Atol Diego García
(en) Diego Garcia | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Diego García de Moguer | ||||
Parte de | Arquipélago Chagos | ||||
Situado na entidade xeográfica | Territorio Británico do Océano Índico | ||||
Localización | |||||
Continente | África | ||||
División administrativa | Territorio Británico do Océano Índico, Reino Unido | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Características | |||||
Altitude | 7 m | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m ) | ||||
Superficie | 30 km² | ||||
Diego García é un atol de 30 km² situado no océano Índico. É parte do Arquipélago Chagos e un territorio británico de ultramar, parte do Territorio Británico no Océano Índico.
O atol está a 3.650 km. ao leste da costa africana de Tanzania, a 1.790 km. ao sur-suroeste de Kanyakumari na punta sur da India e a 4.720 km. oeste-noroeste de Cape Range National Park, Western Australia na costa occidental de Australia.
Mauricio tratou de recuperar a soberanía, perdida en 1965, sobre o arquipélago de Chagos. Entre 1968 e 1973, os chagosianos, unhas 2.000 persoas, foron expulsados forzosamente polo goberno británico a Mauricio e Seychelles para alugar Diego García a Estados Unidos ata 2016, para permitir que os Estados Unidos instalasen unha base militar na illa. Hoxe en día, os chagosianos exiliados seguen loitando para regresar á súa terra natal, alegando que a expulsión forzada e a expropiación era ilegal. A pesar de que o Tribunal Supremo británico sentenciou que a expulsión foi ilegal e que a poboación ten dereito a regresar, os distintos gobernos británicos negáronse a cumprir a sentenza.[1][2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Diego García é a masa de terra máis grande do arquipélago de Chagos (que inclúe Peros Banhos, as Salomon Islands, os Three Brothers, as Egmont Islands e o Great Chagos Bank), é un atol que ocupa aproximadamente 174 km², dos cales 27´19 km² é terra seca. A porción continua dos tramos do bordo do atol ten 64 km. dunha punta á outra, que encerra unha lagoa de 21 km. de longo por 11 km. de largo, cunha única abertura de 6 km. no norte e cunha profundidade que chega ata uns 25 m.. Hai tres pequenas illas situadas no paso.
A illa componse dos maiores atois continuos do mundo. A franxa de secaño varía en anchura desde uns poucos centos de metros a 2´4 km. Típico dos atois de coral, ten unha elevación máxima nalgunhas dunas no lado do mar de nove metros. A illa principal é a máis grande de ao redor das 60 illas que forman o arquipélago de Chagos. Ademais da illa principal, hai tres pequenas illas na desembocadura da lagoa: West Island (3´4 ha); Middle Island (6 ha), e East Island (11´75 ha). No bordo exterior da plataforma do arrecife, o fondo descende abruptamente, nalgúns lugares, caendo a máis de 450 m. a 1 km. da beira.
A plataforma do arrecife que rodea a illa non ofrece ningún ancoradoiro xunto ao mar no lado do océano. As áreas da canle e de ancoraxe na metade norte da lagoa son dragados. Importantes zonas húmidas de auga salgada chamados Barachois existen na metade sur da lagoa. Son pequenas lagoas fóra da lagoa principal, cheos de auga de mar coa marea alta e secos durante a marea baixa. Expedicións científicas en 1996 e 2006 describiron a lagoa e as augas circundantes de Diego García, xunto co resto do Arquipélago Chagos, como "excepcionalmente non contaminada" e "virxe".[3]
Non hai especies endémicas de plantas, aves, anfibios, réptiles, moluscos, crustáceos e mamíferos en Diego García ou nas augas circundantes. Hai varios peixes endémicos e invertebrados acuáticos. Todas as plantas, a vida silvestre e as especies acuáticas están protexidos nun grado ou outro. Ademais, gran parte das augas da lagoa e as zonas húmidas están protexidos pola Convención de Ramsar, gran parte da illa son reservas naturais.[4]
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Diego García é tropical. Caracterízase pola súa humidade e as súas temperaturas moderadas polos alisios. As precipitacións, chegan a preto de 2.500 milímetros por ano. Pola súa proximidade ao ecuador, Diego García non está suxeita á aparicións de furacáns .
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]De acordo coa tradición oral do sur das Maldivas, os comerciantes e pescadores que se perdían no mar de cando en vez quedaban varados nalgunha das illas das Chagos. Finalmente eran rescatados e levados de volta a casa. Con todo, non hai nomes para os distintos atois das Chagos na tradición oral das Maldivas.[5]
A illa puido ser visitada durante a diáspora Austronesiana ao redor do ano 700 dC, e algúns [Cómpre referencia] din que o nome antigo de Maldivas para as illas orixinouse a partir do malgaxe. Tamén se suxire que os árabes, que chegaron a Lakshadweep e Maldivas ao redor do ano 900 dC, puideron visitar as Chagos, e que Zheng He puido navegar preto en 1413-1415, xa que está documentado nun mapa da Dinastía Ming.[6]
Descubrimento Europeo
[editar | editar a fonte]Os exploradores Portugueses puideron ser os primeiros europeos en descubrir a illa de Diego García. O navegante portugués Pedro de Mascarenhas puido descubrir a illa durante a súa viaxe de 1512-1513, pero hai poucas evidencias disto.
A tradición suxire que a illa debe o seu nome ao navegante español Diego García de Moguer, que descubriu a illa no ano 1500. García foi o explorador que navegou ao Río da Prata en 1526, e posiblemente con Hernando de Soto[Cómpre referencia]. García encabezou unha expedición portuguesa no océano Índico en 1554 e morreu antes de completar a viaxe de regreso [Cómpre referencia]. Algúns estudosos portugueses cren que o nome de pía de García, "Diego", é un nome incorrecto ou unha mala interpretación que se empezou a usar cara ao final do século 16 [Cómpre referencia]. Aínda que o Planisferio de Cantino (1504) e o mapa Ruysch (1507) que delinean claramente as Illas Maldivas, dándolles os mesmos nomes, non mostran ningunha illa ao sur, que poidan ser identificadas como o arquipélago de Chagos.
O mapa de Sebastian Cabot (Antuerpen 1544) mostra unha serie de illas ao sur, que poden ser as Illas Mascareñas. O primeiro mapa que identifica e nomea "As Chagos" (en aproximadamente a posición correcta) é o de Pierre Desceliers ( Dieppe 1550), aínda que Diego García non se nomea. Unha illa que se chama "Don García" aparece no Theatrum Orbis Terrarum de Abraham Ortelius (Antuerpen 1570), xunto con "Dos Compagnos", un pouco ao norte. Pode darse o caso de que "Don García" fora nomeada por García de Noronha, aínda que non existen probas para apoiar esta suposición [Cómpre referencia]. A illa tamén se mostra como 'Don García' no Nova et Aucta Orbis Terrae Descriptio ad Usum Navigatium Emendate (Duisburg 1569) de Mercator. Con todo, no Vera Totius Expeditionis Nauticae Description de Jodocus Hondius (Londres 1589), "Don García" misteriosamente cambia o seu nome a "I. de Dio Gratia", mentres que a "I. de Chagues" aparece cerca.
O primeiro mapa en delinear a illa baixo o seu nome actual, Diego García, é o Mapamundi de Edward Wright (Londres 1599), posiblemente como resultado da mala interpretación de Dio (ou simplemente "D") como Diego, e Gratia como García. O Nova Totius Terrarum Orbis Geographica de Henricus Hondius (Antuerpen 1630) repite a mala interpretación de Wright do nome, que logo proliferou en todos os mapas holandeses posteriores da época, e ata a actualidade.
Asentamento na illa
[editar | editar a fonte]Diego García e o resto das illas Chagos estiveron deshabitadas ata o século 18. En 1778 o gobernador francés de Mauricio concedeu a Monsieur Dupuit de la Faye a illa de Diego García, e hai probas das visitas francesas a recoller cocos e peixe.[7] Varios franceses que vivían "nunha ducia de chozas" abandonaron Diego García cando a British East India Company intentou establecer unha colonia alí en abril de 1786. As subministracións dos 275 colonos foron esgotados polos 250 superviventes do naufraxio do barco da British East Indian Ship ATLAS en maio, a colonia fracasou en outubro.[8] Trala saída dos británicos, a colonia francesa de Mauricio comezou a abandonar leprosos en Diego García.[8] En 1793 estableceuse unha plantación de cocos usando traballo escravo, tamén exportaba corda de fibra de coco, e cogombros de mar, considerados un manxar en oriente.[9]
Diego García converteuse nunha colonia do Reino Unido logo das guerras napoleónicas como parte do Tratado de París (1814), e desde 1814 a 1965 foi administrada desde Mauricio[10]. En Diego García, as principais plantacións atopábanse en East Point, o principal asentamento no bordo oriental do atol; Minni Minni, a 4´5 km. ao norte de East Point, e Marianne Point, no bordo occidental, todas elas situadas no lado da lagoa do atol. Os traballadores vivían neses lugares, e nas aldeas espalladas pola illa.
Desde 1881 ata 1888 Diego García foi a localización das dúas estacións carboeiras dos buques de vapor que cruzaban o océano Índico.[11]
Século 20
[editar | editar a fonte]En 1914 a illa foi visitada polo cruceiro lixeiro alemán SMS Emden a metade da súa histórica travesíae de asalto ás rutas comerciais nos primeiros meses da primeira guerra mundial.[12]
No ano 1942, os británicos, estableceron unha base avanzada de hidroavións na plantación de East Point, co persoal e equipo das escuadrillas 205 e 240, entón acantonadas en Ceilán. Os avións Catalina e Sunderland foron utilizados no transcurso da segunda guerra mundial na procura de buques de superficie e submarinos alemáns e xaponeses. Trala conclusión das hostilidades, a base foi pechada o 30 de abril de 1946.[13]
En 1962, a Chagos Agalega Company da colonia británica das Seychelles mercaron a compañía Societe Huiliere de Diego et Peros, trasladando a sede da empresa a Seychelles.[14]
A principios de 1960, o Reino Unido ía retirar a súa presenza militar na zona do océano Índico, agás a base de RAF Gan ao norte de Diego García, nas Maldivas (que permaneceu aberta ata 1976), un acordou permitiu aos Estados Unidos establecer unha Estación de Comunicación Naval nunha das illas do territorio. Os Estados Unidos solicitaron unha illa despoboada ao Reino Unido para evitar dificultades políticas cos novos países independentes, o Reino Unido e os Estados Unidos, finalmente, acordaron que Diego García era o lugar adecuado.[15]
Adquisición por parte do Reino Unido
[editar | editar a fonte]Para levar a cabo a estratexia de defensa mutua, Reino Unido / Estados Unidos, en novembro de 1965, o Reino Unido comprou o Arquipélago Chagos, que inclúe a Diego García, a entón colonia autónoma de Mauricio por 3 millóns de libras para crear o Territorio Británico do Océano Índico (BIOT), coa intención de pechar as plantacións para prover un territorio deshabitado británico aos Estados Unidos desde onde levar a cabo as actividades militares na rexión.
En abril de 1966, o goberno británico comprou os activos da Chagos Agalega Company no BIOT por 600.000 libras e administrouna como unha empresa estatal á espera do financiamento por parte dos Estados Unidos das instalacións propostas no novo territorio.
O 30 de decembro de 1966, os Estados Unidos e o Reino Unido firmaron o acordo que permitiu aos Estados Unidos usar o BIOT para fins de defensa durante 50 anos (ata decembro de 2016), seguido dunha prórroga opcional de 20 anos (ata 2036) para a que ambas partes deben estar de acordo en decembro de 2014.[16]
Importancia xeopolítica
[editar | editar a fonte]Nos ataques estadounidenses contra Afganistán e Iraq, a localización estratéxica da base nesta illa, desde a que se controla Oriente Medio e a metade de Asia e África, foi vital como plataforma para os bombardeiros de longo alcance B-52 e B-2.
O exército dos Estados Unidos ten unha das cinco estaciones de monitorización do sistema GPS nesta illa (as outras catro están en Colorado Springs, Hawai, Kwajalein e Ascensión).
Diego García serviu para acurralar á Unión Soviética e a China durante a guerra fría. Hoxe en día segue sendo indispensable para os intereses da superpotencia en Oriente Medio e en países africanos como Somalia, así como para vixiar as actividades dos novos xogadores globais, a China e a India, e puntos estratéxicos como o estreito de Ormuz, por onde pasan 17 millóns de barrís de cru ao día.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mauritius profile". BBC World. 2011. Consultado o 4 April 2012.
- ↑ "HISTORICAL BACKGROUND - WHAT HAPPENED TO THE CHAGOS ARCHIPELAGO ?". chagosinternational.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 4 April 2012.
- ↑ "Science". Chagos Conservation Trust (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2010.
- ↑ Sheppard & Spalding (2003), chapter 6.
- ↑ Xavier Romero-Frias, The Maldive Islanders, A Study of the Popular Culture of an Ancient Ocean Kingdom. Barcelona 1999, ISBN 84-7254-801-5. Chapter 1 "A Seafaring Nation", page 19
- ↑ Edis (2004), p. 21.
- ↑ Edis (2004), p. 29.
- ↑ 8,0 8,1 Edis (2004), p. 32.
- ↑ Edis (2004), p. 33.
- ↑ Edis (2004), p. 80.
- ↑ D. R. Stoddart (1971): "Settlement and development of Diego Garcia". In: Stoddart & Taylor (1971), pp. 209–218.
- ↑ Helmuth von Mucke 'The Emden'. Books.google.com. 1916. p. 130. Consultado o 2012-06-21.
- ↑ Edis (2004), p. 70.
- ↑ Edis (2004), p. 82.
- ↑ Sand (2009), p. 3.
- ↑ Sand (2009), p. 72.