Mayotte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMayotte
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°50′35″S 45°08′18″L / -12.843055555556, 45.138333333333Coordenadas: 12°50′35″S 45°08′18″L / -12.843055555556, 45.138333333333
Territorio reivindicado porComores Editar o valor em Wikidata
EstadoFrancia Editar o valor em Wikidata
CapitalMamoudzou Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación320.901 (2024) Editar o valor em Wikidata (858,02 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
Língua shimaore (pt) Traducir
Língua bushi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie374 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Índico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoBenara (en) Traducir (660 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.yt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+262 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísYT Editar o valor em Wikidata

Sitio webmayotte.fr Editar o valor em Wikidata

Mayotte é unha posesión de Francia entre o océano Índico e a canle de Mozambique no arquipélago das Comores, do cal é a illa máis oriental. Está formado pola illa Mayotte, tamén coñecida como Grand Terre e dúas illas máis pequenas: a illa de Pamanzi, o Petit Terre e a illa Chisimoi M'Zamboro. Os países veciños máis próximos son as Comores ao noroeste, Madagascar ao sueste, as illas Seychelles e as Illas Gloriosas (dependentes de Reunión) ao nordeste, e Mozambique ao oeste. Ten o status de Departamento de Ultramar. A súa capital e Mamoudzou.

Historia[editar | editar a fonte]

Mayotte foi cedida a Francia xunto co resto das Comores no ano 1843. Foi a única illa do arquipélago que votou en referendo por manter os seus vínculos con Francia (en 1974 e novamente en 1976, co 63,8% e 99,4% respectivamente). As Comores continúan reclamando a illa e unha resolución do Consello de Seguridade da ONU de 1976 foi apoiada por 11 dos 15 membros pero vetada por Francia, tentaba recoñecer a soberanía das Comores sobre Mayotte (volveuse presentar o mesmo caso en 2004).

A situación de Mayotte foi difícil para Francia: mentres a maioría da poboación local non desexa a independencia ou a unión co resto das Comores, a crítica internacional é forte respecto dos lazos existentes entre Mayotte e Francia. Máis aínda, a peculiar forma de administración local de Mayotte, baseada en gran parte na Lei Islámica, sería moi difícil de integrar nas estruturas legais de Francia, sen mencionar os custos de levar os estándares de vida a niveis próximos aos da Francia metropolitana. Por estas razóns, ata 2007, as leis promulgadas polo parlamento nacional debían especificar claramente se se aplicaban en Mayotte. Con todo, agora aplícanse directamente, salvo para algunhas materias.

En 2001 o status de Mayotte cambiou cara a Colectividade Departamental de Ultramar, un status moi próximo ao de Departamento de Ultramar Francés (como nos casos de Reunión, Guadalupe, Martinica e a Güiana Francesa). Este cambio foi aprobado polo 73% da poboación de Mayotte. A pesar disto, as Comores seguen reclamando a illa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mamoudzou

A illa principal, Mayotte (ou Grande Terre), é a máis antiga en termos xeolóxicos do arquipélago das Comores. Ten 39 km de longo por 22 km de ancho e os seus puntos máis altos están entre os 500 e 600 metros sobre o nivel do mar. Debido á súa natureza volcánica, o chan é moi rico nalgunhas zonas. O arrecife de coral que rodea gran parte da illa asegura a protección dos barcos e é un excelente hábitat para diversas clases de peixes.

Mamoudzou foi a capital das Comores ata 1962, e agora é o centro administrativo de Mayotte. Dzaoudzi é a segunda cidade de Mayotte, atópase situada na Illa Pamanzi (ou Petite Terre), a cal conta con 10 km², sendo a máis grande de varios illotes que rodean a Grande Terre. Unha ponte comunica a Pamanzi con Mayotte.

Mapa de Moyotte
Mapa de Moyotte

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Mayotte.

Cultura[editar | editar a fonte]

Mayotte ten un conglomerado de distintas culturas; a principal, de orixe comoriana, representa o 60% da poboación e a segunda é de orixe malgaxe; ambas as dúas están fortemente influenciadas pola cultura francesa, que se impregna cada vez máis nelas. A moringue, análoga á capoeira brasileira, aínda se practica na illa.

Aínda que o francés é a lingua oficial, moitos falan e escriben o shimaore e o malgaxe, os dous idiomas principais da illa.

Poboación[editar | editar a fonte]

A disparidade enorme entre as condicións económicas desta illa e as outras situadas no arquipélago a menos de 70 km, débese aos subsidios económicos que chegan da metrópole. Como consecuencia Mayotte atrae decenas de miles de inmigrantes que chegan cada ano en fráxiles embarcacións. Esta illa posúe a maior taxa de fertilidade de Francia cuns 7.000 nacementos anuais, o 75% destes de inmigrantes ilegais.

Saúde[editar | editar a fonte]

Aínda que Mamoudzou é a única poboación que conta cun hospital, os medicamentos distribúense de forma gratuíta en todas as poboacións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]