Mar da China Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar da China Oriental
东海 - 東シナ海 - 동중국해
East China Sea from breakwater of Toyosaki Chura-Sun Beach 4.JPG
Localización administrativa
Estado Flag of the People's Republic of China.svg China
Flag of South Korea.svg Corea do Sur
Flag of Japan.svg Xapón
Flag of the Republic of China.svg Taiwán
División Provincias de Fujian, Zhejiang, Shanghai e Jiangsu (CHN)
Provincias de Jeolla do Sur e Jeju (KOR)
Prefecturas de Fukuoka, Saga, Nagasaki, Kumamoto, Kagoshima e Okinawa (XAP)
Localización xeográfica
Océano / Mar Océano Pacífico
Continente Asia
Illa/s Jeju (KOR), Kyūshū e illas Ryukyu (XAP) e Taiwán
Xeografía
Mares contiguos Mar da China Meridional, mar Amarelo, mar do Xapón e mar de Filipinas
Illas interiores Illas Gotō e Senkaku (JAP)
Afluentes Río Yangtzé (6300 km)
Cidades ribeiregas Shanghai, Hangzhou, Ningbo, Wenzhou e Fuzhou (CHN)
Nagasaki e Akune (XAP)
Taipei (TAI)
Accidentes
Golfos e baías Baías de Hangzhou, Sanmen e Funing
Penínsulas Península de Corea
Características
Superficie 752 000 km²[1]
Mapa
Locatie Oost-Chinese Zee.PNG

Localización do Mar da China Oriental
East China Sea Map.jpg

Mapa do Mar da China Oriental.

O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.

A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O mar da China Oriental está limitado:

Está conectado co mar da China Meridional polo estreito de Taiwán e co mar do Xapón polo estreito de Corea. As ribeiras deste mar están baixo a soberanía de, seguindo as agullas do reloxo dende o norte, Corea do Sur, o Xapón, Taiwán e a República Popular da China. O río Yangtzé é o maior río que desemboca no mar da China Oriental.

Delimitación da IHO[editar | editar a fonte]

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar da China Oriental (Tung Hai) como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and sexas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 50 e defíneo da forma seguinte:

No sur.
O límite setentrional do mar Meridional da China (49), e desde alí a Santyo, a punta nordés de Formosa, até a punta Oeste da illa Yonakuni e desde alí a Haderuma Sima (24°03'N, 123°47'E).
No leste.
Desde Haderuma Sima unha liña incluíndo a Miyako Retto á punta oriental de Miyako Sima e desde alí a Okinan Kaku, no extremo meridional de Okinawa Sima, a través desta illa a Ada-Ko Sima (illa Sidmouth) á punta oriental de Kikai Sima (28°20'N) a través de Tanegra Sima (30°30'N) até a punta Norte e a Hi-Saki (31°17 'N), en Kyusyu.
No norte.
Desde Noma Saki (32°35'N), en Kyusyu, á punta sur de Hukae Sima (Gato Retto) e a través desta illa até Ouse Saki (cabo Goto) e a Hunan Kan, a punta sur de Saisyu To (Quelpart), a través desta illa até o seu extremo occidental, e desde alí seguindo o paralelo dos 33°17' Norte até o continente.
No oeste.
A parte continental da China.
Limits of oceans and sexas, páx. 31.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Geo-data: The World Geographical Encyclopedia / John F. McCoy, project editor.-- 3ª ed., Thomson Gale, 2002, pag. 614. ISBN 0-7876-5581-3.
  2. «On the South. The Northern limit of the South China Sexa (49), thence from Santyo the Northeastern point of Formosa to the West point of Yonakuni Island and thence to Haderuma Sima (24°03'N, 123°47'E).
    On the East. From Haderuma Sima a line including the Miyako Retto to the East point of Miyako Sima and thence to Okinan Kaku, the Southern extremity of Okinawa Sima, through this island to Ada-Ko Sima (Sidmouth Island) on to the East point of Kikai Sima (28°20' N) through Tanegra Sima (30°30'N) to the North point thereof and on to Hi-Saki (31°17'N) in Kyusyu.
    On the North. From Noma Saki (32°35'N) in Kyusyu to the South point of Hukae Sima (Gato Retto) and on through this island to Ouse Saki (Cape Goto) and to Hunan Kan, the South point of Saisyu To (Quelpart), through this island to its Western extreme and thence along the parallel of 33°17' North to the mainland.
    On the Oest. The mainland of China.».
    International Hydrographic Organization

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]