Mauricio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Illa Mauricio")
República de Mauricio
Republic of Mauritius
Bandeira de Mauricio
Escudo de Mauricio
Bandeira Escudo
Mauritius (orthographic projection).svg
Lema: Stella Clavisque Maris Indici
Chave e estrela do Océano Índico

Capital Port Louis
 • Poboación 1 250 882 (2007)
Cidade máis poboada Port Louis
Linguas oficiais inglés
Forma de goberno República
Anerood Jugnauth
Navinchandra Ramgoolam
Independencia do Reino Unido 12 de marzo de 1968
Superficie Posto 180º
 • Total 2 040 km²
 • % auga 0,05
Fronteiras 0 km
Costas 177 km
Poboación Posto 149º
 • Total (2007) 1 240 827 hab.
 • Densidade 588 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
PIB (PPA) Posto 120º
 • Total (2006) 16 898 millóns US$
 • per cápita 13 615 US$
Moeda Rupia de Mauricio (MUR)
IDH (2007) 0,804 (65º) – Alto
Xentilicio Mauriciano, -na
Fuso horario UTC + 4
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .mu
Prefixo telefónico +230
Prefixo radiofónico 3BA-3BZ
Código ISO 480 / MUS / MU
Membro de: ONU, UA, Commonwealth

Mauricio é un país do Océano Índico constituído polas Illas Mascareñas orientais (Illa Mauricio e Rodrigues) e por dous arquipélagos de illotes máis ao norte: as illas Cargados Carajos e as illas Agalega. Os seus veciños máis próximos son a posesión francesa de Reunión, ao oeste, e as Seixeles, ao norte. Capital: Port Louis.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da illa Mauricio.

Mauricio xa era coñecida por mariñeiros árabes e malaios desde o século X. Os portugueses foron os primeiros europeos que chegaron á illa, en 1505.

Mauricio mantívose deshabitada ata o 1638 cando foi colonizada polos holandeses. Eles nomearon a illa en honor do príncipe Mauricio de Orange-Nasau. Debido a cambios climáticos, os ciclóns e a deterioración do chan fértil, os holandeses abandonaron a illa algunhas décadas despois. Os franceses controlaron a illa durante o século XVIII e nomeárona Île de France (Illa de Francia). A pesar de gañar a famosa guerra de Grand-Port contra os ingleses, os franceses foron derrotados por estes ao norte da illa, en Cap Malheureux, un mes despois. Iso significou a perda da posesión a favor dos británicos en 1810 e a posterior reversión da illa ao seu nome antigo.

En 1965, o Reino Unido separou o Arquipélago Chagos de Mauricio para crear o Territorio Británico do Océano Índico coa finalidade de utilizar esas illas estratéxicas con finalidades defensivas xunto cos Estados Unidos. A pesar de que o goberno de Mauricio estivo de acordo con dita manobra nese momento, os posteriores gobernos reclamaron esas illas sinalando que a separación foi ilegal á luz do dereito internacional.

Unha postal de Mauricio, Port Louis: Teatro c. 1900-1910

A independencia foi conseguida en 1968. O país converteuse nunha república dentro da Commonwealth en 1992. Mauricio ten sido unha democracia estable con eleccións libres regulares e con respecto aos dereitos humanos, e atraeu considerables investimentos estranxeiros logrando un dos ingresos per cápita máis altos de África.

Mauricio apunta a ser o conector de negocios do Océano Índico. Búscanse novas oportunidades de negocio nos sectores bancario e tecnolóxico actualmente.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política da illa Mauricio.

A illa Mauricio é controlada por un presidente que é elixido pola Asemblea Nacional e polo parlamento para un goberno de cinco anos. A Asemblea Nacional está formada por 62 membros elixidos directamente polo voto popular, entre 4 e 8 son designados os membros adicionais, chamados de "mellores perdedores", que son candidatos á elección para representar minorías étnicas. O goberno está formado polo Primeiro Ministro e polo Consello de Ministros.

Distritos e dependencias[editar | editar a fonte]

A propia illa Mauricio está dividida en 9 distritos:

Distritos de Mauricio

Outras tres illas son tamén son parte da illa Mauricio:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Xunto con Reunión e mais Rodrigues, Mauricio é parte das Illas Mascareñas. Este arquipélago foi formado nunha serie de erupcións volcánicas hai 8 ou 10 millóns de anos, e actualmente non posúe ningún volcán activo. A propia illa Mauricio está formada arredor dun planalto central, co seu cume máis alto no suroeste, Piton de la Riviere Noire con 828 m. Arredor do planalto, o cráter orixinal pode distinguirse entre as montañas.

O clima local é o tropical, modificado por ventos do sueste; é predominantemente quente, con un inverno seco e verán chuvioso.

A capital da illa e a maior cidade é Port Louis, no noroeste. Outras cidades importantes son Curepipe, Rose Hill, Catre Bornes e Vacoas.

Clima[editar | editar a fonte]

Mauricio posúe un clima tropical relativamente temperado ao longo de todo o ano dominado polos ventos do sueste. As temperaturas son moderadas e as precipitacións ocasionais, e danse máis nos meses do verán (novembro a maio), sendo os invernos máis secos (maio a novembro). As diferenzas térmicas entre as estacións son mínimas, na meseta central a temperatura varía entre os 20 °C en agosto e os 26 °C en febreiro, mentres que na costa a temperatura adoita ser máis alta, o mesmo ocorre co norte e o oeste de Mauricio, que son máis cálidos e secos que a parte sur e leste da illa. Os ciclóns afectan ao país durante os meses de verán (novembro a abril), o ciclón Holanda (1994) e o Dina (2002) foron os dous peores ciclóns que afectaron ao país nos últimos anos.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía da illa Mauricio.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía da illa Mauricio.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura da illa Mauricio.

Linguas[editar | editar a fonte]

O inglés é unha das linguas oficiais e é particularmente falada pola poboación de orixe india. A outra lingua oficial é o francés. A lingua de comunicación habitual é o Marisyen ou crioulo mauriciano, unha lingua crioula construída con base no francés. Moitos dos inmigrantes indios e chineses aínda falan as súas linguas de orixe.

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mauricio Modificar a ligazón no Wikidata