Mar de Wadden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Mar de Wadden
Morze Wattowe.png

Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 2009
País: Alemaña Alemaña
Países Baixos Países Baixos
Localización: 53°31′43″N 8°33′22″E / 53.52861°N 8.55611°E / 53.52861; 8.55611
Rexión: Europa
Tipo: Natural
Criterios: (viii, ix, x)
Descrición UNESCO: fr en

O mar de Wadden (Wattenmeer en alemán, Waddenzee en neerlandés, Waadsee en frisón, Wattensee en baixo alemán e Vadehavet en danés) é un mar situado entre as illas Frisias e o mar do Norte por unha banda e as costas neerlandesa, alemá e danesa por outra. Ten uns 450 km de longo e entre 5 e 30 de largo, cunha superficie duns 10.000 km²[1]. Está formado por unha chaira de marea, é moi pouco profundo, mesmo durante a marea baixa consiste en grarenosas interrompidas por canles de drenaxe que evacúan a auga (de feito, é posible atravesalo a pé, chegando do continente ás illas). Danse tamén grandes correntes.

Características[editar | editar a fonte]

O seu nome procede do neerlandés wad, que significa "chaira de lodo" (En baixo alemán e alemán, Watt; danés, Vade). A superficie está caracterizada por amplas chairas lodosas de marea, fondas trincheiras de mareas e as illas existentes. A paisaxe formouse durante boa parte de mareas ciclónicas entre os séculos X a XIV, desbordando e levando anterior terra de turba detrás das dunas costeiras. As illas actuais son o resto das anteriores dunas costeiras.

As illas están marcadas por dunas e amplas praias areosas cara ao mar do Norte e costa baixa, e por mareas cara ao mar de Wadden. O impacto das ondas e correntes leva sedimentos, e está a modificar lentamente o esquema das illas. Así, as illas de Vlieland e Ameland foron movéndose cara ao leste nos últimos séculos, perdendo terra por un lado e crecendo polo outro.

O mar de Wadden é famoso pola súa rica flora e fauna, especialmente aves. Centos de miles de limícolas, anatinos e anserinos usan a zona como parada nas migracións ou lugar de invernada, e é tamén un rico hábitat para gaivotas e estérnidos[2].

Boa parte do mar de Wadden está protexida en cooperación dos tres países implicados. Os gobernos dos Países Baixos, Dinamarca e Alemaña traballan xuntos desde 1978 na súa protección e conservación. A cooperación abarca a administración, monitorización e investigación, así como asuntos políticos. En 1982 unha asinouse unha Declaración conxunta sobre a protección do mar de Wadden para coordinar actividades e medidas para a súa protección. En 1997 adoptouse un plan trilateral[3].

O mar de Wadden foi designado un humedal de importancia internacional, protexido polo Convenio de Ramsar o 15 de novembro de 1991 (Schleswig-Holsteinisches Wattenmeer). A zona protexida abrangue 454,988 ha, cunha elevación de -15 a 50 msnm. Este sitio comprende o 40 % do mar de Wadden e está formado por amplas chairas lodosas, ríos, bancos de area, dunas, marismas salobres, brezais e illas. Pasan por alí máis de dous millóns de aves migratorias. En particular, aproximadamente o 70 % de toda a poboación europea de Tadorna tadorna (180.000). Hai invertebrados acuáticos endémicos, réptiles ameazados e anfibios, e é unha zona importante para a cría da Phoca vitulina. Lévanse a cabo actividades de gandería, turismo, caza, pesca de marisco, actividades militares e remo.

En xuño de 2009 incluíuse na lista de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO[4][5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wadden Sea: Preserving a Unique Natural Habitat", artigo en Deutsche Welle, 25 de decembro de 2008 (en inglés).
  2. Couzens, Dominic (2008): Top 100 Birding Sites of the World. University of California Press, páx. 27-29. ISBN 978-0-520-25932-4 (en inglés).
  3. The Trilateral Wadden Sea Cooperation, en www.waddensea-secretariat.org (en inglés).
  4. "World heritage sites: slave outpost and Buddhist mountain on the list – but Wales has to wait", artigo en The Guardian, 26 de xuño de 2009 (en inglés).
  5. "The Wadden Sea", en UNESCO Culture Sector (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Wadden