Mirra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anacos de mirra.

A mirra (do latín myrrha, e este do grego μύῤῥα) é unha resina moi aromática producida por unha árbore orixinaria de Arabia[1]

Obtense facendo unha fenda na casca da especie arbórea Commiphora myrrha, da exsuda unha resina gomosa, de cor amarela que ao se enxugar colle formas irregulares e tons pardos avermellados. A árbore medra no nordés de África, en Arabia e en Turquía.

Foi moi valorada na antigüidade, xa que era un dos compoñentes para a elaboración de perfumes, incenso,[2] ungüentos, unturas, menciñas e para esluír tintura nos papiros. Usábase tamén para embalsamar os mortos.[3]

A mirra, en épocas do imperio romano, era usada como anestésico para os expirantes ou os condenados a morte e se adoitaba dar mesturada con viño.[4]

A gomorresina tense utilizado tamén coma estimulante e tónico, e na actualidade emprégase coma antiséptico en enxaugaduras bocais e dentífrico, entre outros.

Esta substancia tamén ten numerosas propiedades medicinais e se usaba para tratar a rouquén, a disentería e coma antiparasitaria. Ademais, Dioscórides menciona no seu tratado "De Materia Médica" as propiedades abortivas da mirra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para mirra.
  2. Éxodo 30:23
  3. Xoán 19:39
  4. Marcos 15:23

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dalby, Andrew (2000), Dangerous Tastes: The Story of Spices (Sabores perigosos: A historia das especias, aínda sen edición en galego), Londres: British Museum Press, ISBN 0-7141-2720-5, pp. 107-122.



Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mirra