Illa Amsterdam
| Île Amsterdam (fr) Amsterdam Island (en) | ||||
| Epónimo | Ámsterdam | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Francia | |||
| Territorio dependente | Terras Austrais e Antárticas Francesas | |||
| Grupo | Saint Paul and Amsterdam (en) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 28 | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 55 km² | |||
| Medición | 7 ( | |||
| Bañado por | océano Índico | |||
| Altitude | 867 m | |||
| Punto máis alto | Mont de la Dives (en) | |||
A illa Amsterdam é unha pequena illa francesa situada ao sur da océano Índico. Forma coa illa Saint-Paul, a 85 km máis ao sur o distrito das Illas de Saint-Paul e Amsterdam. Habítana preto de 30 persoas durante o inverno austral e 60 persoas no verán.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa Amsterdam é unha illa de orixe volcánica cunha superficie de 58 km². A montaña Dives é o punto máis alto con 881 m.
As illas Saint-Paul e Amsterdam son as illas máis afastadas do mundo de toda masa continental.
Climatoloxía
[editar | editar a fonte]Teñen un clima oceánico amornado sen neve nin xeadas pero cun vento constante do oeste. Temperatura media ao abrigo do vento de 16 °C cunha máxima absoluta, durante 50 anos, de 26 °C e unha mínima de 1´7 °C.
A única poboación é a da base científica de Martin de Viviès, de 1949 hai misións científicas con 23 a 35 persoas.
Explótase a pesca da lagosta (Jasus paulensis).
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Presentan un ecosistema fortemente perturbado polo ser humano (caza, deforestación) e estendéronse plantas introducidas como capuchinas e gramíneas.
A vexetación natural é de tipo herbáceo só na illa de Amsterdam atópase unha especie de árbore a Phylica arborea pero en 1980 só quedaban árbores residuais xa que deles se alimentan os bovinos asilvestrados duns rabaños do século XIX.
Replantaronse 7.000 destes tipos de árbores.
Fauna: aves mariñas como un endémico Albatros, o albatros de Amsterdam (Diomedea amsterdamensis)
Mamíferos mariños como o otárido (Arctocephalus tropicalis) e elefantes de mar e a candorca.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa Amsterdam foi vista por Magalhães e Sebastián Elcano o 18 de marzo de 1522 O gobernador holandés Van Diemen deulle o nome do seu barco Nieuw Amsterdam, en 1633. Pero o primeiro en desembarcar alí foi o holandés Willen de Vlaming en 1696.
As dúas illas foron redescubertas polo polaco Adam Mieroslawski, en 1842. En 1843 Francia tomou posesión. Houbo intentos de explotar as illas para a agricultura e a gandería.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Amsterdam |
