Mar de Aral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Aral
Арал теңізі, Aral tengizi – Orol dengizi - Аральскοе мοре, Aralskoye more - Дарёчаи Хоразм - دریاچه خوارزم, Daryocha-i Khorazm
Localización administrativa
Estado Casaquistán
Uzbekistán
DivisiónProvincia de Aktobe (KAZ)
Provincia de Kyzylorda (KAZ)
Karakalpaquistán (UZB)
Localización xeográfica
Océano / MarLago salino
ContinenteAsia
CuncaCunca endorreica, con diversas canles
Xeografía
AfluentesRíos Amu Daria (S) e Sir Daria (N)
Cidades ribeiregasAral e Moynaq
Características
Superficie6.800 km² (2008, 2 lagos)
17.160 km² (2004, 4 lagos)
28.687 km² (1998, 2 lagos)
68.000 km² (1960, 1 lago)
Profundiade máxima42 m (lago Norte, 2008)
37-40 m (lago Sur, 2005)
Profundidade media8,7 m (lago Norte, 2007)
14-15 m (lago Sur, 2005)
Altitude42 m (lago Norte, 2007)
29 m (lago Sur, 2007)
Capacidade27 km³ (2007)
Outros datos
Outros países da cuncaAfganistán, Turkmenistán e Taxiquistán
Mapa

Animación do estado do mar de Aral

Variación de extensión do Mar de Aral entre 1850 e 2003: perdeu mais da metade da súa superficie. Foto de satélite de 2003

O mar de Aral é un mar interior da Asia Central, situado entre os 53° e os 56° de latitude norte e entre os 58° e os 62° de lonxitude leste. Está situado entre Casaquistán ao norte e Uzbekistán ao sur, é un grande lago de auga doce que estivo considerada como a cuarta extensión de auga doce da Terra.

A inicios do século XXI atópase en grave degradación ao ser desviada durante décadas a auga dos dous ríos tributarios, Amur Daria e Sir Daria, con fins agrícolas, o que provocou que perdese unha gran parte da súa superficie e maior aínda do seu volume de auga.

En 1960 cubría 68 000 km²[1], sendo o 4º maior lago do mundo. En 2000, a súa superficie xa estaba dividida en dúas partes. A separación entre o Pequeno mar ao norte e o Grande mar ao sur data de 1989. A evolución actual predí a desaparición total do segundo por volta de 2025.

Desaparición[editar | editar a fonte]

A diminución do volume de auga no Mar de Aral é considerado un dos maiores desastres ambientais e humanos da historia.

Recibindo auga de dous ríos, o Amur Daria e o Sir Daria, o Mar de Aral foi secando progresivamente. As nacentes dos dous ríos é nas altas montañas que fan parte do sistema do Himalaia e que distancian cerca de 1000 km da foz. Durante toda esta extensión, sucesivas drenaxes feitas polo goberno soviético nas repúblicas da Asia Central a partir de 1920 fixeron que o fluxo dos ríos no mar diminuíse considerabelmente (o 90% do caudal no río Syr-Daria). As drenaxes feitas con propósitos de irrigación de culturas de algodón no Uzbekistán, e arroz no Casaquistán, en pleno deserto. Os fluxos acumulados en anos normais dos dous ríos pasaron de 60 km³; na década de 1950 a 38,5 km³; en 1970, 10 km³; en 1975 e 1,3 km³; en 1986.

Na década de 1960, o mar de Aral tiña unha superficie de 66,5 mil km², con profundidade media de 16 metros e salinidade de 1/3 máis baixa que a rexistrada xeralmente nos océanos. Dous ríos principais vertían as súas augas no Aral: o Amu Daria, ao sur e o Sir Daria a nordeste. Por ano proporcionaba 40 mil toneladas de pesca, e era unha rica fonte para a variedade biolóxica da rexión. Nesta mesma década, as autoridades soviéticas intensificaron a política de irrigación, utilizando as augas dos ríos. A meta era cultivar 7 millóns de hectáreas da Asia Central na cultura do algodón. Ese sistema de cultivo tornou en pouco tempo o Uzbekistán no cuarto maior produtor e no segundo exportador mundial do “ouro branco”. Tal éxito económico provocou enormes danos ao medio ambiente e ás poboacións da rexión, especificamente para mais de 1 millón de persoas da Karakalpakia, república autónoma do Uzbekistán.

O nivel do Mar de Aral baixou 22 m desde 1960 e perdeu o 60% da súa superficie, e o seu volume pasou de 1000 km² a 650 km² de 1960 a 1990. O litoral recuou mais de 80 km. En 1990 mais do 90% das terras húmidas ao redor da rexión secaron. Cara a mediados dos anos 2010, a parte sur do lago estaba virtualmente seca (no 2014 o lóbulo leste da parte sur do lago desapareceu[2]). Iso, despois de terse construído unha presa en 2005, "Kok-Aral" para restablecer os niveis de auga na parte norte do lago[3], con bos resultados[4], aínda que non se prevé que acade os niveis de partida.[5]

Mentres, prodúcense fenómenos como a creación dun novo deserto no que antes era a súa superficie mariña[1] ou tormentas de area no mesmo contorno.[6]

O documental Aral, el mar perdido de Isabel Coixet trata esta desertización.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 esa. "El mar de Aral, por Proba-V". European Space Agency (en castelán). Consultado o 10/1/2019. 
  2. "World of Change: Shrinking Aral Sea". earthobservatory.nasa.gov (en inglés). 24/9/2014. Consultado o 10/1/2019. 
  3. "Proba-V view of Aral Sea". European Space Agency (en inglés). Consultado o 10/1/2019. 
  4. "Aral Sea Expansion". earthobservatory.nasa.gov (en inglés). 11/4/2006. Consultado o 10/1/2019. 
  5. "Aral Sea". earthobservatory.nasa.gov (en inglés). 25/8/2003. Consultado o 10/1/2019. 
  6. "Dust Storm, Aral Sea". earthobservatory.nasa.gov (en inglés). 30/12/2001. Consultado o 10/1/2019. 
  7. "Aral, el mar perdido (C) (2010)" (en castelán). Consultado o 30/10/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bissell, Tom. "Eternal Winter: Lessons of the Aral Sea Disaster." Harper's, abril de 2002, pp. 41–56.
  • Ellis, William S. "A Soviet Sea Lies Dying." National Geographic, febreiro de 1990, pp. 73–93.