Mar de Tasmania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Tasmania
Vista de satélite do mar de Tasmania.

Vista de satélite do mar de Tasmania.
Localización administrativa
País Australia Australia
Nova Zelandia Nova Zelandia
División Nova Gales do Sur, Victoria e Tasmania (AUS)
Localización xeográfica
Mar (océano) Océano Pacífico
Continente Oceanía
Xeografia
Mares contiguos Mar do Coral
Illas interiores Illas de Lord Howe, Pirámide de Ball e illa Norfolk
Accidentes
 • Golfos e baías Enseada de Karamea
Superficie 2 331 000 km²
Lonxitude màxima 2 800 km
Anchura màxima 2 000 km
Outros datos
Descubridor Abel Tasman
Áreas protexidas Parques nacionais de Bundjalung, Yuraygir, Hat Head, Baía Crowdy, Lagos Myall, Royal e Mimosa Rocks (AUS)
Parque nacional de Fiordland (NZ)
Mapa
Localización do mar de Tasmania.

Localización do mar de Tasmania.
Vista satélite do mar de Tasmania
Vista satélite do mar de Tasmania
Mar de Tasmania.

O mar de Tasmania está situado ao suroeste do océano Pacífico, entre a Australia continental e a illa de Tasmania ao oeste, e a Illa Norte e Illa Sur de Nova Zelandia ao leste.

Este mar toma o seu nome da illa de Tasmania, descuberta (así como Nova Zelandia) no século XVII polo explorador holandés Abel Tasman. Posteriormente, o explorador británico James Cook explorou extensivamente o mar de Tasmania durante a década de 1770 como parte da súa primeira viaxe de descubrimento. Tamén a expedición de Alessandro Malaspina sucou as súas augas durante o ano 1793, fondeando en Doubtful Sound (Illa Sur de Nova Zelandia) e en Sydney (Australia).

De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, fíxase convencionalmente o límite entre o mar de Tasmania e o mar do Coral na continuación da fronteira entre os estados australianos de Queensland e Nova Gales do Sur.

Existen varios grupos de illas situadas no mar de Tasmania, lonxe da costa de Australia e Nova Zelandia:

Delimitación da IHO[editar | editar a fonte]

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Tasmania como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 63 e defíneo do seguinte xeito:

No Oeste.
Unha liña desde illa Gabo (preto de cabo Howe, 37°30'S) até a punta Nordeste da illa East Sister (148°L) e desde alí ao longo do meridiano até a illa de Flinders, máis alá desta illa unha liña que vai cara oriente desde os bancos Vansittart até a illa Barren, e desde cabo Barren (o punto máis oriental da illa de Barren) a punta Eddystone (41°S) en Tasmania, e desde alí seguindo a costa oriental ao sur de cabo do Leste, o punto suroreintal de Tasmania.
No Norte.
O paralelo 30°S desde a costa de Australia cara ao leste até a liña que une os extremos oriental do coral Elizabeth e South East Rock (31°47'S, 159°18'L) e logo cara ao sur ao longo desta liña até South East Rock.
No Nordeste.
Desde South East Rock até a punta norte da illa dos Tres Reis (34°10'S, 172°10'L) e desde alí ao cabo Norte en Nova Zelandia.
No Oriente,
No estreito de Cook.
Unha liña unindo o extremo sur da falta de terra en cabo Palliser (Ngawi) e o faro de cabo Campbell (Te Karaka).
No estreito de Foveaux (46°45'S).
Unha liña que une o faro de punta Waipapapa (168°33'L) coa East Head (47º02'S) de illa Stewart (Rakiura).
No sueste.
Unha liña que vai desde o cabo Suroeste de illa Stewart, a través das Snares (48ºS, 166°30'L) até o cabo Noroeste da illa de Auckland (50°30'S, 166°10'L), a través desta illa até o seu extremo sur.
No Sur.
Unha liña que une o punto meridional da illa de Auckland (50°55'S, 166°L) até o cabo South East, o extremo meridional de Tasmania.
Limits of oceans and seas, páx. 38.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «On the West.
    A line from Gabo Island (near Cape Howe, 37°30' S) to the Northeast point of East Sister Island (148°E) thence along the 14Sth meridian to Flinders Island; beyond this Island a line running to the Eastward of the Vansittart Shoals to Barren Island, and from Cape Barren (the Easternmost point of Barren Island) to Eddystone Poinr (41°S) in Tasmania, thence along the East coast to South East Cape, the Souhern point of Tasmania.
    On the North.
    The parallel of 30° S from the Australian coast Eastward as far as a line joining the East extremities of Elizabeth Reef and South East Rock (31°47'S, 159°18'E) then to the Southward along this line to the South East Rock.
    On the Northeast.
    From the South East Rock to the North point of Three Kings Islands (34°10'S, 172°10'E) thence to North Cape in New Zealand.
    On the East
    In Cook Strait. A Iine joining the South extreme of the foul ground off Cape Palliser (Ngawi) and the Lighthouse on Cape Campbell (Te Karaka).
    In Foveaux Strait (46°45' S).
    A line joining the Light on Waipapapa Point (168°33' E) with East Head (4702' S) of Stewart Island (Rakiura).
    On the Southeast.
    A line running from South West Cape, Stewart Island, through The Snares (48" S, 166°30' E) to North West Cape, Auckland Island (50°30' S, 166°10' E), through this island to its Southern point.
    On the South.
    A Iine joining the Southern point of Auckland Island (50°55'S, 166°E) to South East Cape, the Southern point of Tasmania.».
    A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: http://www.iho-ohi.net/iho_pubs/standard/S-23/S23_1953.pdf Consultado o 1 de abril de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Tasmania Modificar a ligazón no Wikidata