Bartolomeu Dias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBartolomeu Dias

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. década de 1450 Editar o valor em Wikidata
Algarve (Reino de Portugal) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1500 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (40/50 anos)
Cabo de Boa Esperanza, preto do lugar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoConquistadores casteláns Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPêro Dias (pt) Traducir e Diogo Dias Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 20955 Editar o valor em Wikidata

Bartolomeu Dias, nado cara ao ano 1450 e finado preto do Cabo de Boa Esperanza o 29 de maio de 1500, foi un navegante portugués. Non se coñecen os seus antepasados, pero as honras e armas a el outorgadas pasaron aos seus descendentes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dise que era descendente de Dinis Dias escudeiro de Xoán I e como navegante descubriu Cabo Verde en 1445. Ignórase o seu lugar e data de nacemento, pero algúns historiadores afirman que naceu en Mirandela, Tras os Montes.

Na súa xuventude frecuentou as aulas de Matemáticas e Astronomía na Universidade de Lisboa, e serviu na fortaleza de São Jorge da Mina. Así, era quen tanto de determinar as coordenadas dun local, como de enfrontarse a tempestades e calmarias como as do Golfo da Guinea.

En 1486, Xoán II confioulle o comando de dúas carabelas e unha naveta de mantementos co propósito público de ter noticias do Preste Xoán. Ao comando da carabela S. Pantaleão estaba Xoán Infante. O propósito non declarado da expedición sería investigar a verdadeira extensión cara ao sur das costas do continente africano, e avaliar a posibilidade dun camiño marítimo para a India. Pero antes diso, capitaneara un navío na expedición de Diogo de Azambuja ao Golfo da Guinea.

Mariñeiro experimentado, o primeiro en chegar ao Cabo das Tormentas, como o batizou en 1488 (chamado así porque alí atopou grandes vendavais e tempestades), un dos máis importantes acontecementos da historia das navegacións. A expedición partira dende Lisboa en agosto de 1487. A bordo levaban dous homes e dúas mulleres de raza negra, capturadas por Diogo Cão na costa occidental africana. Ben alimentados e vestidos, foron deixados na costa oriental para que desen testemuña ás poboacións daquelas rexións da bondade e grandeza dos portugueses, e ao mesmo tempo recoller información sobre o reino de Preste Xoán.

En decembro alcanzou a costa da actual Namibia, o punto máis ao sur cartografado pola expedición de Diogo Cão. Continuando cara ao sur, descubriu primeiro a Angra dos Ilhéus, sendo apañado, por un violento temporal. Trece días despois, buscou a costa, atopando só o mar. Aproveitando os ventos chegados da Antártida que colen vigor no Atlántico Sur, navegando para nordeste, redescobrindo a costa, que aí xa tiña a orientación leste-oeste e norte (xa ao leste do cabo de Boa Esperanza, que foi renomeado polo rei portugués Xoán II, por asegurar a esperanza de chegar á India, para comprar as tan necesarias especias e outros artigos de luxo. Continuou cara ao leste, cartografou diversas baías da costa da actual Suráfrica (útiles no futuro como portos naturais), e chegou ata a baía de Algoa (800 km ao leste do cabo de Boa Esperanza).

Motín e volta a Lisboa[editar | editar a fonte]

No entanto, a tripulación amotinouse e obrigou ao capitán a volver a Portugal pola liña de costa cara ao oeste. No regreso, coa costa sempre visible, descubriu o cabo das Agullas, o punto máis ao sur do continente, e o cabo das Tormentas, actual cabo de Boa Esperanza, cuxa lonxitude tiña contoranado por alto mar na viaxe de ida. Nesta viaxe de volta especificou patróns de pedra nos principais puntos descubertos: na actual False Island, a punta do cabo das Tormentas, entón descuberto, e o cabo da Volta, hoxe Diaz Point. Volveu a Lisboa en decembro de 1488.

Acompaña a construción de buques e acompaña a escuadra de Vasco da Gama, en 1499 como capitán dun dos buques que tiña como destino São Jorge da Mina. A expedición parte en 1497. En 1500, acompañou a Pedro Álvares Cabral na famosa viaxe que descubriu o Brasil. Cando a frota seguía para a India, o navío no que ía Bartolomeu Dias naufragou e o valente mariñeiro achou a morte xunto a súa descuberta máis famosa, o cabo de Boa Esperanza.