Taro (planta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cormos de taro para a venda.

O taro[1] (Colocasia esculenta) é unha planta tropical da familia Araceae, cuxos cormos son comestíbeis.

Etimoloxía e nomes comúns[editar | editar a fonte]

A palabra taro vén do tahitiano, en Hawai recibe o nome de kalo, no Brasil: cará; yautía coco na República Dominicana e malanga en Porto Rico, Costa Rica, Guatemala, México, Honduras, e Cuba. No Perú coñécese coma bituca, e nalgúns lugares do sur, como onkucha ou unkucha. En Nicaragua coñécese por quequisque ou quiquisque. Nas Illas Canarias coma ñame e no Azores coma inhame-coco ou inhame dos Açores, aínda que este termo se refire normalmente a outras plantas comestíbeies do xénero Dioscorea. En Venezuela coñécese como ocumo chino, en Panamá como otoe, en Bolivia como papa balusa, en Suráfrica madumbe, en Colombia como pipa.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta perenne tropical que se usa principalmente como hortaliza polo seu cormo comestíbel, e tamén coma verdura. As flores raramente se usan. Está emparentado coas especies dos xéneros Xanthosoma e Caladium, usadas como ornamentais e por veces chamadas de orella de elefante. Tanto esta especie como as cultivadas de Xanthosoma comparten substancialmente os mesmos usos e algúns nomes, incluíndo mafafa, malanga, callaloo, pituca, chonque, bore, papa chinesa, ocumo chinés, texcamote, pelma ou cocoñame.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A extensión da zona de orixe do taro aínda está en discusión, todos os autores coinciden en que se sitúa no nordés da India, sueste de Asia, estendéndose segundo outros autores tamén até Australia e Nova Guinea.[2]

Pode vexetar en arroceiras ou en terras altas onde a auga é fornecida acotío por choiva ou rega. Algunhas variedades medran tamén fóra dos trópicos, en lugares como Corea e o Xapón. En Corea, é chamado de toran (土卵) que significa "ovo da terra", o cormo pélase e os rebentos das follas sofrítense. Ao cormo chámanlle sato-imo (里芋) en xaponés.

É un alimento tradicional en moitas áreas tropicais do mundo e a base para facer o poi en Hawai. A planta é indixeríbel se se comer crúa por mor das substancias ergásticas nas células da planta. Produce severos problemas gastrointestinais se non se cociña.

Usos[editar | editar a fonte]

Como en case todas as verduras, as follas do taro son ricas en vitaminas e minerais. Son boa fonte de tiamina, riboflavina, ferro, fósforo, e cinc, un bo recurso de vitamina B6, vitamina C, niacina, potasio, cobre e manganeso. Os cormos de taro teñen un alto contido en amidón e son fonte de fibra alimentaria. O ácido oxálico pode estar presente no cormo e especialmente na folla, polo que non pode ser inxerido por persoas con problemas de ril, gota ou artrite reumatoide.

O taro férvese, cócese, ou se corta e se frite como tempura. A variedade pequena redonda pélase e férvese, véndese ás veces conxelada, empacada cos seus propios líquidos ou enlatado. Na China, o taro úsase ás veces coma un ingrediente no nian gao, unha especie de doce mesto, feito de fariña de arroz, e que se come durante o Aninovo Chinés. Do mesmo xeito emprégase no daifuku xaponés, feito de mochi con taro e anko.

En Venezuela cómese simplemente fervido coma acompañamento de carne ou peixe; tamén un ingrediente da sopa sancocho.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Colocasia esculenta foi descrita por (L.) Schott e publicado en Meletemata Botanica 18. 1832.[3]

Sinonimia
  • Arum esculentum L., Sp. Pl.: 965 (1753).
  • Caladium esculentum (L.) Vent., Descr. Pl. Nov.: t. 30 (1801).
  • Leucocasia esculenta (L.) Nakai, Bull. Natl. Sci. Mus. Tokyo 31: 127 (1952).
  • Arum colocasia L., Sp. Pl.: 985 (1753).
  • Arum chinense L., Amoen. Acad. 4: 234 (1754).
  • Arum peltatum Lam., Encycl. 3: 13 (1789).
  • Arum lividum Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 260 (1796).
  • Caladium nymphaeifolium Vent., Descr. Pl. Nov.: t. 30 (1801).
  • Caladium acre R.Br., Prodr.: 336 (1810).
  • Arum nymphaeifolium (Vent.) Roxb., Hort. Bengal.: 65 (1814).
  • Arum colocasioides Desf., Tabl. École Bot., ed. 3: 7 (1829).
  • Caladium violaceum Desf., Tabl. École Bot., ed. 3: 7 (1829).
  • Caladium glycyrrhizum C.Fraser,[4] Bot. Misc. 1: 259 (1830).
  • Calla virosa Roxb., Fl. Ind. ed. 1832, 3: 517 (1832).
  • Colocasia acris (R.Br.) Schott in Schott & Endl., Melet. Bot.: 18 (1832).
  • Colocasia antiquorum Schott in H.W.Schott & S.L.Endlicher, Melet. Bot.: 18 (1832).
  • Caladium colocasioides (Desf.) Brongn., Nouv. Ann. Mus. Hist. Nat. 3: 156 (1834).
  • Calla gaby Blanco, Fl. Filip.: 659 (1837).
  • Colocasia vulgaris Raf., Fl. Tellur. 3: 65 (1837).
  • Colocasia himalensis Royle, Ill. Bot. Himal. Mts.: 407 (1840).
  • Colocasia nymphaeifolia (Vent.) Kunth, Enum. Pl. 3: 37 (1841).
  • Colocasia virosa (Roxb.) Kunth, Enum. Pl. 3: 41 (1841).
  • Colocasia vera Hassk., Flora 25(2 Beibl. 1): 81 (1842).
  • Colocasia fontanesii Schott, Oesterr. Bot. Wochenbl. 4: 409 (1854).
  • Colocasia euchlora K.Koch & Linden, Index Seminum (B) 1854(App.): 4 (1855).
  • Zantedeschia virosa (Roxb.) K.Koch, Index Seminum (B) 1854(App.): 9 (1855).
  • Alocasia illustris W.Bull, Cat. 1873: 4 (1873).
  • Caladium violaceum Engl. in A.L.P.de Candolle & A.C.P.de Candolle, Monogr. Phan. 2: 492 (1879).
  • Aron colocasium (L.) St.-Lag., Ann. Soc. Bot. Lyon 7: 119 (1880).
  • Colocasia gracilis Engl., Bot. Jahrb. Syst. 1: 185 (1881).
  • Colocasia neocaledonica Van Houtte, Cat. 1885: (1885).
  • Alocasia dussii Dammer, Gartenflora 1892: 312 (1892).
  • Colocasia colocasia (L.) Huth, Helios 11: 134 (1893), nom. inval.
  • Colocasia violacea (Desf.) auct., Bot. Mag. 126: t. 7732 (1900).
  • Steudnera virosa (Roxb.) Prain, Bengal Pl.: 1113 (1903).
  • Caladium colocasia (L.) W.Wight, Contr. U. S. Natl. Herb. 9: 206 (1905), nom. illeg.
  • Colocasia antiquorum var. patens Makino in Y.Iinuma, Somoku-Dzusetsu, ed. 3, 4: 1253 (1912).
  • Colocasia antiquorum var. rosea Makino in Y.Iinuma, Somoku-Dzusetsu, ed. 3, 4: 1253 (1912).
  • Colocasia peltata (Lam.) Samp., Herb. Portug.: 12 (1913).
  • Colocasia aegyptiaca Samp., Herb. Portug., Ap.: 3 (1914).
  • Colocasia antiquorum var. multifolia Makino, J. Jap. Bot. 1: 4 (1916).
  • Colocasia antiquorum var. rupicola Haines, Bot. Bihar Orissa 5: 867 (1924).
  • Colocasia antiquorum var. stolonifera Haines, Bot. Bihar Orissa 5: 867 (1924).
  • Colocasia antiquorum f. acuatica Makino, J. Jap. Bot. 3: 15 (1926).
  • Colocasia antiquorum f. eguimo Makino, J. Jap. Bot. 3: 15 (1926).
  • Colocasia antiquorum f. oyasetage Makino, J. Jap. Bot. 3: 15 (1926).
  • Colocasia antiquorum f. purpurea Makino, J. Jap. Bot. 3: 15 (1926).
  • Colocasia antiquorum f. yamamotoi Makino, J. Jap. Bot. 3: 15 (1926).
  • Colocasia tonoimo Nakai, Iconogr. Pl. Asiae Orient. 3: 231 (1940).[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome en galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago De Compostela, a través do Buscatermos.
  2. Matthews, Peter J. "Genetic Diversity in Taro, and the Preservation of Culinary Knowledge".
  3. "Taro (planta)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  4. Fraser, Charles (1830). "JOURNAL OF A TWO MONTHS' RESIDENCE ON THE BANKS OF THE RIVERS BRISBANE AND LOGAN, ON THE EAST COAST OF NEW HOLLAND.". Botanical miscellany (Londres) 1: 237–269. Consultado o 2 de setembro de 2011. By C. Fraser, Colonial Botanist. 
  5. "Taro (planta)". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 14 de decembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Clima del taro Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine. en Green-Seeds.com (métodos para crecer o taro)
  • Matthews, Peter J. "Genetic Diversity in Taro, and the Preservation of Culinary Knowledge". Ethnobotany Research & Applications 2: 55-71 (2004).Mathews
  • Perdomo Molina, Antonio. 2000. "Los manantiales de ñames (Colocasia esculenta) de Anaga (Tenerife)". El Pajar. Cuadernos de etnografía canaria. N° 7, agosto, pp. 36/41.[1]
  • Stephens, James M. 1994. Dasheen –– Colocasia exculenta (L.) Schott. Fact Sheet HS-592 from a series of the Horticultural Sciences Department, Florida Cooperative Extension Service, Institute of Food and Agricultural Sciences, University of Florida. May 1994. edis
  • Viotti, V. 2004. Honolulu Advertiser, March 16, 2004.
  • Wagner, W. L., D. R. Herbst, and S. H. Sohmer. 1999. Manual of the Flowering Plants of Hawai‘i. Revised edition. Vol. 2. Univ. of Hawei‘i Press/Bishop Museum Press. p. 1357.