Baía de Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baía de Hudson
Tundra landscape on Cape Merry.JPG
Localización administrativa
País Flag of Canada.svg Canadá
División Flag of Canada.svgNunavut
Flag of Canada.svgManitoba
Flag of Canada.svgOntario
Flag of Canada.svgQuebec
Localización xeográfica
Mar (océano) Océano Ártico
Continente América do Norte
Illa(s) Illa Southampton
Xeografia
Subdivisións Baía James, baía Gods Mercy, baía Daly, Chesterfield Inlet, enseada de Rankin e baía Button
Illas interiores Illa Mansel (3.180 km²), illa Coats (5.498 km²), illa Akimiski (3.001 km²) e illas Belcher (2.800 km²)
Afluentes Aux Feuilles (480 km) Eastmain (800 km), Rupert (763 km) y Harricana (533 km) (QC) — Moose-Missinaibi (755 km), Albany (980 km), Attawapiskat (750 km), Winisk (475 km) e Severn (982 km) (ON) — Hayes (483 km), Nelson (644 km) e Churchill (1.609 km)
Accidentes
 • Estreitos estreito de Hudson (co estreito de Davis) e cunca Foxe (canal Foxe e Roes Welcome Sound)
Superficie 1.230.000 km²
Lonxitude màxima 1.000 km (E-O)
Anchura màxima 700km (N-S)
Profundidade media 125 m
Outros datos
Descubridor Henry Hudson (1610)
Áreas protexidas Parque nacional Wapusk e Parque Provincial Oso Polar
Mapa
Localización da Baía de Hudson

Localización da Baía de Hudson
Vista satélte
Vista satélte
Baía de Hudson
Partes centro e leste da baía, aínda cubertas polos xeos, o 21 de maio de 2005.

A baía de Hudson atópase no nordés do Canadá. Limitan coa mesma o norte das provincias de Ontario, Quebec e Manitoba e o sueste de Nunavut. A baía de Hudson forma parte do océano Ártico. Conecta polo leste co Océano Atlántico a través do estreito de Hudson, e polo norte co resto do Ártico, a través do canle de Foxe, que non se considera parte da baía. Todas as illas da baía de Hudson forman parte de Nunavut.

  • Coordenadas xeográficas: 78° a 95° W, 51° a 70° N

Historia[editar | editar a fonte]

Esta baía leva o nome do explorador inglés Henry Hudson que, en 1610, quedou alí atrapado entre os xeos co seu buque Discovery. A baía de Hudson está historicamente asociada coa loita franco-inglesa por América do Norte nos séculos XVII e XVIII, pois daba acceso aos vastos territorios de comercio de peles nos que cada país quería conseguir a exclusividade. Os franceses, establecidos no val do San Lorenzo (Nova Francia), enviaron a miúdo expedicións para desaloxar os postos de tratado de peles que os Ingleses erixiran alí baixo a protección da Compañía da Baía de Hudson. Os ingleses fixeron o mesmo cos postos franceses. A situación non se solucionou ata logo da cesión deste territorio á Gran Bretaña en 1713 polos Tratados de Utrecht.

Xeografía física[editar | editar a fonte]

A baía de Hudson ten preto de 1000 km de anchura e 700 km de norte a sur e a súa conca é pouco profunda: a súa profundidade media é de 125 m e é inferior a 80 m ata 100 km da costa. O fondo é xeralmente pouco accidentado soamente con algunhas depresións e bancos pouco profundos. A razón é que foi formada durante a última glaciación polo "cepillado" do Escudo Canadense durante o Precámbrico polos glaciares.

Se observamos o mapa da baía, podemos comprobar que a parte sueste da baía de Hudson ten a forma dun semicírculo. Aínda que ningunha proba apóiao, unha hipótese avanzada é que esta forma sería o cráter dun dos maiores impactos dun meteorito do mundo, cun diámetro duns 300 km[1].

O fluxo das augas das Illas Árticas ao norte da baía e das augas que proveñen de numerosos ríos como o Churchill e o Nelson, manteñen na baía un nivel máis elevado de auga doce que o nivel medio dos mares. As súas augas vértense cara ao océano Atlántico polo angosto Estreito de Hudson. Por mor deste estreitamento, e o tamaño excepcional da baía, a masa de auga pode dar moitas veces a volta antes de saír.

A xeada da baía prodúcese en outubro e persiste ata xuño aínda que se forman aberturas no xeo, ata durante o máis frío do inverno, baixo o efecto do vento. O contraste entre estas augas expostas ao aire libre cuxa temperatura é de aproximadamente -2 °C e o aire ambiente moito máis frío baixo as aberturas, xera precipitacións de neve importantes pero moi localizadas.

Tralo desxeo, prodúcese unha circulación marítima limitada. Ademais dos kayaks Inuits, os botes amerindios e barcos de cabotaxe de todo tipo, as embarcacións da Garda Costeira canadense abren canles no xeo e abastecen aos pobos costeiros. Algunhas embarcacións de altura tamén fan escala en Churchill (lago Manitoba) para o transporte do trigo que provén das Praderías canadenses.

Fauna[editar | editar a fonte]

As especies de peixes máis abundantes son o salvelino (salvelinus alpinus) ou troita ártica, o capelán (mallotus villosus), o bacallau polar (boreogadus saida) e o bacallau de Groenlandia (gadus ogac). Preto de 20.000 belugas (delphinapterus leucas) ou baleas brancas, pasan o verán ao longo da costa oeste da baía; os grupos do estuario do río Nelson son probablemente os máis importante do mundo.

O oso polar é outra importante habitante da baía. Preto da cidade de Churchill, os osos polares pasan a tempada estival hibernando, ao contrario que outros osos, e parindo aos seus pequenos. Os vertedoiros son un lugar de cita no outono no momento da volta cara á baía, ata que o xeo sexa bastante sólido para soportalos. Tratan así de atopar un pouco de alimento logo de 6 meses de xaxún antes de poder cazar a súa presa favorita: a foca. Isto causa problemas nas relacións humano-oso.

As marismas da baía de Hudson son frecuentadas por algunhas das poboacións máis importantes de aves acuáticas. En particular aniñan alí as famosas barnaclas canadenses (Branta canadensis) e unha das poboacións máis importantes do mundo de falcóns peregrinos.

Flora[editar | editar a fonte]

As terras ribeiregas da baía cobren 324.000 km², son relativamente chairas e cubertas de lamazais acedas. A baía de Hudson sitúase en xeral ao norte do límite das árbores. A vexetación ao sur é de tipo muskeg, unha mestura de turba con algunhas árbores. Os índios Cree chámano wiinipekw, auga cenagosa, o mesmo nomee que para o lago Winnipeg. Avanzando cara ao norte da baía atopamos a tundra e o permafrost onde o mercurio está a maior parte do ano bastante por baixo do punto de conxelación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo de Terence Dickinson pubricado no Canadian Geographic, numéro de maio-xuño de 1995

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baía de Hudson Modificar a ligazón no Wikidata