Mar Caspio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mar Caspio
Foto satélite do Mar Caspio

Foto satélite do Mar Caspio
Localización administrativa
País Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán
Flag of Iran.svg Irán
Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán
Rusia Rusia
Flag of Turkmenistan.svg Turcomenistán
División 13 raions (AZE)
Provincias de Guilán, Mazandarán e Golestán (IRN)
Provincias de Mangystau e Atyrau (KAZ)
Daguestán, Kalmykia e óblast de Astracán (RUS)
Provincia de Balkan (TKM)
Localización xeográfica
Continente Asia Central
Xeografia
Illas interiores + de 26
Afluentes Ríos Volga, Ural, Kura e Terek
Cidades ribeireñas Bakú (Acerbaixán) e Rasht (IRN); Aktau (KAZ), Majachkalá (RUS) e Türkmenbaşy (TKM)
Superfície 371 900 km²
Lonxitude màxima 1210 km (N-S)
Anchura màxima 210-436 km (E-O)
Lonxitude costa 7000 km
Profundidade màxima 1025 m
Profundidade media 187 m
Altitude -28m
Capacidade 69 400 km³
Outros datos
efluentes Evaporación
Conca fluvial Endorreica
área drenada 3 626 000 km²
Mapa
Localización do lago.

Localización do lago.
Stenka Razin (Vasily Surikov, 1906)

O mar Caspio[1] é un mar interior que ocupa a parte máis fonda dunha depresión entre Asia e Europa, a depresión cáspica, que forma parte da gran depresión aralo-cáspica.[2] É a masa de auga interior (Conca endorreica) máis grande do mundo, cunha superficie de 371.000 km² (sen incluír o lago de Kara Bogaz Gol) e un volume de 78.200 km³[3] con características comúns tanto cos mares como cos lagos. A miúdo é considerado o lago máis grande do mundo, aínda que non é de auga doce senón salgada.[4][5] Ten numerosos Illas, a maior das cales é a de Ada Ogurja, que ten 47 quilómetros de lonxitude; cara ao norte a maioría das illas son pequenas e deshabitadas. Baña Rusia, Daguestán, Acerbaixán, o Turcomenistán, o Casaquistán e Irán, coas estepas da Asia Central ao norte e ao leste. Na antigüidade, coñecíase como o océano Hircaniano ou tamén mar Khazar e mar Khvalisian.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome do mar deriva da palabra "caspiano" (arameo: Kspy, grego: Kaspioi, persa: کاسپی) nome do xentilicio dun antigo pobo que habitaba ao suroeste do lago, no hoxe Transcaucasia.[6] O xeógrafo e historiador grego Estrabón escribiu do territorio caspio na Albania caucásica chamada así en honor á tribo caspiana, como tamén o foi co lago; pero que esta xente xa non existe.[7] É máis, as "portas Caspias", nome dunha rexión en Provincia de Teherán en Irán podería indicar que a tribo emigró ao sur do mar. A cidade iraniana Qazvín comparte a raíz do seu nome co do mar. De feito, o nome tradicional en árabe para o mar é Bahr al-Qazwin (Mar de Qazvin).[8]

Características[editar | editar a fonte]

O mar Caspio é un dos menores mares do mundo. Segundo os científicos, ten características tanto dun lago coma dun mar. Cunha superficie de case 400 mil km², ten 1.200 quiómetros de longo e 450 de largura máximas, representa o máis importante mar interior do mundo. A pesar diso, non ten o estatuto xurídico dun mar. A súa profundidade media é de 180 metros, cunha cota máxima de 1.025 metros, e a súa extensión costeira é de case 7.000 km.

O mar Caspio contén unha gran cantidade de esturión, do cal se extraen as ovas para as transformar en caviar. Como consecuencia, a súa pesca excesiva ameaza esa poboación. Recentes investigacións anunciaron a presenza de reservas de petróleo nas profundidades deste mar[9].

Os ríos Volga e mais Ural desaugan no mar Caspio, que se conecta ao mar de Azov pola canle Volga-Don.

Mais o mar Caspio non recibe soamente auga da cunca do Volga: a contaminación resultante de case a metade da poboación rusa e dun terzo da produción industrial e agrícola das áreas do río Volga explica os elevados niveis de contaminación en case toda a cunca hidrográfica. A falta de preocupación ambiental no período soviético foron un dos factores da degradación do mar Caspio.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

A morfoloxía do mar Caspio divídese en tres partes principais:

  • a porción sur, onde se encontran as maiores profundidades, con 325 metros de media.
  • a parte central, cunha profundidade media de 170 metros.
  • a porción norte, que integra a depresión Aralo-Caspiana (depresión absoluta, da que a altitude media é de –28 m). É a parte máis rasa do mar, onde a profundidade non pasa dos 10 metros. Esta parte tamén é máis vulnerable aos impactos socio-ambientais, por estar situada xunto a áreas continentais baixas e chas, alén de posuír menor volume e profundidade.

Evolución do nivel[editar | editar a fonte]

O Volga é responsable da maior parte do fluxo de auga que chega ao mar Caspio. Así, esta vía fluvial é fundamental para que se manteña o equilibrio acuático, a constitución biolóxica e química e maila oscilación do nivel da auga. Deste xeito, o que acontece arredor do val do Volga repercute no mar Caspio.

O nivel do mar Caspio subiu e desceu ao longo dos séculos. Algúns historiadores apoian as teorías segundo a cal, durante a Idade Media, un aumento do nivel das augas tería provocado a inundación de cidades litorais da rexión de Khazaria, como a cidade de Atil. No século XX ocorreron polo menos tres grandes períodos de troco no nivel xeral da superficie do Caspio. Entre os anos de 1900 e 1929, practicamente non ocorreran variacións significativas de nivel. Entre 1930 e 1978, o nivel das augas presentou unha diminuición continuada, principalmente entre 1930 e 1941. A causa principal dese fenómeno foi a diminuición do fluxo de auga vida dos ríos que alí teñen a súa foz.

A partir do 1978, o nivel medio do Caspio subiu cerca de 2,5 metros. As oscilacións de nivel, típicas en lagos ou mares pechados, causan impactos tanto no aspecto medioambiental como na economía das áreas ribeirás. Tal escenario aconteceu no mar Caspio durante a prolongada queda do nivel das augas (1930/1977), cando especialistas acreditaban que esa era unha tendencia irreversíbel. Así, o goberno soviético realizou planexamentos económicos, considerando a continua baixa do nivel do mar. Cando o nivel subiu de novo, unha parte considerable do que fora construído, os danos do aumento do nivel acuático acabaran sendo maiores nos territorios chans da costa norte e nordeste, áreas pertencentes a Rusia. Os especialistas aínda non teñen explicacións para o recente aumento do nivel, nin unha previsón do que poderá ocorrer nun futuro próximo.

Cidades ribeirás[editar | editar a fonte]

As principais cidades á beira do mar Caspio son:

As cidades históricas á beira do mar Caspio:

Algúns datos[editar | editar a fonte]

  • Superficie: 371.000 km².
  • Dimensións: 1.210 km de norte a sur e de 210 km a 436 km de leste a oeste.
  • Profundidade: Media: 170 m, máxima: 995 m.
  • Altitude: 28 m por baixo do nivel do mar.
  • Afluentes: Volga, Ural, Cura, Terek.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1299. ISBN 9788482887524. 
  2. Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "mar Càspia". Enciclopèdia.cat (en català). Consultado o 20 de novembro de 2010. 
  3. Lake Profile: Caspian Sea. LakeNet.
  4. CaspianEnvironment.org (ed.). "Caspian Sea » General background". Consultado o 28 de outubro do 2010. 
  5. ESA.int (ed.). "ESA: Observing the Earth - Earth from Space: The southern Caspian Sea". Consultado o 28 de outubro do 2010. 
  6. Caspian Sea in Encyclopædia Britannica.
  7. "Strabo. Geography. 11.3.1" (en inglés). Perseus.tufts.edu. Consultado o 27 de setembro do 2015. 
  8. Iran (5th ed., 2008), by Andrew Burke and Mark Elliott, p. 28, Lonely Planet Publications, ISBN 978-1-74104-293-1
  9. http://sociedad.elpais.com/sociedad/2007/06/29/actualidad/1183068005_850215.html

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar Caspio Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]