Canal da Mancha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Canal da Mancha
EnglishChannel.jpg
Localización administrativa
Estado Reino Unido Reino Unido e Flag of France.svg Francia
Subdivisión Condados de Cornualles, Devon, Dorset, Hampshire, West Sussex, East Sussex e Kent (RU)
Departamentos de Pas-de-Calais, Somme, Seine-Maritime, Calvados, Manche, Ille e Vilaine, Côtes-d'Armor e Finistère (FRA)
Localización xeográfica
Océano / Mar Océano Atlántico
Continente Europa
Arquipélago Illas Británicas
Illa/s Gran Bretaña
Coordenadas 50°N 02°O / 50, -2Coordenadas: 50°N 02°O / 50, -2
Xeografía
Mares contiguos Mar do Norte e golfo de Biscaia
Illas interiores Illa de Wight e Illas do Canal (RU)
Afluentes Sena (776 km) e Somme (263 km) (FRA)
Cidades ribeiregas Brighton, Worthing, Hove, Littlehampton, Portsmouth, Gosport, Bournemouth & Poole, Southampton, Plymouth, Torbay, HastingsBexhill, Eastbourne, Bognor Regis, FolkestoneHythe, Weymouth, Dover, Exmouth, FalmouthPenryn, Ryde, St Austell, Seaford, Falmouth e Penzance (RU)
Le Havre, Calais, Boulogne-sur-Mer, Cherbourg, Saint-Brieuc, Saint-Malo, LannionPerros-Guirec, Dieppe, Morlaix, Dinard, ÉtaplesLe Touquet-Paris-Plage, Fécamp, EuLe Tréport, Trouville-sur-MerDeauville, Berck (FRA)
Accidentes
Golfos e baías Bahía Lyme (RU)
Baía do Sena, golfo de San Malô, baía do Monte Saint-Michel (FRA)
Cabos Cabo Beachy, punta de St. Catherine, punta Start e punta Lizard (RU)
cabo Gris Nez, cabo de Antifer, punta de Barfleur, cabo d eLa Hague
Estreitos Paso de Calais (mar do Norte)
Outros Península de Cotentin
Características
Superficie 75.000 km²
Lonxitude máxima 560 lm.
Anchura máxima 34-240 km.
Anchura mínima Paso de Calais (34 km)
Profundiade máxima 174 m.
Profundidade media 63 m.
Mapa
Locatie Het Kanaal.PNG

Localización oficial
English Channel.jpg

Mapa da rexión da canle da Mancha.

O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, "The Sleeve"; alemán: Ärmelkanal, "Sleeve Channel"; bretón: Mor Breizh, "Sea of Brittany"; córnico: Mor Bretannek, "British Sea"; neerlandés: Het Kanaal, "The Channel"), also called simply the Channel, [1] é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste. En francés chámase La Manche, en alemán Der Ärmelkanal e en inglés English Channel.

Características[editar | editar a fonte]

Ten aproximadamente 563 km de lonxitude e unha anchura de 240 km na parte máis ancha e de apenas 34 km no seu punto máis estreito, entre Dover e o cabo Griz-Nez. A profundidade máxima é de 172 metros.

A circulación marítima na canle da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superponse a dos ferries que ligan Francia e Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.

As Illas da Canle localízanse no interior da Canle da Manga, próximas ao lado francés. A illa de Ouessant é o punto de referencia da extremidade occidental da canle.

O departamento de Mancha -que incorpora a península do Cotentin, que avanza en dirección á canle- debe o seu nome á rexión marítima circunveciña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén canal da Manga e canle da Mancha segundo as referencias. Mancha é unha adaptación de Manche, en francés, que foi traducido erroneamente así ao galego, portugués e castelán, pois en francés manche non quere dicir 'mancha', senón 'manga'.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]