Circulación xeral atmosférica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circulación xeral na atmosfera terrestre. A célula de Hadley subtropical, a célula de Ferrell e a célula polar.

A circulación xeral atmosférica trátase dun movemento de aire a grande escala na atmosfera da terra o cal é afectado polo efecto de Coriolis. Esta circulación de aire está formado principalmente por tres células en constante movemento.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

Este movemento global de aire presente tanto no hemisferio norte como no hemisferio sur funciona dende que se quece o aire no ecuador producindo unha ascensión do aire, que se despraza ata chegar os 30º de latitude (zonas subtropicais). Alí é onde arrefría descendendo, formando unha célula que se volve dirixir cara ao ecuador repetindo outra vez este proceso.

Entre os 30º e 60º de latitude atópase outra célula onde predominan as baixas presións que orixinan ventos suaves que se dirixen do oeste cara aos polos chamados ventos do oeste ou westerlines debido ao seu desprazamento.

Por último dende os 60º de latitude en diante atópase unha última célula que forma os chamados ventos polares, que proveñen do leste nos dous hemisferios.

Esquema[editar | editar a fonte]

  1. Circulación xeral atmosférica
    • Célula de movemento de aire entre os 0º-30º de latitude.
    • Célula de movemento de aire entre os 30º-60º de latitude.
      • Ventos do oeste
    • Célula de movemento de aire entre os 60º en diante de latitude.
      • Ventos polares do leste
      • Chorro polar