un complexo de sete áreas costeiras con aproximadamente 69,700 ha de superficie, entra a formar parte do Convención de Ramsar, elixido pola UNESCO, ao longo da porción hondureña do chamado Corredor Biolóxico Mesoamericano do Pacífico.
Estas sete zonas húmidas son: Baía de Chismuyo, Baía de San Lorenzo, Los Delgaditos, Las Iguanas e Punta Condega; Jicarito, San Bernardo e La Berbería.
Economía[editar | editar a fonte]
A súa economía baséase na pesca, no traballo portuario e no turismo local e rexional.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Xestión integrada dos ecosistemas do Golfo de Fonseca". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2008.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Fonseca ![]() |