Mar de Chukchi
Mar de Chukchi | |
---|---|
Чукотское море | |
Localización administrativa | |
Estado | Estados Unidos Rusia |
División | Alasca (EUA) Chukotka (RUS) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Ártico |
Continente | América do Norte - Asia |
Xeografía | |
Mares contiguos | Siberia Oriental, Bering e Beaufort |
Subdivisións | Kotzebue Sound (EUA) |
Illas interiores | Illa de Wrangel e illas Diómedes |
Afluentes | Kobuk (451 km), Kukpowruk (257 km), Noatak (675 km), Utukok (290 km) e Wulik (128 km) (EUA) Amguyema (498 km) e Chantalveergyn (RUS) |
Cidades ribeiregas | Kotzebue, Kivalina, Point Hope, Wainwright e Barrow (EUA) Uelen (RUS) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Baía Peard (EUA) Baía de Koljucin (RUS |
Cabos | Punta Barrow e punta Hope (EUA) |
Penínsulas | Penínsulas de Seward (na península de Alasca) e a península de Chukchi (na península de Kamchatka) |
Características | |
Superficie | 595 000 km² |
Profundiade máxima | 1256 m |
Outros datos | |
Áreas protexidas | Bering land Bridge national Preserve Cape Krusenstem National Mon. |
Mapa | |
Localización do mar de Chukchi | |
Vista satélite | |
O mar de Chukchi (en ruso Чуко́тское мо́ре Txukótskoie more, en inglés Chukchi Sea) é a parte do océano Ártico situada entre Chukotka (no extremo oriental de Asia) e Alasca (no extremo occidental de América). O estreito de Bering, no sur, conéctao co mar de Bering e co océano Pacífico. Ao oeste, limita co mar de Siberia Oriental e a illa de Wrangel, e ao leste confúndese co mar de Beaufort.
Ten unha superficie aproximada de 595.000 km² e só é navegable uns catro meses ao ano. Máis da metade do mar de Chukchi (un 56%) ten unha profundidade inferior aos 50 m.
Este mar chámase así polos chukchis, que viven nas súas costas. A rexión do extremo oriental de Siberia de onde é orixinario este pobo chámase Chukotka.
O porto principal é Uelen, no estreito de Bering.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Chukchi |